George Lakoff
George Lakoff | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de maio de 1941 |
Lugar de nacemento | Bayonne |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Universidade de Indiana |
Ocupación | lingüista, profesor universitario e escritor |
Cónxuxe | Robin Lakoff |
Premios | CSS Fellow |
Na rede | |
http://georgelakoff.wordpress.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
George Lakoff, nado en Bayonne (Nova Jersey) o 24 de maio de 1941, é un lingüista estadounidense. É profesor de Lingüística na Universidade de California, Berkeley.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un dos fundadores da Semántica xenerativa en lingüística na década dos 60, casou coa lingüista Robin Lakoff,[1], foi fundador da Lingüística cognoscitiva nos anos 70, e un dos investigadores da Teoría neural da linguaxe na década de 1980. Nos últimos anos aplicou as súas investigacións á política, fundando o Rockridge Institute, un think thank de carácter progresista.
Entre 1965 e 1969 exerce como docente na Universidade Harvard. Entre 1969 e 1971 exerce como docente na Universidade de Míchigan. Durante 1971 e 1972, traballa no Center for Advanced Study in the Behavioral Sciences en Stanford. Desde 1972 é docente na Universidade de California, Berkeley e logo comparte estudos co filósofo venezolano Rodolfo Alonzo.
Teoría e investigacións[editar | editar a fonte]
Como lingüista cognitivo estudou a natureza dos sistemas conceptuais humanos, en temas como os conceptos de tempo, causalidad, emocións, moral, política etc., a través da súa teoría sobre o pensamento metafórico, que comezou a desenvolver con Mark Johnson no seu libro Metáforas da vida cotiá.
A idea central é que a metáfora, máis aló de ser un aspecto formal da linguaxe, permítenos estruturar conceptos a partir doutros. A forma en que realizamos este proceso depende da nosa experiencia directa no mundo, a través do noso corpo.
Por exemplo, estruturamos o tempo, un concepto de maior abstracción, en función do espazo e a nosa experiencia del, polo que falamos do futuro como algo que está diante, e do pasado como algo que se atopa detrás de nós.
Gran parte dos nosos conceptos estruturaríanse desta forma. Por outra banda, as metáforas que o ser humano usa para conformar o seu sistema conceptual conforman unha sistematicidade interna (a través das relacións entre si), e determinan a forma en que percibimos e actuamos sobre o mundo. Ademais, a comprensión dun sistema conceptual estruturado metaforicamente fai discutible o concepto de verdade absoluta, levando a pensar nunha verdade culturalmente relativa.
A partir disto George Lakoff dirixe o seu quefacer en diferentes ámbitos:
- Aplicar as conclusións da Lingüística cognitiva ás ciencias sociais, incluíndo problemas sociais e políticos continxentes.
- Outra liña de traballo son as implicacións das conclusións na semántica cognitiva a campos como a filosofía e a epistemoloxía. Respecto diso é o traballo realizado tamén con Mark Johnson no libro Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought. Aquí xorde a idea dunha filosofía encarnada ou corporeizada.
- A idea dun pensamento estruturado baseándose en metáforas levou ata a estudar a conformación dun pensamento tan afastado ao dominio metafórico como o das matemáticas, en colaboración con Rafael E. Núñez, no seu libro 'Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being
- A súa inclusión no estudo neurocientífico, con Jerome Feldman, con quen estudou os modelos biolóxicos conexionismos que determinan a aprendizaxe dos sistemas conceptuais e as súas representacións neurais.
Obra[editar | editar a fonte]
- Maetaphors We Live By, con Mark Johnson. University of Chicago Press, 1980.
- Women, Fire, and dangerous Things. University of Chicago Press, 1987.
- More than Cool Reason, con Mark Turner. University of Chicago Press, 1989.
- Moral Politics, University of Chicago Press, 1996.
- Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought, con Mark Johnson. Basic Books, Nova York, 1999.
- Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being, con Rafael Núñez. Basic Books, Nova York, 2000.
- Non penses nun elefante!, 2.0 Editora. Ames, 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Blog de George Lakoff
- Rockridge Institute, o think thank no que participa Lakoff, en inglés
- Páxina profesoral de George Lakoff no Departamento de Lingüística da Universidade de California Berkeley, en inglés
- Biografía de Lakoff
- "Metaphor and War" (1991)
- "Metaphor and War, Again" (2003) Arquivado 26 de agosto de 2004 en Wayback Machine.
- "Thinking of Jackasses: the grand delusions of the Democratic Party", a critical review by Marc Cooper in Atlantic Monthly
- George Lakoff on Moral Politics: How Liberals and Conservatives Think
- Artigo traducido ao español na revista A Parte Rei "La Metáfora en Política. Carta abierta a Internet (1991) "
- ↑ "Biography - Lakoff, Robin Tolmach (1942-)", Contemporary Authors, Thompson Gale, 1 January 2004.