Museo Interactivo da Historia de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Museo Interactivo da Historia de Lugo

Museo Interactivo da Historia de Lugo ou MIHL é un museo que se atopa na cidade de Lugo, Galicia.[1][2] Trátase dun museo e espazo cultural no que priman as novas tecnoloxías, o que lle supón ser unha infraestrutura pioneira en Europa coas últimas tecnoloxías. Foi inaugurado o 29 de novembro de 2012, coincidindo nas datas de conmemoración do nomeamento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

Proxecto[editar | editar a fonte]

Museo Interactivo da Historia de Lugo

O proxecto do MIHL foi redactado polo estudio Nieto Sobejano Arquitectos.[3] Segundo o mesmo, o museo ocupa unha parcela de máis de 11.000 , dos que máis de 4.000 están construídos.[4] O museo é subterráneo, sendo a parte superior un xardín, polo que é denominado "museo parque". Está situado no Parque da Milagrosa, na zona norte da cidade, polo que o museo forma parte dunha dotación pública (parques, piscinas, polideportivo, e outros locais públicos) de máis de 375.000 metros cadrados.

O orzamento estimado para a construción do edificio foi de 8.759.641 euros,[5] e levou con el unha campaña para dar a coñecer o museo e atraer visitantes, agardando que sexa un dos reclamos turísticos máis importantes da cidade. Conta así mesmo cun aparcadoiro soterrado de máis de 6.000 metros cadrados con capacidade para 120 automóbiles e 11 autobuses

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O deseño do museo está inspirado na Muralla, simulando unha paisaxe vexetal con torreóns. A cuberta superior é xardín con árbores, no que aparece un conxunto de patios circulares afundidos e unha serie de torres cilíndricas. O museo ten lugar para exposicións temporais, unha caixa escénica, biblioteca, cafetaría, tendas etc. Ten calefacción e auga quente sanitaria por xeración de enerxía por biomasa para evitar o emprego de enerxías non renovables.

No edificio contratarán as partes exteriores e interiores (a parte do contido).[6] No exterior a estrutura é de aceiro corten e no interior hai uns patios de vidro curvo. Foi escenario pouco antes da súa inauguración como paisaxe de fondo para camapaña a nivel internacional de presentación dun novo modelo de coche de Hyundai.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "As obras do Museo Interactivo da Historia de Lugo serán contratadas este mesmo ano". concellodelugo.gal. Consultado o 2021-01-28. 
  2. Andar sobrados de edificios
  3. "O Museo Interactivo da Historia de Lugo licitarase no verán por 8 millóns". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  4. Europa Press (5 de marzo de 2008). "Lugo abre el proceso para construir su Museo Interactivo de la Historia". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  5. "El Alcalde de Lugo presentó el proyecto de ejecución del Museo Interactivo de la Historia de Lugo". www.lugo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2021-01-28. 
  6. O Mihl ten ao fin un uso e será escenario de catálogo[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]