Moebius
Moebius | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jean Henri Gaston Giraud |
Alcume | Gir e Mœbius |
Nacemento | 8 de maio de 1938 |
Lugar de nacemento | Nogent-sur-Marne |
Falecemento | 10 de marzo de 2012 e 12 de marzo de 2012 |
Lugar de falecemento | Montrouge |
Causa | Linfoma |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | École Duperré |
Ocupación | caricaturista, guionista de cómics, guionista, escritor de ciencia ficción, deseñador de selos, pintor, autor de cómics, ilustrador, debuxante e artista de banda deseñada |
Fillos | Hélène Giraud |
Coñecido por | Arzach, Airtight Garage, Blueberry, O Incal, Le Monde d'Edena, sen etiquetar e The Long Tomorrow |
Premios | Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito, Commandeur des Arts et des Lettres, Grand Prix de l'Imaginaire, Grand prix de la ville d'Angoulême, Yellow Kid Award, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Premio Sproing, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Inkpot Award, Will Eisner Hall of Fame, Salón da fama Jack Kirby e Best foreign work published in Spain |
Na rede | |
http://www.moebius.fr/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jean Giraud, coñecido polo seu pseudónimo Moebius, nado en París o 8 de maio de 1938 e finado na mesma cidade o 10 de marzo de 2012, foi un historietista francés. Alcanzou a celebridade como debuxante do western O Tenente Blueberry, que guionizaba Jean-Michel Charlier e se publicaba na revista Pilote. Faleceu o 10 de marzo de 2012 aos 73 anos de idade.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1974 formou o grupo dos Humanoides Asociados con outros autores como Philippe Druillet, Dionnet e Farkas. Xuntos editarían a revista Metal Hurlant, onde Jean Giraud (agora co seudónimo Moebius) se revelaría como autor completo en renovadoras series de fantasía e ciencia ficción como Arzach (1975) ou O garaxe hermético (1976). En 1980, iniciou coa saga de O Incal a súa frutífera colaboración co guionista Alejandro Jodorowsky. Dende o ano 1988, cando viu Akira, ten sido gran fan do estilo de debuxo xaponés, en especial de Katsuhiro Otomo e de Yukito Kishiro (quen á vez tamén esta moi influenciado polo estilo franco-belga de Frank Miller ou o propio Jean Giraud), e as súas obras se viron influenciadas por este feito.
Paralelamente á súa labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud ten participado nos deseños de multitude de películas, como Alien (1979), Tron (1982), Abyss (1989) ou O quinto elemento (1997).