Edward Thorndike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edward Thorndike
PSM V80 D211 Edward Lee Thorndike.png
Nacemento31 de agosto de 1874
 Williamsburg
Falecemento9 de agosto de 1949
 Montrose
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Stanford, Universidade de Columbia, Teachers College, Universidade Wesleyana e Universidade Harvard
Ocupaciónpsicólogo e catedrático de universidade
FillosRobert L. Thorndike
IrmánsLynn Thorndike e Ashley Horace Thorndike
PremiosButler Medal, Messenger Lectures e Fellow of the American Statistical Association
editar datos en Wikidata ]

Edward Lee Thorndike, nado en Williamsburg[1] o 31 de agosto de 1874 e finado en Montrose o 9 de agosto de 1949, foi un psicólogo e pedagogo estadounidense, considerado un antecesor da psicoloxía condutista estadounidense. As súas principais achegas foron a aprendizaxe por ensaio/erro e a lei do efecto. Os seus estudos sobre a conduta animal permitíronlle desenvolver a teoría do conexionismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thorndike naceu en 1874 nunha familia protestante de confesión metodista; foi o segundo fillo de Edward Roberts Thorndike e Abbie Ladd Thorndike (o seu pai era pastor dunha destas igrexas),[2] que fixo da disciplina e da austeridade o signo dos primeiros anos da súa vida. Thorndike foi un dos primeiros psicólogos que recibiu a súa educación completamente nos Estados Unidos. En 1891 terminou a preparatoria como alumno da Universidade Wesleyan, da que se graduou en 1895. Ingresou na Universidad Wesleyana de Connecticut, onde se graduou en 1895.

Pasou logo á Universidade Harvard, onde tivo como profesor a William James. As súas investigaciones con pitos fíxoas no mesmo soto de James. En principio, interesouse pola comunicación mediante xestos inconscientes (debido á información que lle chegou sobre un cabalo que realizaba operacións aritméticas). Traballou logo como titor na Universidade de Columbia, en Nova York, onde se doutorou en 1898.

Casou o 29 de agosto de 1900, con Elizabeth Moulton. Tiveron catro fillos, entre eles Frances, que se converteu en matemática.[3]

Continuou a dar clases en Columbia ata a súa xubilación en 1941.

Contribucións[editar | editar a fonte]

A súa contribución máis importante é a formulación da chamada lei do efecto, a partir dos estudos que realizou con gatos en caixas-problema das que debían escapar. A lei do efecto explicará a teoría de Skinner do condicionamento operante.

Edward L. Thorndike foi profesor de psicoloxía durante máis de trinta anos no Teachers College de Columbia, Estados Unidos. O que máis atraeu o seu interese foi a teoría da aprendizaxe, e cóntase entre os máis importantes precursores do condutismo. Watson fundou en gran parte na obra de Thorndike e na de Pavlov. O interese de Thorndike pola psicoloxía apareceu despois dun curso na Universidade Harvard onde tivo de profesor a William James. Os primeiros experimentos de Thorndike sobre a aprendizaxe, en que os suxeitos experimentais eran pitos, foron realizados xustamente no soto da casa de James, para gozo dos fillos deste.

As numerosas fábulas e relatos tradicionais que contan marabillas da intelixencia dos animais non impresionaban a Thorndike, que polo contrario sostiña que ninguén se ocupara de describir a estupidez animal; dicía que "por cada can que atopa o camiño de regreso ao fogar, hai quizais un centenar que se perde". Sostiña Thorndike que os animais non razoan nin avanzan na resolución de problemas mediante súbitos estalidos de introvisión, senón que aprenden dun xeito máis ou menos mecánico, partindo dun método de ensaio-erro. As condutas que lles resultan frutíferas e gratificantes "imprímense" no sistema nervioso.

Segundo Thorndike, a aprendizaxe componse dunha serie de conexións entre un estímulo e unha resposta, que se fortalecen cada vez que xeran un estado de cousas satisfactorio para o organismo. Esta teoría subministrou as bases sobre as que logo Skinner construíu todo o seu edificio sobre o condicionamento operante.

Más adiante, Thorndike aplicou os seus métodos para o adestramento de animais á infancia e á mocidade con éxito considerábel, e chegou a ter gran predicamento dentro do campo da piscoloxía educativa.

Thorndike e o condicionamento operante[editar | editar a fonte]

Os experimentos de Thorndike[4] mostran factores importantes do condicionamento operante. O primeiro é a resposta operante, que se realiza cando se escolle unha resposta en particular (resposta operante) entre varias condutas e despois nos enfocamos en observala e modificala.

O segundo elemento é a consecuencia que acompaña á conduta, é dicir, o que se coñece como reforzamento. Un reforzamento é unha acción (consecuencia) que ten como obxectivo aumentar a probabilidade de que unha conduta se repita.

Para Thorndike o emprego do reforzamento é de enorme importancia; iso reflíctese na súa lei do efecto que di:

En igualdade de circunstancias, as respostas que se acompañan ou son seguidas inmediatamente por satisfacción tenderán máis a repetirse; as que se acompañan ou que son seguidas inmediatamente por malestar terán menos probabilidade de ocorrer.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Educational Psychology (1903)
  • Introduction to the Theory of Mental and Social Measurements (1904)
  • The Elements of Psychology (1905)
  • Animal Intelligence (1911)
  • The Teacher's Word Book (1921)
  • The Measurement of Intelligence (1927)
  • A Teacher's Word Book of the Twenty Thousand Words Found Most Frequently and Widely in General Reading for Children and Young People (1932)
  • The Fundamentals of Learning (1932)
  • The Psychology of Wants, Interests, and Attitudes (1935)
  • The Teacher's Word Book of 30,000 Words (en colaboración con Irving Lorge, 1944)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dushkin Biography". Consultado o 26 de xaneiro de 2008. 
  2. "Psychology History - Biography". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-26. 
  3. Hiemstra, Roger (1998-11-01). "Syracuse University Genealogical Data - Biography". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-26. 
  4. Experimentos de Thorndike

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]