Jorge Alberto de Mendonça Paulino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Jorge Alberto de Mendonça Paulino"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de outubro de 2020 ás 15:14

Infotaula de personaJorge Alberto de Mendonça Paulino
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Luanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata - 1 de xullo de 1970 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
DeporteFútbol
Posición de xogoDelantero
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1956-1958 Sporting Clube de Braga
1958-1958 Deportivo da Coruña 5(1)
1958-1967 Atlético de Madrid 167(59)
1967-1969 Futbol Club Barcelona 33(9)
1969-1970 Real Club Deportivo Mallorca 5(1) Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFernando Mendonça Editar o valor em Wikidata

Jorge Alberto de Mendonça Paulino, nado en Luanda o 19 de setembro de 1938, é un ex futbolista portugués, de orixe angolano. Xogaba de dianteiro.

Biografía

Naceu en Luanda, capital da África Occidental Portuguesa. Comezou a súa carreira no Sporting de Braga, no que xogou ata 1958, momento no que chegou a Galicia xunto aos seus irmáns Fernando e João para tentar salvar ao Deportivo do descenso á Terceira División, cando só faltaban unhas poucas xornadas para o remate da tempada e o club ocupaba postos de descenso directo. Finalmente João non puido xogar debido a problemas burocráticos pero si o fixeron seus irmáns, gañando case todos os partidos e conseguindo a salvación na fase de permanencia fronte ao Ourense, con dous goles de Jorge Mendonça.[1]

En 1958 marchou para o Atlético de Madrid, debutando na primeira división o 14 de setembro de 1958 na vitoria por 2 0 fronte ao Oviedo, na que Mendoça marcou o segundo gol do seu equipo.[2]

En 1960 gañou a Copa do Xeneralísimo, o primeiro título de Copa da historia do Atlético de Madrid, título que revalidou ao ano seguinte.

Na tempada 61-62 proclamouse campión da Recopa de Europa, primeiro título europeo da historia do conxunto branquivermello. No partido de desempate da final fronte á Fiorentina, Mendonça marcou un dos tres goles atléticos.

Anos máis tarde sumou ao seu palmarés unha nova Copa e o campionato de liga da tempada 1965/66. Xogou un total de nove tempadas co Atlético de Madrid, disputando 234 partidos e marcando 91 goles, para conseguir cinco títulos, ademais de tres subcampionatos de liga e un subcampionato da Recopa de Europa.

Ademais pasou á historia por ser o xogador que marcou o gol que puña punto final á mellor serie de vitorias do Real Madrid no seu estadio. O Real Madrid estivo sen perder en liga oito anos e 18 días (2.940 días, 121 partidos), converténdose no equipo que máis tempo estivo sen perder en casa na historia da liga. A xeira acabouse cando o 7 de marzo de 1965 Mendoça marcou o gol (minuto 74) que daba a vitoria ao equipo branquivermello.

En 1967 fichou polo FC Barcelona. Na súa primeira tempada gañou una Copa do Xeneralísimo e conseguiu o subcampionato de liga. Permaneceu no equipo dúas tempadas, nas que marcou 16 goles.

En 1969 marchou xogar ao Mallorca. Nesa tempada, tras a cal o equipo descendeu a Segunda división, case non dispuxo de oportunidades para xogar.

Tras a súa retirada mantívose ligado ao mundo do fútbol.

Palmarés

Campionatos nacionais

Atlético de Madrid

Copas internacionais

Notas

  1. "Temporada 1957-1958". RC Deportivo. Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  2. Pina, Nivardo (15 de setembro de 1958). "At. Madrid, 2 - Oviedo, 0" (PDF). Mundo Deportivo (Madrid). Consultado o 29 de outubro de 2020. 

Ligazóns externas