Morcego rabudo: Diferenzas entre revisións
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
m actualizo lig. mortas |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
{{commonscat|Tadarida teniotis}} |
{{commonscat|Tadarida teniotis}} |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* {{es}} [ |
* {{es}} [https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/ieet_mami_tadarida_teniotis_tcm30-99883.pdf '"Tadarida teniotis"] no ''Atlas de mamíferos terrestres'' do [[Ministerio de Medio Ambiente de España]] {{es}} |
||
* {{en}} ''[[Mammal Species of the World]]'': [http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s= |
* {{en}} ''[[Mammal Species of the World]]'': [http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp?s=y&id=13801785 "Tadarida teniotis"] en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. ,eds. ([[2005]]): ''Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference''. 3ª ed.. [[Baltimore], [[Johns Hopkins University Press]]]. {{en}} |
||
* [http://www.archive.org/stream/faunaibricamam00cabr#page/144/mode/2up ''Tadarida teniotis''] (como ''Nyctinomus taeniotis'') en [http://www.archive.org/details/faunaibricamam00cabr |
* [http://www.archive.org/stream/faunaibricamam00cabr#page/144/mode/2up ''Tadarida teniotis''] (como ''Nyctinomus taeniotis'') en [[Ángel Cabrera Latorre|Cabrera Latorre, Ángel]] ([[1914]]) [http://www.archive.org/details/faunaibricamam00cabr ''Fauna ibérica; mamíferos'']. [[Facsímile]] dixital. {{es}} |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
Revisión como estaba o 27 de novembro de 2018 ás 10:27
Morcego rabudo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Tadarida teniotis Rafinesque, 1814. | |||||||||||||||||||
Mapa de distribución de T. teniotis.
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O morcego rabudo (Tadarida teniotis) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Molossidae.
É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.
A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é .
Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.
Distribución
Ocupa unha estreita franxa latitudinal circunmediterránea, que abrangue o sur de Europa e norte de África, Afganistán, China e Corea, chegando até Xapón e a illa de Flores (Indonesia). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, España, sueste de Francia, sur de Suíza, Italia e costas adriáticas até Grecia, incluíndo Madeira, Canarias e as illas mediterráneas.
Hábitat
Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a grande altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.
Ameazas
Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego rabudo |
Ligazóns externas
- (en castelán) '"Tadarida teniotis" no Atlas de mamíferos terrestres do Ministerio de Medio Ambiente de España (en castelán)
- (en inglés) Mammal Species of the World: "Tadarida teniotis" en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. ,eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed.. [[Baltimore], Johns Hopkins University Press]. (en inglés)
- Tadarida teniotis (como Nyctinomus taeniotis) en Cabrera Latorre, Ángel (1914) Fauna ibérica; mamíferos. Facsímile dixital. (en castelán)