William James: Diferenzas entre revisións
m Poño modelo Biografía |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
[[Ficheiro:William James in 1890s.jpg|miniatura|250px|Fotografía de William James cara 1890.]] |
[[Ficheiro:William James in 1890s.jpg|miniatura|250px|Fotografía de William James cara 1890.]] |
||
'''William James''', nado o [[11 de xaneiro]] de [[1842]] en [[Nova York]] e finado en Chocorua ([[Nova Hampshire]]) o [[26 de agosto]] de [[1910]], foi un psicólogo e filósofo estadounidense. |
'''William James''', nado o [[11 de xaneiro]] de [[1842]] en [[Nova York]] e finado en Chocorua ([[Nova Hampshire]]) o [[26 de agosto]] de [[1910]], foi un psicólogo e filósofo estadounidense. |
Revisión como estaba o 22 de maio de 2018 ás 13:28
William James, nado o 11 de xaneiro de 1842 en Nova York e finado en Chocorua (Nova Hampshire) o 26 de agosto de 1910, foi un psicólogo e filósofo estadounidense.
Traxectoria
Criado nunha familia de tradición calvinista, é irmán de Henry James. Primeiramente estudou medicina para despois ocuparse da psicoloxía e a filosofía. Profesor da Universidade de Harvard, foi un prolífico conferenciante. John Dewey foi alumno seu.
Pensamento
Psicoloxía
Falou do stream of consciouness, é dicir, da corrente ou fluxo da conciencia. A conciencia é un continuo bulir de conceptos e relacións. Para el o ser empírico é un ser material (corpóreo), social (o que os demais opinan) e espiritual (a interioridade). Segundo a súa teoría periférica das emocións, é o a manifestación somática o que xera a emoción.
Filosofía
Defendeu o pragmatismo. Considera que non pode haber unha diferenza que non marque unha diferenza. A función da filosofía consiste na pescuda da diferenza que producirá en ti e en min que unha fórmula do mundo se estime verdadeira. Hai que abandonar a abstracción pola concreción, os sistemas pechados pola acción e o poder. Máis que os principios e as categorías contan as consecuencias e os feitos. As ideas son parte da experiencia, e só deben ser tidas como verdadeiras se nos permiten entrar en contacto con outras experiencias. Xa que logo, verdade é o que funciona, o que sae ben, o que é útil, o que ten éxito.
Obras
- The principles of psicology.
- The Will to Believe.
- Pragmatism: A New Name for Some Old Ways of Thinking.
- The Meaning of Thruth.
- Pluralistic Universe.
- Essays in Radical Empiricism.
- Some Problems of Philosophy.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: William James |