Consello Insular de Menorca
O Consello Insular de Menorca (en catalán: Consell Insular de Menorca) é unha institución de autogoberno no ámbito da illa de Menorca. Foi creado en 1978 logo da aprobación do réxime de Consellos Insulares e instituído oficialmente segundo o Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 1983. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.
A institución exerce, segundo as competencias, un poder lexislativo (Pleno do Consello) e executivo. O pleno está composto por 13 deputados, segundo a porcentaxe de votos que obtén cada formación política nas eleccións directas ao Consello. Este último punto é un cambio introducido na reforma do Estatuto de Autonomía das Illas Baleares, en vigor desde o 1 de marzo de 2007. Antes, co Estatuto de 1983, os conselleiros saían elixidos da votación na circunscrición de Menorca nas eleccións ao Parlamento das Illas Baleares. Este pleno encárgase de aprobar as tarefas e escoller o presidente da institución.
Lista de presidentes
[editar | editar a fonte]No. | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Francesc Tutzó Bennàsar | 19/IV/1979 | 8/V/1983 | UCD |
2. | Tirs Pons Pons | 8/V/1983 | 26/V/1991 | PSIB |
3. | Albert Moragues Gomila | 26/V/1991 | 18/IX/1991 | PSIB |
4. | Joan Huguet Rotger | 18/IX/1991 | 27/VIII/1995 | PPIB |
5. | Cristòfol Triay Humbert | 27/VIII/1995 | 30/VII/1999 | PPIB |
6. | Joana Maria Barceló i Martí | 30/VII/1999 | 17/IX/2008 | PSIB |
7. | Marc Pons Pons | 18/IX/2008 | 27/VI/2011 | PSIB |
8. | Santiago Tadeo Florit | 27/VI/2011 | 4/VII/2015 | PPIB |
9. | Maite Salord i Ripoll | 4/VII/2015 | 7/VII/2017 | MpM |
10. | Susana Mora Humbert | 7/VII/2017 | Actualidade | PSIB |