Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
|nome = Avelino Cachafeiro |
|nome = Avelino Cachafeiro |
||
|imaxe = Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG |
|imaxe = Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG |
||
|imaxe_tamaño = 200px |
|||
|descrición = Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro. |
|descrición = Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro. |
||
|data_de_nacemento = [[26 de maio]] de [[1899]] |
|||
|lugar_de_nacemento = [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]], [[Forcarei]], {{GAL}} |
|||
|data_de_falecemento = [[13 de abril]] de [[1972]] (72 anos) |
|||
|lugar_de_falecemento= |
|||
|nacionalidade = |
|||
|ocupación = Gaiteiro |
|ocupación = Gaiteiro |
||
|cónxuxe = |
|||
}} |
}} |
||
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''', nado en [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]] o [[26 de maio]] de [[1899]] e finado o [[13 de abril]] de [[1972]], foi un gaiteiro [[Galicia|galego]]. |
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''', nado en [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]] o [[26 de maio]] de [[1899]] e finado o [[13 de abril]] de [[1972]], foi un gaiteiro [[Galicia|galego]]. |
Revisión como estaba o 16 de decembro de 2018 ás 21:57
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1899 Soutelo de Montes, España |
Morte | 13 de abril de 1972 (72 anos) Soutelo de Montes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Gaiteiro |
Lingua | Lingua galega |
Instrumento | Gaita e gaita galega |
Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria
De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González). En 1928 gravaron para a compañía Regal a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "Muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
Xiras e retirada
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Buenos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona. En 1928 morreu Fermín e en 1933 Bautista. A guerra civil española esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).
Outros labores
En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.
A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Rivas Troitiño, Xosé Manuel (1977). O gaiteiro de Soutelo.