Teodorico o Grande: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
m →‎Traxectoria: (emperador)
Liña 7: Liña 7:
[[Ficheiro:Ostrogothic Kingdom.png|miniatura|dereita|200px|Reino de Teodorico o Grande]]
[[Ficheiro:Ostrogothic Kingdom.png|miniatura|dereita|200px|Reino de Teodorico o Grande]]


Foi nomeado ''patricio'' e ''magister militum'' polo augusto [[Zenón, Emperador|Zenón]], [[Imperio Bizantino|emperador de Oriente]]. Este en [[488]] cedeulle o goberno de [[Italia]] coa condición de vencer a [[Odoacro]], rei dos [[hérulos]] que depuxera a [[Rómulo Augústulo]], último [[Imperio Romano de Occidente|emperador romano de Occidente]] ([[476]]). Teodorico penetrou na [[Península Itálica|península itálica]] á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar [[Rávena]], onde finalmente morreu Odoacro ([[493]]).
Foi nomeado ''patricio'' e ''magister militum'' polo augusto [[Zenón (emperador)|Zenón]], [[Imperio Bizantino|emperador de Oriente]]. Este en [[488]] cedeulle o goberno de [[Italia]] coa condición de vencer a [[Odoacro]], rei dos [[hérulos]] que depuxera a [[Rómulo Augústulo]], último [[Imperio Romano de Occidente|emperador romano de Occidente]] ([[476]]). Teodorico penetrou na [[Península Itálica|península itálica]] á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar [[Rávena]], onde finalmente morreu Odoacro ([[493]]).


Proclamouse rei de Italia ([[494]]) fixando a súa residencia en Rávena e foi recoñecido como ''rex Italiae'' polo augusto [[Anastasio I, Emperador|Anastasio]], emperador de Oriente, en [[497]], a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión [[Arianismo|ariana]], que retiveron o poder militar, e os [[Roma antiga|romanos]], [[Catolicismo|católicos]], que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.
Proclamouse rei de Italia ([[494]]) fixando a súa residencia en Rávena e foi recoñecido como ''rex Italiae'' polo augusto [[Anastasio I (emperador)|Anastasio]], emperador de Oriente, en [[497]], a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión [[Arianismo|ariana]], que retiveron o poder militar, e os [[Roma antiga|romanos]], [[Catolicismo|católicos]], que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.


[[Ficheiro:Mausoleum of Theoderic.JPG|miniatura|dereita|200px|O [[Mausoleo de Teodorico]] en Rávena.]]
[[Ficheiro:Mausoleum of Theoderic.JPG|miniatura|dereita|200px|O [[Mausoleo de Teodorico]] en Rávena.]]

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2020 ás 08:37

Infotaula de personaTeodorico o Grande

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(got) 𐌸𐌹𐌿𐌳𐌰𐍂𐌴𐌹𐌺𐍃 𐍃𐌰 𐌼𐌹𐌺𐌹𐌻𐌰
(mis) Þiudareiks sa Mikila Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 454 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Pannonia (Imperio Romano de Occidente) Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 526 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Rávena (Reino ostrogodo) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMausoléu de Teodorico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rexente Reino visigodo de Toledo, Imperio de Teodorico o Grande
511 – 30 de agosto de 526
Rei de Italia
15 de marzo de 493 – 30 de agosto de 526
← OdoacroAtalarico →
Rei dos ostrogodos
475 – 30 de agosto de 526
← TeodomiroAtalarico →
Magister militum
Patrician (en) Traducir
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino ostrogodo Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoOstrogodos Editar o valor em Wikidata
RelixiónArianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Reino ostrogodo
Italia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmonarca , monarca Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade tardía e Baixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua gótica e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Participou en
476deposición de Rómulo Augústulo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaAmalos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAudofleda
FillosAmalasunta, Teodegoda (pt) Traducir, Ostrogoda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTeodomiro Editar o valor em Wikidata  e Erelieva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAmalafrida Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Theodericus-1 Find a Grave: 8122616 Editar o valor em Wikidata

Teodorico o Grande (Dacia, 454 - Rávena, 526). Rei dos ostrogodos (474-526).

Traxectoria

Fillo do caudillo ostrogodo Teodomiro, da liñaxe dos Amalos, foi enviado polo seu pai como refén á cidade de Constantinopla (actual Istambul), sendo un neno (462). Alí recibiu unha educación baseada na cultura grecolatina. Sucedeu en 474 ao seu pai, como líder dos ostrogodos.

Reino de Teodorico o Grande

Foi nomeado patricio e magister militum polo augusto Zenón, emperador de Oriente. Este en 488 cedeulle o goberno de Italia coa condición de vencer a Odoacro, rei dos hérulos que depuxera a Rómulo Augústulo, último emperador romano de Occidente (476). Teodorico penetrou na península itálica á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar Rávena, onde finalmente morreu Odoacro (493).

Proclamouse rei de Italia (494) fixando a súa residencia en Rávena e foi recoñecido como rex Italiae polo augusto Anastasio, emperador de Oriente, en 497, a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión ariana, que retiveron o poder militar, e os romanos, católicos, que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.

O Mausoleo de Teodorico en Rávena.

Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como Boecio e Casiodoro. Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a francos, vándalos, visigodos e ostrogodos. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.

En 511 interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de Alarico II na batalla de Vouillé (507), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador Xesaleico e coroou ao seu neto Amalarico, fillo de Alarico e da súa filla Teodogoda. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de Teudis, un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo (526), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.

Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Rávena, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.

Permitiu a coexistencia do catolicismo e do arianismo durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co Papado e co Imperio Bizantino, que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio (524) e a encarcerar ao papa Xoán I.

Deixou como sucesor ao seu neto, fillo da súa filla Amalasunta, falecendo o 30 de agosto do 526. O estalido dunha guerra civil permitiu ao emperador Xustiniano converter Italia nunha nova provincia bizantina e dispersar aos ostrogodos, que desapareceron como pobo (555).

Reino ostrogodo

Segue a:
Teodomiro
Teodorico o Grande
Precede a:
Atalarico
Reino de Italia

Segue a:
Odoacro
Teodorico o Grande
Precede a:
Atalarico
Reino visigodo

Segue a:
Xesaleico
Teodorico o Grande
Precede a:
Amalarico

Véxase tamén

Outros artigos