Santa Eulària des Riu
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
| Provincia histórica | provincia de Baleares | ||||
| Illa | Eivisa | ||||
| Capital | Santa Eulària des Riu | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 42.479 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 153,48 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 52 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Carmen Ferrer (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 07840 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 07054 | ||||
| Sitio web | santaeulalia.net | ||||
Santa Eulària des Riu é un concello situado na zona oriental da illa de Eivisa, no arquipélago das Illas Baleares. É o segundo concello máis poboado da illa con 34.946 habitantes (2012), por detrás da vila de Eivisa.
Historia
[editar | editar a fonte]
Na época musulmá a zona chamábase Xarc. Coa conquista aragonesa modificouse a división da illa en cuartos similares á organización municipal actual. O cuarto de Santa Eulària correspondeu ao infante Pedro de Portugal, señor feudal de Guillem de Montgrí, bispo de Tarragona, o cal tiña os dereitos reais de conquista. O rei de Aragón Xaime I adquiriu os dereitos de Pedro de Portugal, pasando a chamarse «Quartó del Rei». Isto provocou algúns problemas xurídicos xa que o rei, en Eivisa, era señor feudal do bispo de Tarragona o cal, á súa vez, era vasalo do rei de Aragón.
A localidade xurdiu arredor da igrexa na cima do Puig de Missa. A igrexa actual é do século XVI así como a torre anexa desde a que se podía defender con artillaría toda a comarca.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal comprende, ademais da parroquia de Santa Eulària des Riu, as de Sant Carles e Santa Gertrudis, e tamén a parroquia de Nostra Senyora de Jesús e el Puig d'en Valls.
O nome de Santa Eulària provén da igrexa que construíron inmediatamente despois da conquista. Ademais, ten o único río da illa, importante na época polo regadío da horta e polos muíños fariñeiros.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Santa Eulària des Riu dende o ano 1950:

Poboación por entidades:
- Nostra Senyora de Jesús: 4.499 hab.
- Puig d'en Valls: 3.613 hab.
- Sant Carles de Peralta: 3.195 hab.
- Santa Eulària des Riu: 13.737 hab.
- Santa Gertrudis de Fruitera: 1.680 hab.
Política
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A repartición de escanos nas dúas últimas lexislaturas quedou deste xeito:
| PSOE | PP | ExC | Total | |
|---|---|---|---|---|
| 2011 | 6 | 14 | 1 | 21 |
| 2007 | 8 | 13 | 0 | 21 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Puig de Missa
-
El puerto
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santa Eulària des Riu |
- Sitio web do concello (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de les Illes Balears Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en catalán)
