Josu Erkoreka
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Josu Iñaki Erkoreka Gervasio, nado o 3 de xullo de 1960 en Bermeo, é un político vasco pertencente ao Partido Nacionalista Vasco (PNV-EAJ), deputado no Congreso dos Deputados por este partido dende o ano 2000 e portavoz dende o 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Josu Erkoreka licenciouse en Dereito pola Universidade de Deusto en 1982, e doutorouse na Universidade do País Vasco en 1990. Defendeu así mesmo a tese na Facultade de Dereito da dita universidade.[1]
Exerce como profesor de Dereito Administrativo na Universidade de Deusto e amais é letrado en servizos especiais da Secretaría Xeral do Réxime Xurídico do Goberno Vasco.
Cargos públicos
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Outras actividades
[editar | editar a fonte]Canda Iñaki Anasagasti, escribiu o libro Dos familias vascas: Areilza y Aznar, que conta a historia de Manuel Aznar Zubigaray, avó do político conservador e expresidente do goberno español José María Aznar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los perfiles de los nuevos consejeros", El País, 17 de decembro de 2012 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josu Erkoreka |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Políticos do PNV
- Nados en 1960
- Alumnos da Universidade de Deusto
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Conselleiros do Goberno Vasco
- Profesores da Universidade de Deusto