Moebius: Diferenzas entre revisións
m Introduciendo ficha |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
{{Biografía}} |
||
[[Ficheiro:Moebius Lodz 2008.jpg|miniatura|dereita|Moebius]] |
|||
'''Jean Giraud''', coñecido polo seu [[pseudónimo]] '''Moebius''', nado en [[París]] o [[8 de maio]] de [[1938]], e falecido na mesma cidade o [[10 de marzo]] de [[2012]], foi un historietista [[Francia|francés]]. Alcanzou a celebridade como debuxante do [[western (xénero)|western]] ''O Tenente Blueberry'', que guionizaba [[Jean-Michel Charlier]] e se publicaba na revista ''Pilote''. Faleceu o 10 de marzo de 2012 aos 73 anos de idade. |

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2018 ás 20:58
Jean Giraud, coñecido polo seu pseudónimo Moebius, nado en París o 8 de maio de 1938, e falecido na mesma cidade o 10 de marzo de 2012, foi un historietista francés. Alcanzou a celebridade como debuxante do western O Tenente Blueberry, que guionizaba Jean-Michel Charlier e se publicaba na revista Pilote. Faleceu o 10 de marzo de 2012 aos 73 anos de idade.
Traxectoria
En 1974 formou o grupo dos Humanoides Asociados con outros autores como Philippe Druillet, Dionnet e Farkas. Xuntos editarían a revista Metal Hurlant, onde Jean Giraud (agora co seudónimo Moebius) se revelaría como autor completo en renovadoras series de fantasía e ciencia ficción como Arzach (1975) ou O garaxe hermético (1976). En 1980, iniciou coa saga de O Incal a súa frutífera colaboración co guionista Alejandro Jodorowsky. Dende o ano 1988, cando viu Akira, ten sido gran fan do estilo de debuxo xaponés, en especial de Katsuhiro Otomo e de Yukito Kishiro (quen á vez tamén esta moi influenciado polo estilo franco-belga de Frank Miller ou o propio Jean Giraud), e as súas obras se viron influenciadas por este feito.
Paralelamente á súa labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud ten participado nos deseños de multitude de películas, como Alien (1979), Tron (1982), Abyss (1989) ou O quinto elemento (1997).