A viaxe de Chihiro: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 53: | Liña 53: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Anime]] |
|||
[[Categoría:Filmes de 2001]] |
[[Categoría:Filmes de 2001]] |
||
[[Categoría:Cine en lingua xaponesa]] |
[[Categoría:Cine en lingua xaponesa]] |
||
Liña 61: | Liña 60: | ||
[[Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures]] |
[[Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures]] |
||
[[Categoría:Óscar ó mellor filme de animación]] |
[[Categoría:Óscar ó mellor filme de animación]] |
||
[[Categoría:Estreas en versión galega]] |
Revisión como estaba o 11 de decembro de 2019 ás 11:23
A viaxe de Chihiro | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sen to Chihiro no kamikakushi |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Hayao Miyazaki |
Intérpretes | Rumi Hiiragi Miyu Irino Mari Natsuki |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Atsushi Okui |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toho (Xapón) Walt Disney Pictures (USA) |
Estrea | 2001 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación, aventuras |
Orzamento | $19 000 000 |
Recadación | $330 000 000 |
Na rede | |
https://www.ghibli.jp/works/chihiro/, http://bventertainment.go.com/movies/spiritedaway/index2.html e http://SpiritedAway15.com | |
A viaxe de Chihiro[1] (título orixinal en xaponés: Sen to Chihiro no kamikakushi; 千と千尋の神隠し) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.
Argumento
Chihiro é unha nena de aproximadamente dez anos, perturbada polo cambio de residencia que está obrigada a facer cos seus pais. Cando estes, chamados Akio e Jou, din que teñen que cambiar de casa, Chihiro non pode ocultar agochar os seus sentimentos negativos. No camiño para a súa nova casa, a familia vai no coche por unha estrada abandonada e de súpeto atópanse cunha rúa sen saída. Alí descobren un enorme edificio vermello cun túnel escuro que semella unha boca xigantesca. O túnel leva a unha cidade pantasma onde hai un fantástico banquete.
Akio e Jou non dubidan en probalos alimentos dicíndolle á súa filla que aínda que non hai ninguén para atendelos teñen cartos abondo para pagar. Chihiro mira ós seus pais sen unirse a eles, e eles engulindo prato tras prato ata que sen decatarse, son transformados en porcos. Sen querer entraron nun mundo habitado por deuses antigos e seres máxicos, gobernado pola, malvada Yubaba, unha meiga que rexenta un casa de baños para milleiros de deuses e espíritos. Yubaba dille a Chihiro que os seus pais foron transformados en animais por comportarse coma eles, e a súa intención é matalos para servir de alimento, este é o castigo por comer un banquete que estaba reservado para os deuses.
Afortunadamente, Chihiro atopa un amigo na forma do enigmático Haku. Haku vive na casa de baño con Yubaba. El é un neno (aparentemente) que a axuda a sobrevivir no mundo espiritual, por razóns que son revelados ó final do filme.
Galardóns e nomeamentos
- 2002: Oscar ó mellor filme de animación.
- 2002: Nomeada ó BAFTA: Mellor filme de fala non inglesa.
- 2002: Berlín: Oso de Ouro Mellor Filme.
- 2002: Nomeada ó César: Mellor filme estranxeiro.
- 2002: National Board of Review: Mellor longametraxe animado.
- 2002: Festival de Sitges: premio especial (Hayao Miyazaki). 2 nomeamentos.