Sant Josep de sa Talaia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
| Provincia histórica | provincia de Baleares | ||||
| Illa | Eivisa | ||||
| Capital | Sant Josep de sa Talaia | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 29.664 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 158,2 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 475 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Josep Marí Ribas (2015–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 07830 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 07048 | ||||
| Sitio web | santjosep.org | ||||
Sant Josep de sa Talaia é un concello da illa de Eivissa, no arquipélago das Illas Baleares. Tiña unha poboación de 24.691 habitantes en 2012. É o concello máis meridional da illa e nel atópase o aeroporto.

Historia
[editar | editar a fonte]O municipio corresponde co antigo Quartó de ses Salines que correspondeu a Guillem de Montgrí no repartimento da illa despois da conquista de 1235. A zona era chamada polos musulmanes Algarb.
No Decreto de Nova Planta de 1716 suprímense os organismos territoriais e toda a illa pasa ao novo Concello de Eivisa.
Nas Cortes de Cádiz en 1812 reorganízase o territorio e créase o municipio de San José Obrero. Coa Lei 3/1986, de normalización lingüística das Illas Baleares, recupérase a toponímia na súa forma catalá, vixente actualmente.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O monte máis alto da illa é Sa Talaia de Sant Josep, de 475 m de altitude. Tamén é o concello con máis praias da illa, con 84 km de costa desde a vila de Eivisa ata a vila de Sant Antoni de Portmany na zona de poñente. Tamén atopamos o Parque Natural de ses Salines e o de Cala d'Hort.
Organización territorial
[editar | editar a fonte]No ano 2000 o concello recupera a división tradicional en parroquias e véndes:
- Sant Agustí des Vedrà:
- D'enllà Torrent
- D'ençà Torrent
- Sant Josep de sa Talaia:
- Sa Talaia
- Benimussa
- Cas Serres
- Cas Marins
- Es Cubells
- Cala d'Hort
- Es Cubells
- La Flota
- Davall Sa Serra
- Sant Jordi de ses Salines
- L'Horta
- Cas Costes
- Es Racó
- Sant Francesc de s'Estany
- Es Racó des Jondal
- Can Llaudis
- Sa Sal Rossa
- La Revista
- La Canal
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Sant Josep de sa Talaia dende o ano 1950 ata agora:

Política
[editar | editar a fonte]A repartición de escanos quedou deste xeito:
| PSOE | PP | NOV-A | Total | |
|---|---|---|---|---|
| 2011 | 10 | 9 | 2 | 21 |
| 2007 | 9 | 8 | 0 | 17 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Josep de sa Talaia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do concello (en castelán)
- Información do Institut Balear d'Estadística Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en catalán)
