Es Migjorn Gran
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
| Provincia histórica | provincia de Baleares | ||||
| Illa | Menorca | ||||
| Capital | Es Migjorn Gran | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.765 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 32 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 115 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Cristovo de Licia | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Antonia Camps Florit (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 07749 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 07902 | ||||
| Sitio web | ajmigjorngran.org | ||||
Es Migjorn Gran é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 31,2 km² onde no ano 2020 vivían 1 463 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localización
[editar | editar a fonte]O concello limita ao oeste con Ferreries; ao norte con Es Mercadal; ao leste con Alaior; e ao sur ten saída ao mar Mediterráneo.
| Noroeste: Ferreries | Norte: Ferreries e Es Mercadal | Nordés: Es Mercadal |
| Oeste: Ferreries | Leste: Alaior | |
| Suroeste: mar Mediterráneo | Sur: mar Mediterráneo | Sueste: mar Mediterráneo |
Praias
[editar | editar a fonte]Es Migjorn Gran conta con sete praias, a meirande parte de area fine a branca e augas cristalinas, que son: cala Trebalúger, cala Fustam, cala Escorxada, Binigaus, Binicodrell, Sant Tomàs e unha pequena parte de Son Bou (que xa pertence a Alaior).
Illotes
[editar | editar a fonte]Dentro de seu termo municipal tamén se atopan tres pequenos illotes, entre os que destaca o de Binicodrell.
Historia
[editar | editar a fonte]A vila fundouse durante a segunda dominación británica a partir da capela de San Cristovo, dentro do lugar de Binicodrellet, que no ano 1769 edificou Cristòfol Barber i Ametller, na honra ao seu patrón. De 1912 a 1913 publicouse o semanario quincenal Llum Nova, un dos primeiros boletíns publicados na lingua da illa. Até o ano 1988 aínda se chamaba oficialmente como a igrexa (San Cristóbal). Non foi até o ano 1989 cando se segregou de Es Mercadal e se constituíu como concello propio.
Economía
[editar | editar a fonte]As praias e calas do concello de Es Migjorn Gran ocupan uns 2 250 metros cadrados, dos que 900 pertencen á praia de sant Tomàs, onde hai unha urbalización co mesmo nome moi preto.[1] As actividades económicas predominantes de Es Migjorn Gran son o turismo e a construción, aínda que tamén están activas algunhas explotacións agrarias. A actividade turística, que supón máis do 50% do PIB de Menorca, ten lugar entre os meses de abril e outubro.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o INE, en 2019 Es Migjorn Gran contaba con 1 405 habitantes censados,[2] que se distribúen do seguinte xeito:
| Núcleo de poboación | Habitantes |
|---|---|
| Es Migjorn Gran | 1281 |
| Sant Tomàs | 79 |
| Diseminado | 45 |
| TOTAL | 1405 |
Evolución da poboación de Es Migjorn Gran dende a década dos 50 ata agora:

Política
[editar | editar a fonte]A repartición de escanos nas últimas eleccións municipais quedou deste xeito:
| ENTESA | PP | PSOE | Outros | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| 2007 | 0 | 4 | 4 | 1 | 9 |
| 2011 | 0 | 4 | 5 | 0 | 9 |
| Eleccións municipais en Es Migjorn Gran (2019)[3] | ||||
|---|---|---|---|---|
| Partido político | Votos | %Válidos | Concelleiros | |
| Partido Popular (PP) | 396 | 47,88% | 5 | |
| Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 391 | 47,28% | 4 | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sant Tomàs". enciclopedia.cat. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ INE (1 de xaneiro de 2019). "Poboación de Es Migjorn Gran".
- ↑ "Resultados das eleccións municipais de 2019 en Es Migjorn Gran". elpais.com. 26 de maio de 2019.
