Pazo de San Marcos
Pazo de San Marcos | ||
---|---|---|
Fachada do Pazo de San Marcos | ||
Tipo | Pazo | |
Localización | San Marcos, Lugo | |
Uso actual | Sede da Deputación | |
Construción | 1866 |
O Pazo de San Marcos, situado no centro da cidade de Lugo, na praza de San Marcos; é a actual sede da Deputación de Lugo. É un edificio que consta de dous andares, rodeados por xardíns. Conta tamén con salas de exposicións no seu interior.
Historia
[editar | editar a fonte]O Pazo de San Marcos foi construído en 1866, sendo na súa orixe un hospital.[1] Para a súa construción, foron mercadas unhas cortiñas e derrubada unha capela. Máis tarde sería convertido nun Instituto de Ensino Medio, para ser utilizado na actualidade como sede da Deputación de Lugo e como sala de exposicións.
Descrición
[editar | editar a fonte]Atópase situado dentro do recinto amurallado da cidade de Lugo.[2] Ocupa case enteiramente unha das bandas da rúa San Marcos, a cal foi convertida nunha praza peonil, rematada en maio do 2011.
Trátase dun enorme edificio composto por de dous andares, sendo a súa base en forma de "E", cun corpo frontal simétrico e tres naves posteriores. Este estilo é moi característico da época na que se construíu. A súa parte traseira do Pazo da á Muralla, no que se coñece coma os "Xardíns da Deputación" Estes xardíns, privados dende sempre, comunicaban coa Praza de San Marcos e a Praza do Ferrol. Agora son parte da Ronda Interior, xunto coas rúas laterais. Na parte frontal do edificio aparecen os escudos dos antigos partidos xudiciais.
Dentro do mesmo atópase unha sala de exposicións, unha biblioteca e o salón de Actos, que era a antiga capela do hospital. Nela pódense ver baixorrelevos relacionados coa agricultura, industria, comercio e arte, ademais de novamente os escudos dos antigos partidos xudiciais e os nomes de fillos ilustres da cidade e a provincia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de San Marcos |