Maó: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Cambio do nome oficial
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|39|53|21|N|4|15|49|E|display=title}}
{{Coordenadas|39|53|21|N|4|15|49|E|display=title}}
{{Cidade
{{Cidade
|nome = Maó–Mahón
|nome = Maó
|escudo = Escudo de Mahón (Islas Baleares) 2.svg
|escudo = Escudo de Mahón (Islas Baleares) 2.svg
|bandeira = Bandera de Mahón (Islas Baleares).svg
|bandeira = Bandera de Mahón (Islas Baleares).svg
Liña 23: Liña 23:
|sitio web = [http://www.ajmao.org www.ajmao.org]
|sitio web = [http://www.ajmao.org www.ajmao.org]
}}
}}
'''Maó'''<ref>{{DRAG|Maonés}}</ref> (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Mahón'', oficialmente '''Maó-Mahón''') é unha cidade [[Illas Baleares|balear]], [[capital]] administrativa da illa de [[Menorca]], a segunda en tamaño das [[illas Baleares]], sede do [[Consello Insular de Menorca]]. Comprende un concello cunha área de 116,98&nbsp;km², ao que segundo datos do ano [[2008]] lle correspondía unha poboación de 28.904 habitantes.
'''Maó'''<ref>{{DRAG|Maonés}}</ref> (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Mahón'', oficialmente en [[Lingua catalá|catalán]] '''Maó''')<ref>{{Cita web|título=L'Ajuntament de Maó restitueix el topònim en català com a única forma oficial vuit anys després|url=https://www.vilaweb.cat/noticies/ajuntament-mao-toponim-catala/|páxina-web=VilaWeb|data-acceso=2021-02-28|lingua=ca}}</ref> é unha cidade [[Illas Baleares|balear]], [[capital]] administrativa da illa de [[Menorca]], a segunda en tamaño das [[illas Baleares]], sede do [[Consello Insular de Menorca]]. Comprende un concello cunha área de 116,98&nbsp;km², ao que segundo datos do ano [[2008]] lle correspondía unha poboación de 28.904 habitantes.


== Nome oficial ==
== Nome oficial ==

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2021 ás 00:35

Coordenadas: 39°53′21″N 4°15′49″L / 39.88917, -4.26361 Modelo:Cidade Maó[1] (en castelán: Mahón, oficialmente en catalán Maó)[2] é unha cidade balear, capital administrativa da illa de Menorca, a segunda en tamaño das illas Baleares, sede do Consello Insular de Menorca. Comprende un concello cunha área de 116,98 km², ao que segundo datos do ano 2008 lle correspondía unha poboación de 28.904 habitantes.

Nome oficial

Centro da vila de Maó

Consonte o publicado no BOE de 6 de setembro de 2006, que recolle o acordo adoptado polo Consello Insular de Menorca a data de 27 de febreiro do mesmo ano, Maó converteuse na única forma oficial deste topónimo menorquín para todos os efectos e substituíu á forma castelá oficial até aquela altura: Mahón.

O acordo referido baséase nas normas ortográficas vixentes para o catalán, que só manteñen a grafo /h/ naqueles casos nos que haxa un precedente etimolóxico, o que non sucedía para este topónimo, derivado dunha forma latina Magon. Da mesma maneira se suprimira noutros topónimos como Vic, antes grafado Vich. O 25 de marzo de 2013, logo da derrogación da Lei da Función Pública e a modificación da Lei de Normalización Lingüística, o pleno municipal gobernado polo PP aprobou a denominación oficial de Maó-Mahón, e para que entre en vigor só precisa o visto e prace do Consello Insular de Menorca.[3]

Situación xeográfica

A cidade de Maó sitúase no leste da illa de Menorca, e ao fondo do porto de Maó. É o concello máis oriental de toda España. As súas coordenadas son: 39° 53′ 21″ N e 4° 15′ 49″ E. Acada uns 72 metros de altura, pero como a cidade se estende até o porto, ten importantes desniveis.

Historia

Vista do porto de Maó

Maó áchase localizado sobre un porto natural do Mediterráneo occidental. Foi fundado por un dos xenerais cartaxineses e irmán de Aníbal, Magón, polo que os romanos, unha vez que a anexionaron, chamárona Portus Magonis. Pasou a mans dos romanos e, coa caída do Imperio Romano, ocupárona vándalos e bizantinos. Logo sufriu frecuentes ataques dos normandos e musulmáns, ata que finalmente, no ano 903, foi conquistada e anexionada ao Califato de Córdoba. En 1287 conquistouna o rei Afonso III de Aragón. Posteriormente, en 1535, Maó sufriu un gran saqueo por parte dos corsarios de Barbarroja. Baixo o reinado de Filipe II iniciouse a construción do forte de San Filipe, deseñado por Juan Bautista Calvi, na bocana sur do porto de Maó. Tratouse dunha das obras de enxeñería militar máis impoñentes da época e reputada como inexpugnable.

Maó sufriu máis cambios de soberanía. Capturada polos británicos en 1708 durante a Guerra de Sucesión Española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Ciutadella, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía. Durante as diversas conquistas e reconquistas de Menorca que se sucederon durante o século XVIII o castelo de San Filipe foi mandado demoler polo rei Carlos III, quen razoou que se tal xoia da enxeñería militar deixaba de existir, os ingleses deixarían de apetecer Menorca. O resultado foi que cando os ingleses intentaron de novo reconquistar Menorca desembarcando en Cala Mesquida, non había ningunha fortificación para opórselles e puideron tomar a illa sen baixas. Posteriormente e xa no século XIX, edificouse outra impoñente edificación, esta na parte norte da bocana do porto, a Fortaleza da Mola.

Porto de Maó

Actualmente, a cidade caracterízase pola súa grande actividade económica, a maior parte dela destinada ao turismo.

Transporte

Aeroporto

A cidade conta cun aeroporto civil e militar situado a 4 km ao leste do centro da cidade, o aeroporto de Menorca. Este aeroporto ten conexións diarias coas cidades principais da península (Madrid, Barcelona etc.), coas outras illas (Palma e Eivissa) e coas principais cidades do Reino Unido e Alemaña.

Na actualidade existen voos entre o aeroporto de Maó e diversas cidades dos Países Baixos, Francia e Bélxica, como son París-Charles de Gaulle coa compañía Easy Jet, Marsella e Niza con Iberia Rexional Air Nostrum, Toulon, Ámsterdan con Arkefly e Transavia e Bruxelas con Jetair Airlines e Brussels Airlines, algunhas como a ruta a Niza ou Marsella establecidas no verán de 2011.

Festividades

Entre o 6 e o 9 de setembro celébranse as festas patronais de Gràcia, en honra á Mare de Déu de Gràcia. Estas comezan co pregón a noite do 6, continuando co tradicional balbordo do 7 pola tarde e o 8 pola mañá. Paralelamente celébranse moitas actividades, como fogos artificiais, carreiras de cabalos e verbenas. O día 9 a festa vira contorna ao porto.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Maonés.
  2. "L'Ajuntament de Maó restitueix el topònim en català com a única forma oficial vuit anys després". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2021-02-28. 
  3. "Maó passa a dir-se 'Maó-Mahón', Vilaweb, 25 de marzo de 2013". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas