Centro Arqueolóxico San Roque
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O Centro Arqueolóxico San Roque é un museo situado na cidade de Lugo, Galicia, que amosa in situ os restos dunha necrópole da antiga Roma.
Descrición[editar | editar a fonte]
O Centro Arqueolóxico atópase situado na rúa Emilia Pardo Bazán, preto da Muralla Romana e da Capela de San Roque. Nel pódense contemplar in situ restos dun antigo cemiterio romano utilizado entre os séculos I e V. No centro pode atopar, ademais da necrópole, restos dun forno adicado á produción de cerámica, e unha piscina de carácter ritual, relacionado con cultos orientais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]