Diferenzas entre revisións de «Materialismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
 
Hai tamén un uso popular do termo, alleo ó seu significado filosófico, e segundo o cal fálase, por exemplo, de "época materialista". Neste uso a palabra ten un significado [[moral]] e disigna unha actitude vital desprovista de valores e interesada unicamente no aprecio do benestar material (ter cousas) xunto coas accións que contribúen a logralo.
 
== Introdución ==
A oposición entre o enfoque materialista e o [[idealismo|enfoque idealista]] é unha das polémicas filosóficas máis antigas e persistentes. No [[século XVII]] o termo «materialismo» adoitaba usarse principalmente no senso de representacións físicas sobre a [[materia]]. Nese sentido as [[ciencias naturais]] modernas teñen un enfoque completamente materialista.
 
Dende comezos do [[século XIX]], por influencia do [[materialismo histórico]], o termo pasa a empregarse tamén en contexto das [[ciencias sociais]]. Nese sentido o materialismo refírese a varios marcos teóricos que buscan as causas dos procesos históricos e a mudanza cultural en causas materiais. Para este materialismo de tipo histórico as causas últimas dos fenómenos sociais están determinadas por factores materiais e rexeita explicitamente as explicacións nas que interveñen factores sobrenaturais, tomando como un feito a irrelevancia científica de Deus, de espíritos e dunha suposta intelixencia do mundo no devir histórico. De acordo co materialismo, as causas últimas deben buscarse en factores medibles ou aprehendibles empiricamente.<ref>"As premisas das que partimos (...) [s]on os individuos reais, a súa acción e as súas condicións materiais de vida, tanto aquelas con que se atoparon xa feitas, como as enxendradas pola súa propia acción. Estas premisas poden comprobarse, conseguintemente, pola vía puramente empírica." Karl Marx e Friedrich Engels, ''A ideoloxía alemá''. http://www.marxists.org/espanol/m-e/1840s/feuerbach/1.htm</ref>
 
Aínda que historicamente o [[materialismo histórico]] popularizouse no seo do [[marxismo]], onde segue sendo un tema principal, atópanse antecedentes anteriores a Marx. No presente forma parte da [[antropoloxía]], [[teoría da historia]] ou [[socioloxía]], facendo que o materialismo histórico acolla toda unha serie de elaboracións teóricas non necesariamente marxistas. Fóra do eido do marxismo, o materialismo de tipo histórico é a hipótese de que os trazos definitorios das sociedades humanas e a evolución histórica das mesmas estivo determinada por factores materiais (tecnoloxía dispoñible, sistema de produción, características xeográficas e climáticas). Por mor do intento de estabelecer as ideas do materialismo histórico de xeito independente á versión marxista do mesmo, acuñáronse termos novos como: ''[[materialismo cultural]]'', ''funcionalismo ecolóxico'', ''determinismo xeográfico'', ''determinismo económico'', e outros, que poden ser considerados como concepcións materiais da [[historia]]. Diversos autores académicos como [[Jared Diamond]] ou [[Marvin Harris]] trataron en detalle a evolución histórica de extensas áreas xeográficas, e tentando explicar trazos definitorios da sociedade a partir de factores materiais, sinalando que este tipo de factores son os preponderantes cando se tenta entender a evolución das sociedades e as civilizacións.
 
== Véxase tamén ==
250.654

edicións

Menú de navegación