Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
m (→‎Descubrimento e restauración: corrixo referencia con modelo texto; corrixo redacción segundo a fonte. O texto da fonte vai na dirección da anterior edición do texto, xa que non establece explicitamente que fose Penado quen fixo trascender, tan só hai unha única fonte próxima ao párroco e nacda logo de 1926 que "supone que daría cuenta inmediatamente a las autoridades" (p. 6))
Etiqueta: edición de código 2017
m
Etiqueta: edición de código 2017
[[Ficheiro:Templo romano de Santalla de Bóveda.jpg|miniatura|250px|Interior do templo.]]
 
Non existen datos do monumento ata primeiros do [[século XX]]. Foi José María Penado, párroco de Santalla desde 1909, quen descubriu os restos cando facía obras de reparación na igrexa parroquial moderna, guiado por tradicións orais que falaban da existencia dun templo soterrado. O momento preciso da descuberta non está documentado; o caso é que non se fixo pública até o verán de [[1926]]. Nese ano a noticia chegou á Comisión de Monumentos Histórico-Artísticos de Lugo, quen encargou a Luis López-Martí, director nesa altura do Museo Diocesano Histórico-Arqueolóxico de Lugo, a escavación e recuperación dos restos.<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[UniversidadUniversidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=6}}</ref>
 
A desafortunada forma na que se realizaron as primeiras escavacións provocou o derrubamento de toda a parte superior da bóveda, da que hoxe só queda memoria polas fotografías realizadas daquela, as acuarelas de [[Elías de Segura]] de [[1927]] e algúns restos con pinturas xeométricas que se conservan nos museos [[Museo Provincial de Lugo|Provincial]] e [[Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo|Catedralicio]] de Lugo.

Menú de navegación