Conversa usuario:Hugo22: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Rocastelo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 441: Liña 441:
Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] 16:24, 12 setembro 2007 (UTC)
Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] 16:24, 12 setembro 2007 (UTC)
*Catarata e fervenza non son sinónimos, todas as cataratas son fervenzas pero non todas as fervenzas son cataratas, e para o caso de Niáraga é máis específico catarata, que é un salto grande de auga.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 17:02, 14 setembro 2007 (UTC)
*Catarata e fervenza non son sinónimos, todas as cataratas son fervenzas pero non todas as fervenzas son cataratas, e para o caso de Niáraga é máis específico catarata, que é un salto grande de auga.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 17:02, 14 setembro 2007 (UTC)
*Por favor non cambies catarata por fervenza, en xeografía está perfectamente delimitado o que é unha fervenza e unha catarata, e unha enciclopedia ten que ser rigorosa.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 17:10, 14 setembro 2007 (UTC)

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2007 ás 17:10

Benvido á Galipedia Hugo22: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 16:55, 15 agosto 2006 (UTC)

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (faiz
click no penúltimo botón da barra que
está encima de la caja de edición, o que
ten unha sinatura como debujo).

Aviso de eliminación de Image:Gverof.jpg

Warning sign Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Image:Gverof.jpg está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. Motivo para o borrado: Fair use', véxase http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Gverof.jpg
  • Aínda que esta imaxe está na Wikipedia inglesa (en.wiki), non pode estar na Wikipedia galega. O motivo débese á que a lexislación de EEUU e a de España son diferentes. A lexislación estadounidense permite o fair use. Na Galipedia só pode haber imaxes que permitan a realización de obras derivadas e o uso comercial. Non se poden subir imaxes á Galipedia que poñan This work is copyrighted and unlicensed. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:18, 15 agosto 2006 (UTC)

Por favor, pare de subir imaxes

Warning sign

As imaxes que está a subir contraveñen as políticas da Galipedia

Grazas por colaborar incorporando imaxes. Así a todo, as imaxes que está a subir presentan graves deficiencias. Rogámoslle que deixe de subir imaxes mentres non teña claro o indicado en Wikipedia:Política de uso de imaxes. En caso de dúbida, pode pórse en contacto comigo seguindo o procedemento expresado en Axuda:Como contactar con outros usuarios.

--Lmbuga Commons - Galipedia 17:22, 8 decembro 2006 (UTC)

Imaxe sen licenza

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Mon2.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Mon2.jpg, Image:Moscowmetro-2005-2.png, Image:Srv2.jpg cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)


Image:Trvn2.jpg é unha violación do copyright

Aviso A imaxe Image:Trvn2.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Image:Trvn2.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor. Por favor, revisa a Política de uso de imaxes para máis información sobre o uso e carga de imaxes na Wikipedia.

A imaxe encóntrase en ru:Изображение:Trvn2.jpg, pero ten copyright e non pode ser subida á Galipedia


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:37, 8 decembro 2006 (UTC)

Máis copyvios

Tamén serán borradas as imaxes:

Aclaracións

A lexislación americana e a wikipedia rusa admiten imaxes con copyright (en:fair use). Na lexislación española non se admite o fai use ou uso léxítimo. Polo que esas imaxes teñen que ser borradas.

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 ou 80 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 ou 80 anos expresada antes). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:51, 8 decembro 2006 (UTC)

Image:Koning Albert II van België.jpg é unha violación do copyright

Warning sign A imaxe Image:Koning Albert II van België.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Image:Koning Albert II van België.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor.

A imaxe foi encontrada en http://worldroots.com/brigitte/royal/royal00.htm (http://worldroots.com/brigitte/gifs/albertbelg.jpg). En dta páxina exprésase: PLEASE DO NOT COPY ANY PHOTOS FROM MY SITES FOR USE IN OTHER WEBSITES!!!.

Un cordial saúdo --Lmbuga  Commons -  Galipedia 18:13, 8 decembro 2006 (UTC)

Imaxes correctas

Incorporei os datos que lles faltaban a Image:Bolshoi th.jpg e Image:Tretyakovgallery.jpg. En tódalas imaxes que subas, ademais de pór unha licenza, tes que indicar a orixe de onde se recollen. A estas coloqueillas eu. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:53, 8 decembro 2006 (UTC)

Non sabe, Non entende ou

Coido que, ou non entendes ou no te das de conta (aunque tamén quizáis no te pares a leer), pero o compañeiro Lmbuga púxose en contacto contigo notificándoche o borrado de varias imaxes cuxo sitios de procedencia teñen CopyRight, asímesmo tamén se che notificou a falta de licenza noutras. Agora son eu que se ve na obriga de notificarche duas cousas: 1º) un duplicado do artigo Wassily Kandinsky baixo o nome de Wassily Kadinsky, cousa que fixen unha redirección o artigo principal, e 2º) neste artigo existen imaxes que no dispoñen de licenza e cuxa presunta autoría poder probir dunha paxina con CopyRight. Chegados a iste punto soicítaseche que non subas imaxes ata novo aviso e que previamente leas as normativas sobre do mesmo expostas na wiki; tamén che comunico, moi a pesar meu que o mero feito de seguir subindo imaxes que se poidan demostrar procedentes de paxinas anteriormente mencionadas pode dar lugar a un bloqueo por un tempo precedente do teu alcume ou mesmamente das ip's do teu navegador. Atentamente. --Xelo2004 Ficheiro:Sig-panda.gif (Se non estás dacordo, dimo) 03:13, 9 decembro 2006 (UTC)

Fuches bloqueado

Ante a presenza de violacións continuas dos dereitos de autor, fuches bloqueado por 24 horas. De continuares tras eses tres días actuando do mesmo xeito poderás ser bloqueado por máis tempo.

As seguintes imaxes foron borradas por violación do copyright. Estarán no dominio público o un de Xaneiro de 2015 (o un de xaneiro seguinte a 70 anos logo da morte do autor):

A imaxe que encontraches en Commons tamén é copyvio.--Lmbuga Commons - Galipedia 21:09, 10 decembro 2006 (UTC)

Foi borrado por copyvío. A enciclopedia inglesa pode poñer imaxes grazas ó fair use ou uso lexítimo. A lexislación española non admite ese concepto, polo que a imaxe foi borrada. Se desexas subir unha imaxe da enciclopedia inglesa, dita imaxe ten que ter unha licenza semellante na galipedia. Para máis información: Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:19, 10 decembro 2006 (UTC)

Imaxe sen licenza

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Budapest night.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Budapest night.JPG, {{{2}}} cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. {{{3}}}

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)

{{{4}}}

Lmbuga  Commons -  Galipedia 21:42, 10 decembro 2006 (UTC)

Imaxe sen licenza

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:JakeGyllenhaalcropped.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:JakeGyllenhaalcropped.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)


--Moderador 19:29, 24 decembro 2006 (UTC)

Aviso de posible bloqueo

Logo de estudar o seu historial e tras a positiva valoración das súas contribucións, recibe vostede mediante a presente comunicación un último aviso antes de ser novamente bloqueado: Se volve vostede a atentar contra a política de uso de imaxes da Galipedia ó non etiquetar imaxes o ó cometer copyvios, será vostede bloqueado e perderá o dereito de edición. Un cordial saúdo --Moderador 19:36, 24 decembro 2006 (UTC)

Re:Imaxes...

Ola Hugo. Grazas en primeiro lugar por responderes. Tamén pola túa colaboración.

O das imaxes é un tema complicado. Cando desexes subir unha foto que non sexa realizada por ti, se o desexas, coméntame o caso. Conméntame calquera cousa (d´bida,...) que consideres oportuna. Estou á túa disposición. Bo nadal--Lmbuga Commons - Galipedia 21:22, 25 decembro 2006 (UTC)

Templates

Os chamados modelos, moldes, mensaxes predefinidas, segundo o tipo do que se trate, son materiais que poden reutilizarse en distintas páxinas. Segundo as características do orixinal pode tratarse dunha caixa coa mesma información para introducir en varios artigos, un exemplo disto son as caixas de información que se sitúan nos concellos (exemplo: {{Ribadeo}}). O texto non cambia pero se se fai un cambio no orixinal esa mudanza propágase a todas aquelas páxinas en que estea o modelo.

Outro caso común son os moldes, o mesmo que o anterior pero coa posibilidade de variar os datos segundo a páxina na que se edite (exemplo: {{Concello info}}. O que fixeches sobre as localidades de Israel sería deste tipo. En Templates complexos cabe a posibilidade de mostrar ou agochar automaticamente un dos campos segundo estea presente ou non e outras opcións aínda máis complexas.

Os modelos creánse no espazo de nomes Template, un espazo de nomes no software que utiliza a Wikipedia significa que os contidos nese espazo teñen un tratamento especial. Normalmente os espazo dde nomes percíbense como un prefixo diante do nome da páxina, Wikipedia:, Template:, Image:, etc. Os artigos están no espazo de nomes principal e non levan prefixo, un Template, polo tanto non podería estar no espazo de nomes principal. Outra cuestión relacionada con Modelos é que se non son de mantemento non deben incluír as categorías no propio template. Isto pode aclarar algo sobre {{Template:Infobox Israel muni}} e Infobox Israel muni. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:36, 31 decembro 2006 (UTC)

Templates

Non sei exactamente o tipo de templates que desexas realizar. Quizais puideses pretender facer un modelo (Wikipedia:Lista de modelos#Xeografía) para que tódolos artigos referidos a cidades ou países ou cidades teñan a mesma estrutura e incorporen un template no lateral dereito, a modo de táboa, cos datos.

Se a template fose esa que acabo de indicar, considero o ideal que repares -así o fago eu habitualmente- en templates semellantes para ver como funciona o sistema. Fíxate en Template:Concello info, edita ese template e mira a estrutura. Despois, repara en calquera concello, por exemplo Cambados; edítao tamén e verás como no comezo do artigo artigo se incorporan os datos. Só tes que crear unha nova template copiando datos dunha xa creada, e repetir a estrutura nos novos artigos que crees do mesmo xeito que se fai nos artigos que presentan a template que utilizaches como punto de partida.

Se creas unha template cunha caixa de información sobre xeografía, convén que a categorices en Category:Caixas de información sobre xeografía para que estea localizable.

Para ver os diferentes conceptos que se poden incluír nunha desas templates, podes botarlle unha ollada a artigos xa presentes na Galipedia (Francia, Madrid) ou a outras wikipedias: en:New York City, ou es:Nueva York. Se editas en:New York City verás que a template que se usa é en:Template:Infobox City; ó editar esta última tamén podes ver a estrutura da template.

Observo que para cidades españolas xa hai unha template creada (Template:Infcidade)

A primeira template que se fai leva máis tempo. Eu fixen poucas con caixas de información, pero en caso de que teñas dificultade en algún momento podo axudarche ou mirar de revisar. Espero que che sirva de axuda. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:47, 31 decembro 2006 (UTC)

  • Escribira a mensaxe e cando gardei vin que xa che respondera Prevert (mensaxe anterior). Ten máis experiencia ca min creando templates polo que convén que repares na súa mensaxe--Lmbuga Commons - Galipedia 13:50, 31 decembro 2006 (UTC)

Template: Infobox Israel muni

Nunha ollada rápida vexo que hai problemas cos nomes dos campos. Agora teño que marchar e non podo revisalo polo miúdo, pasados uns días terei tempo para comprobalo e corrixilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:28, 31 decembro 2006 (UTC)

Ola, xa existe un artigo sobre a lingua albanesa--Miñato 15:11, 1 xaneiro 2007 (UTC)


GFDL e tradución doutras Wikipedias

Ola Hugo22, é moi importante indicar no campo resumo, se o artigo é unha tradución e procede doutra Wikipedia, a orixe dese artigo. Por exemplo podes excribir: tradución do artigo en:Csongrád da Wikipedia en inglés. Se o artigo só toma parte doutra Wikipedia podes indicalo dicindo baseado ou utilizando outra expresión. Débese indicar esa información por dous motivos principais, o primeiro porque a licenza GFDL baixo a que está licenciada a Wikipedia esixe que se faga, de feito aínda se debía poñer máis información; a segunda razón é para verificar a fiabilidade do artigo, con frecuencia propáganse erros entre Wikipedias porque se parte de materiais que conteñen erros. Coñecer a orixe axuda a verficar o material. Prégoche que engadas esa información naqueles artigos que levas publicados (podes facelo pouco a pouco), para engadila nos que xa tes feito basta con editalos poñendo unha liña en branco, por exemplo antes dos enlaces interwiki o das categorías (se as teñen). A continuación escribes o texto no resumo e xa queda no historial do artigo. Por outra banda non esquezo que che teño que axudar co tema dos templates, teñoo na lista de cousas pendentes. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:58, 5 xaneiro 2007 (UTC)

Aviso de bloqueo

Como sinalei na mensaxe anterior cando se traduce un artigo doutra Wikipedia hai que indicar no campo resumo (o que está baixo a caixa de edición) a súa orixe para non violar as condicións da licenza GFDL. Dado que esa mensaxe foi ignorada e segues creando artigos sen a asignar a autoría, non me queda máis opción que establecer un período de bloqueo. Para calquera aclaración que sexa precisa podes utilizar o correo electrónico dispoñible na miña páxina de usuario no enlace "Enviar un correo-e a este usuario". Para poder contactar debes ter tamén configurado nas túas preferencias de usuario un enderezo de correo electrónico no campo "O seu correo-e*" da pestana "Información do usuario". Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:34, 6 xaneiro 2007 (UTC)

Desbloqueo provisorio

Na mensaxe de correo electrónico incluín novamente instrucións sobre o xeito de recoñecer a autoría nun artigo traducido doutra Wikipedia. Procedo ao desbloqueo provisorio en función das próximas edicións. Lembra que se hai algo que non teñas claro como se fai debes preguntar antes de continuar. As cuestións relacionadas co copyright e as licenzas (tanto de textos como de imaxes) son moi importantes e hai que ser moi coidadosos con elas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:16, 6 xaneiro 2007 (UTC)

Sobre templates

Tentarei explicarche como funcionan os templates (modelos) para que ti mesmo podas facelos. En primeiro lugar dicir que hai modelos que se limitan a incluír un texto invariable nun artigo, o mesmo para todos os artigos. Se se fai un cambio no template o troco propágase por todos os artigos sen ter que facer novas edicións (sería o caso do modelo sobre as capitais europeas da cultura). Hai outro tipo de modelos que poderíamos chamar moldes, porque admiten parámetros configurables para cada artigo, o aspecto visual é o mesmo pero os contidos diferentes (podes ver un exemplo nos artigos dos concellos galegos). Hai situacións máis complexas, nas que un campo pode mostrarse ou non en función de que haxa contido ou non, que un modelo chame a outros modelos, etc.

Comecemos co Template:Capitais europeas da cultura, nos artigos débese inserir co seguinte código {{Capitais europeas da cultura}}, pero resulta que cando o inclúes non se ve o contido senón que se ve un enlace en vermello que chama a outro template.

Analicemos o código:


{{Navigation Template
| templateName = Capital europea da cultura
| header = [[Image:Flag_of_Europe.svg|28px|Flag of the European Union]] | body = [[Image:Flag_of_Europe.svg|50px|right|Flag of the European Union]]
1985: [[Atenas]] · 1986: [[Florencia]] · 1987: [[Amsterdam]] · 1988: [[Berlín]] · 1989: [[París]] · 1990: [[Glasgow]]  ·1991: [[Dublín]] · 1992: [[Madrid]] · 1993: [[Antuerpen]] · 1994: [[Lisboa]] · 1995: [[Luxemburgo]] · 1996: [[Copenague]] · 1997: [[Salonica]] 1998: [[Estocolmo]] · 1999: [[Weimar]] ·  2000: [[Reikiavik]] · [[Bergen]] · [[Helsinki]] · [[Bruxelas]] · [[Praga]] · [[Cracovia]] · [[Santiago de Compostela]] · [[Avignon]] · [[Bolonia]] · 2001: [[Rotterdam]] · [[Porto]] · 2002: [[Bruxas]] · [[Salamanca]] · 2003: [[Graz]] · 2004: [[Genoa]] · [[Lille]] · 
2005: [[Cork]] · 2006: [[Patras]] · 2007: [[Luxemburgo]] e rexión · [[Sibiu]] ·  
2008: [[Liverpool]] · [[Stavanger]] · 2009: [[Linz]] · [[Vilnius]] · 2010: [[Essen]] · [[Pécs]]·  [[Estambul]] · 2011: [[Turku]] · [[Tallín]] · 2012: [[Guimarais]] 
}}<noinclude>
[[Category:Capitais de Europa |*]]
[[mk:??????:?????? ??????? ?? ??]]
</noinclude>

Na primeira liña vemos {{Navigation Template iso indica que se está chamando a un template de nome Navigation Template que non existe na Galipedia. Débese a que non basta con transferir templates entre wikis para que estes funcionen. A continuación os parámetros: templateName = , header = , body = , son valores que actúan sobre ese modelo Navigation Template que non existe e fan referencia ao nome do modelo no que estamos traballando (Capitais europeas da cultura), á cabeceira e ao corpo do modelo. Neste caso o que nos interesa é o corpo do modelo. Nel podemos ver a relación de capitais (isto é o que nos interesa traballar). Na parte final aparece certo código entre as marcas <noinclude></noinclude>, iso indica que o que estea aí situado non se engade á páxina do artigo pero si ao propio modelo. Neste caso unha categoría e o código interwiki.

Imos modificar o código para que sexa unha táboa (con código) e funcione (se sabes facer táboas co código HTMl hai páxinas de Internet onde se pode facer a transformación automaticamente):


{|-
|1985: [[Atenas]] · 1986: [[Florencia]] · 1987: [[Amsterdam]] · 1988: [[Berlín]] · 1989: [[París]] · 1990: [[Glasgow]]  ·1991: [[Dublín]] · 1992: [[Madrid]] · 1993: [[Antuerpen]] · 1994: [[Lisboa]] · 1995: [[Luxemburgo]] · 1996: [[Copenague]] · 1997: [[Salonica]] 1998: [[Estocolmo]] · 1999: [[Weimar]] ·  2000: [[Reikiavik]] · [[Bergen]] · [[Helsinki]] · [[Bruxelas]] · [[Praga]] · [[Cracovia]] · [[Santiago de Compostela]] · [[Avignon]] · [[Bolonia]] · 2001: [[Rotterdam]] · [[Porto]] · 2002: [[Bruxas]] · [[Salamanca]] · 2003: [[Graz]] · 2004: [[Genoa]] · [[Lille]] · 
2005: [[Cork]] · 2006: [[Patras]] · 2007: [[Luxemburgo]] e rexión · [[Sibiu]] ·  
2008: [[Liverpool]] · [[Stavanger]] · 2009: [[Linz]] · [[Vilnius]] · 2010: [[Essen]] · [[Pécs]]·  [[Estambul]] · 2011: [[Turku]] · [[Tallín]] · 2012: [[Guimarais]] 
|}<noinclude>
[[Category:Caixas de navegación de Europa]]
[[en:Template:European Capital of Culture]]
</noinclude>

A mudanza da como resultado o seguinte:

1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Amsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenague · 1997: Salonica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reikiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Bolonia · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Genoa · Lille ·

2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Estambul · 2011: Turku · Tallín · 2012: Guimarais

Como podes comprobar con ese código xa funciona pero só inclúe o texto sen ningunha caixa. Para que se pareza ao modelo que existe en inglés hai que facer algúns cambios que se fan coa etiqueta style (é unha característica das chamadas follas de estilo, un sistema para controlar o aspecto visual das páxinas web). (Aviso: pode ser necesario cambiar o nome dalgunha das cidades de acordo co tíulo galego, non fixen a comprobación.)


{|style="border:#cccccc 1px solid;margin: 0 2em 0 2em;"
|- 
|style="background-color:#efefef;" colspan="2" align="center"|
[[Image:Flag_of_Europe.svg|28px|Flag of the European Union]] '''Capitais Europeas da Cultura'''
|-
|style="font-size:0.9em; margin:0.5em;"|
1985: [[Atenas]] · 1986: [[Florencia]] · 1987: [[Amsterdam]] · 1988: [[Berlín]] · 1989: [[París]] · 1990: [[Glasgow]]  ·1991: [[Dublín]] · 1992: [[Madrid]] · 1993: [[Antuerpen]] · 1994: [[Lisboa]] · 1995: [[Luxemburgo]] · 1996: [[Copenague]] · 1997: [[Salonica]] 1998: [[Estocolmo]] · 1999: [[Weimar]] ·  2000: [[Reikiavik]] · [[Bergen]] · [[Helsinki]] · [[Bruxelas]] · [[Praga]] · [[Cracovia]] · [[Santiago de Compostela]] · [[Avignon]] · [[Bolonia]] · 2001: [[Rotterdam]] · [[Porto]] · 2002: [[Bruxas]] · [[Salamanca]] · 2003: [[Graz]] · 2004: [[Genoa]] · [[Lille]] · 
2005: [[Cork]] · 2006: [[Patras]] · 2007: [[Luxemburgo]] e rexión · [[Sibiu]] ·  
2008: [[Liverpool]] · [[Stavanger]] · 2009: [[Linz]] · [[Vilnius]] · 2010: [[Essen]] · [[Pécs]]·  [[Estambul]] · 2011: [[Turku]] · [[Tallín]] · 2012: [[Guimarais]] 
|}
<noinclude>
[[Category:Caixas de navegación de Europa]]

[[en:Template:European Capital of Culture]]
</noinclude>

Este é o novo aspecto do modelo:

Flag of the European Union Capitais Europeas da Cultura

1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Amsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenague · 1997: Salonica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reikiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Bolonia · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Genoa · Lille · 2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Estambul · 2011: Turku · Tallín · 2012: Guimarais

Penso que é mellor que ti fagas as probas de modificación dos template para que comprobes como facelos e en función dos problemas que atopes a as dúbidas que teñas te axude.

Para finalizar, a presenza ou ausencia dun modelo nunha páxina depende de varias cuestións, unha delas é que non sexa redundante co sistema de categorías e que non recargue excesivamente a páxina cunha chea de caixas. Nalgunhas Wikipedias teñen políticas ao respecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:31, 21 xaneiro 2007 (UTC)

Resumo

Ola Hugo22:

Grazas por poñer a información da orixe doss artigo, pero en lugar de ir no contido do artigo debería ir no campo resumo. E unha pequena caixa rectangulr que está baixo o aviso dos dereitos. Xusto debaixo do texto "NON ENVÍE SEN PERMISO TRABALLOS CON DEREITOS DE COPIA!". Nesa caixa é onde se poñen as indicacións sobre o contido do artigo, esa indicacións vense na páxina de cambios recentes, nos historiais das páxinas, por exemplo o desta páxina, etc. Por certo serviuche de algo a explicación dos templates? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:51, 23 xaneiro 2007 (UTC)

Grazas, agora está ben. --Prevert(talk) 20:51, 23 xaneiro 2007 (UTC)

Templates II

Certo é algo que require tempo. En canto a explicación de porque hai algunhas cousas e outras non. O wiki é un proxecto en construción que está en continuo crecemento, algunhas cousas non has hai porque ninguén as fixo e outras por decisións que se teñen tomado no proxecto. Nos temos templates que sirven de navegación, de feito temos moitos, podes ver na categoría Marcadores gran parte dos que hai.

O nome que se ve no template das capitais europeas débese a que na Wikipedia en inglés inclúe un segundo template Navigation templates para unificar o formato. A explicación é: cando un wiki medra hai moitos modelos que fan funcións semellantes (con diferente contido claro) feitos por distintos usuarios con gran variedade de deseños. Nese momento faise preciso unficar os deseños, a función de Navigation templates no modelo das capitais europeas é chamar a un segundo modelo que ten o deseño. En resumo, un tería o contido e o outro o formato. Algún día teremos iso. Para que te fagas unha idea do que se leva feito, que non é pouco, hai algo máis de dous anos (o 29/12/2004) tiñamos apenas 3.000 artigos. Así que non é de extrañar que queden cousas por facer. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:13, 23 xaneiro 2007 (UTC)

Categorias

Olá, Hugo22. Observo que cando creas unha categoria, colocas nela unha ligazón para un artigo. Isto non é necesario, xa que o sistema automaticamente mostra todas as páxinas que pertencen a esa categoría. Mesmo se hai subcategorías que pertenzan a esta categoría, tamén aparecen listadas. Polo tanto, cando se crea unha categoría só é preciso indicar a que categoría pertence. Algunhas veces tamén se pon un texto pequeno para explicar cal é o ssentido desa categoría ou se fai unha referencia ao artigo que a trata máis especificamente. Polo tanto, hai que eliminar as páxinas metidas a man nas páxinas de categoría. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:21, 25 xaneiro 2007 (UTC)

Re: Creación de imaxes en Commons

Para poder cargar na Galipedia imaxes deben cumprir as condicións da licenza do wiki (as imaxes de Commons poden incluírse sen necesidade de cargalas). En Wikipedia:Guía de carga de imaxes tes unha guia que te pode orientar. Polo que vin as imaxes de galegoelogo non teñen ningunha indicación de que se poidan usar libremente. En canto leas a guia podemos concretar que licenzas son válidas e cales non. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:51, 11 febreiro 2007 (UTC)


Mai e nai

Ola, Hugo. A min nai paréceme ben, pero mai é igual de válido (incluso é máis etimolóxico, pois ven de MATRE, isto é, nai creouse a partir de mai); desde a revisión do 98 son igual de correctos. Máis nada. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 15:27, 22 marzo 2007 (UTC) Non hai que perdoarche, nin volvín a cambiar a palabra. Só era para informar da validez de ambas. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 21:00, 22 marzo 2007 (UTC)

  • Ola, Hugo, como vai todo? Só era para dicirche que no cadro das linguas románicas falta un erre en retorrománico. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 14:47, 7 abril 2007 (UTC)
  • Ola, xa existía a saga Sturlunga, haberá que xuntar os artigos e un administrador terá que unir os historiais.Acerto 21:50, 26 maio 2007 (UTC). Debe ser en maiúsculas xa que Sturlunga é un apelido, non sei cal é o teu coñecemento das sagas e a súa historia pero eu non tiven en conta o artigo en castelán por velo moi pobre e con inexactitudes.Acerto 22:00, 26 maio 2007 (UTC)
  • A min en xeral tamén me entusiasman os países nórdicos en xeral, é unha mágoa que os nosos artigos sobre eses países sexan tan pobres, adiante co labor emprendido é algo que fai verdadeiramente falta.Acerto 22:12, 26 maio 2007 (UTC)
  • De nada polas grazas. O mesmo che digo, grazas por creares o artigo do biodiésel. De non o comezares, igual eu non poñía inconvenientes e vantaxes, porque hai días que dá preguiza crear artigos e está un con máis ganas de completar (outros días pásame ao revés). Tes razón no dos biocombustíbeis, eu penso que no futuro hase falar máis deles; é que na España aínda estamos en cueiros neste tema e está ben que o divulguemos. Recibe un moi cordial saúdo. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 11:38, 27 xuño 2007 (UTC)

Linguas eslavas

Olá. Desfixen linguas eslavas por várias razóns: 1) "Ramificacións" non é un termo lingüístico. É certo que o título poderia ser mellor que "Pólas". 2) Recolocar Historia e Pólas non aporta nada e o normal é que primeiro se diga cais son as linguas eslavas antes de falar da sua história; e 3) as ligazóns ás linguas aparecian no apartado Pólas e xa non no de Historia e ao recolocá-los haberia que colocar as ligazóns en Historia porque aparece antes. Un saúdo - e grazas polo traballo de revisión! --Xosé (✉) 07:24, 17 xullo 2007 (UTC)

Aniversario

Ola Hugo22. O vindeiro mércores 15 de agosto cúmprese un ano desde que estás colaborando neste wiki, quero aproveitar a data para agradecerche que continues contribuíndo á Galipedia coas túas edicións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:39, 13 agosto 2007 (UTC)

Guerras iugoslavas

Revisei o primeiro da lista (xa farei máis). Erros que cómpre que saibas: Saraievo (xa cambiei toda a Galipedia) e bosníaco/bosníaca (v. VOLG). Tamén serbio-bosníaco. Serbia-bosníaca ou serbio-bosníaca? Supoño que o segundo, pero non estou seguro. Únome ós agradecementos de Prevert. --Sobreira (parlez) 17:39, 18 agosto 2007 (UTC)

turco / lingua turca

Ola: vin que escribiches sobre o turco, sá quería comentarche, como fixen na páxina de discusión dese artigo, que debía mudar o nome para Lingua turca, para que cadrase cos nomes das demais linguas. Turco, ademais de ser referir á lingua, pode referirse a un habitante do país, etc. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 17:56, 24 agosto 2007 (UTC)

Marco

Faltábache pechar unha etiqueta de referencias </ref>, que deixaras aberta (<ref>). A mandar,  :) --Xabier Cid 11:58, 29 agosto 2007 (UTC)

Rosalía Mera

Ola Hugo22. Expliqueino no cambio: entre unha fonte secundaria galega e unha fonte secundaria inglesa, douche a razón, pero entre unha fonte secundaria galega (neste caso terceira ou cuarta, tendo en conta a aparición da nova en El País, logo en axencias, e logo en Galicia Hoxe), e unha fonte orixinal, creo que debemos primar a orixinal. Non é unha reportaxe de Forbes sobre o estudo. É o propio estudo, co cal a verificabilidade e a corrección de datos está aí de primeira man para revisar eses datos no futuro. --Xabier Cid 17:38, 1 setembro 2007 (UTC)

  • Amañeino para incluír as dúas e que ao mesmo tempo quedase claro cal é a fonte primaria e secundaria. A ver se estás de acordo, ;) Un saúdo. --Xabier Cid 17:49, 1 setembro 2007 (UTC)

Chabi

Gracias pela túa axuda. Quería preguntar-te que é o tranganillo. Tamén quería-che decir porque pongo menstruazón (continuando co téu exemplo). As terminazón castelá -ción, leí que en galego podía ser de diferéns maneras:

Castelán Galego Galego Galego AGAL Portugués
Menstruación Menstruación Menstruazón Menstruaçom Menstruaçao

Ó comezar a escribir nista wikipedia, utilizaba -çom, pero dixeron-me que isa norma era pra la wikipedia en portugués e nissa wikipedia non deixan escribir con a normativa AGAL xa que dicen que era do galego e te envían aquí. Por isso utilizo a terminazón -zon por no ser ni moi castellana ni moi portuguesa, máis "central". (Perdóa por o meu nivel de galego, e moi malo) [1]--Chabi 21:08, 1 setembro 2007 (UTC)

FRYM & RSFY

Thumb
Thumb

Image:Iugoslavia na guerra-GL.svg

Dubida

Hola, perdóa a molestia. Quería-te pregunta cómo póde-se diferenciar o galego do castrapo. Moita xente dice iste non fala galego ou iso non é galego, é castrapo, pra iso mellor falar portugués. Qué é mellor, un acercamento do galego pra o castelán ou pra o portugués?. Me dixeches que non se utiliza o "guión" (queríache...) en galego, pero he visto cousas como face-lo, iso está mal? --Chabi 20:22, 2 setembro 2007 (UTC)

Referencias

Oh, si, por suposto... deberiamos referenciar máis todo... Pero, vaia, sen ter nada en contra de Vieiros porque non podo telo, ;), creo que é mellor referenciar na web da federación internacional de triatlón, que é onde veñen os datos completos e que é a fonte primaria... De feito é de aí onde collín a maior parte da información que fixen sobre Gómez Noia ao longo destes último ano. --Xabier Cid 23:46, 2 setembro 2007 (UTC) Por suposto co das bandeiras, ;) Por certo, vexo que usas o sistema flagicon. Tamén temos unhas templates que están descritas por exemplo en Template:DEUb con tres formatos, por se che resulta máis cómodo de escribir (creo que si), e ademais reducen o peso dos artigos. --Xabier Cid 00:02, 3 setembro 2007 (UTC)

Do de onte

  • substit.candoRel "O tipo que che dixen"; Conx= "Dime que si"
  • InfConx xa está e envíocha escaneada
  • Cal era a outra?

Sobreira (parlez) 10:53, 3 setembro 2007 (UTC)


  • Para diferenza, é así. Lembra: [2]
  • Ok, I'll check on dative.

O segundo cambio que fixeches pódelo meter na sinatura (e así por certo meter unha ligazón á de discusión, que é máis cómodo). Sobreira (parlez) 11:03, 3 setembro 2007 (UTC)


Vas arriba onde tés "as miñas preferencias"

  • pestana: información do usuario
  • escribes no cadro por exemplo: "[[User:Hugo22]] | [[User_talk:Hugo22]]" (sen as comiñas)
  • marcas na celiña de verificación "Sinatura tal como está, sen enlace automático" que si

A ver se che sae. Eu tíveno que probar varias veces ata que me saíu, e non me lembro de todo ben. Sobreira (parlez) 12:16, 3 setembro 2007 (UTC)


Pois pódelas cambiar como se fose unha ligazón "[[Image:Flag_of_the_Netherlands.svg|20px]] [[User:Hugo22|Hugo22]] - [[User_talk:Hugo22|(Cóntasmo ou dismo?)]]" quedaría Hugo22 - (Cóntasmo ou dismo?). Ensaia (podes facelo na zona de probas) e busca o formato que máis che guste. Recoméndoche facer algo sinxelo e discreto para comezar (se lle metes imaxe, por ser tan pequena non se distinguen ben o que é, só as cores): logo xa a cambiarás. Se fas algunha sempre tes a actual para reverter os cambios. Vou comer.

Borrei esta imaxe por non permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial, condicións que deben ter tódalas fotos subidas á Galipedia. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:28, 4 setembro 2007 (UTC)

Re: ??

Se indicas que a foto ten copyright e que os dereitos están restrinxidos, non a podes subir á Galipedia nin a Commons. Escolle unha das licenzas da Galipedia (ollo, todas permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial).

Ten coidado. Volvela a subir nas mesmas condicións pode ser entendido -eu terei paciencia, iso espero- como vandalismo.

Se necesitas axuda ou desexas compartir calquera cousa contacta comigo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:50, 4 setembro 2007 (UTC)

  • Desculpa se te sentes insultado. Non era a miña intención. Estamos nun momento de cambio na Galipedia. Por solicitude dun usuario, vinme na obriga de bloquearme a min mesmo.

Xamais pensaría, logo das innumerables horas que traballei neste proxecto (12 de media diaria no verán pasado, por exemplo), que un usuario, en vez de dirixirse a min, se dirixise a un administrador para que me bloquee. Isto era unha comunidade, agora...

Por todo iso, a miña percepción dos riscos que hai na Galipedia cambiou. Eu vou dialogar contigo, ata que o comprendas, pero outros poden solicitar que te bloqueen. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:58, 4 setembro 2007 (UTC)

  • Desculpa de novo. Podo recuperar a túa foto. (gardo e continúo nun momento esta mensaxe)--Lmbuga Commons - Galipedia 15:16, 4 setembro 2007 (UTC)
  • As fotos borradas da Galipedia ou de Commons poden ser recuperadas. Se me dis que queres cambiar as condicións do cpyright, recupéroa e ti cámbialas, non é problema. Non tiña tampouco intención en que che parecesen mal as formas, seguindo as políticas, un copyvio bórrase; dialogando, pódese recuperar a imaxe.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:18, 4 setembro 2007 (UTC)
  • Para solucionar o tema da foto, podo recuperala e ti editala, ou podes volver subila e poñer a licenza que habitualmente usas: PD ou Cc-by-sa-2.5-es, como desexes. Dime o que queres. Estou a túa disposición--Lmbuga Commons - Galipedia 15:20, 4 setembro 2007 (UTC)

Imaxes

Ola de novo. Esto revisando as imaxes que se subiron ultimamente e por desgraza (non se che ocorra pensar que te estou perseguindo) topei outra vez contigo.

É obrigado cando subes unha imaxe túa, nos datos, poñer que a fotografía é realizada por un mesmo (imaxe propia, self made, ...). Na imaxe Image:Museo de Arte Contemporánea 001.JPG faltan eses datos. Non a vou marcar para borrar por deferencia e en espera de que ti os poñas. Entende que se son necesarios por mor das políticas eu só son un brazo que as fai efectivas e non responsable de que teñas pequenas dificultades coma esta. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:29, 4 setembro 2007 (UTC)

o meu truco á hora de subir imaxes

Hugo, eu tiven tamén moitos problemas coas miñas primeiras imaxes, e a axuda d páxina de axuda é... pouco axudante. Ó final mandáronme un exemplo que agora teño aí copiado e que desde que o utilizo non tiven máis problemas. Cando dás a "Cargar un ficheiro" se abre unha páxina na que, entre outrs cousas di que copies e pegues unhas cousas. Isto é o mesmo pero xa cuberto. Consiste no seguinte:

  • Descrición/Description: Carrabouxos (tamén chamados bugallos) nun carballo (Quercus robur) novo
  • Orixe/Source: Fotografía propia (self-made)
  • Autor/Author: P. Lameiro
  • Copyright: PD-propia (PD-self)
  • Data/Date: 18.07.2007

Naturalmente, con cada fotografía cambio a descrición e a data. E sen problema. No fondo, así de fácil: copiar e pegar.

O que aínda non sei facer é como categoriza-las imaxes. Aproveito a ocasión para ver se alguén nolo explica.

Saúsos. Pedro --Lameiro 15:40, 4 setembro 2007 (UTC)

  • Unha vez feito todo (descrición, autor, licencia, data, etc) a única opción que dá (que eu vexa) é Subir imaxe (ou gardar, non lembro agora). Pero non vexo ningún sitio para escribir categorías, como facemos cos artigos. Se dás un paseo por Commons, podes ve-las imaxes agrupadas en Categorías, o que quere dicir que se pode (e debe, creo) darlle categoría. Isto é o que quero saber: cómo, cando e onde se lle dá categoría ás fotografías que imos subindo. Saúdos. Pedro

golda Meir

vexo que andas traballando no artigo Golda Meir. É só para que corrixas algún zar que debe andar nel polo correcto tsar. un saúdo. --Servando2 (Dime) 19:10, 6 setembro 2007 (UTC)

Grazas

Grazas polo cumprido, pero, a verdade, é que para traducir un artigo, cómome a cabeza unha chea. Ao final, como simpre, a ollo, aver se acerto e fixándome no portugués. A verdade, é unha pena que non saiba falar ben galego, porque os meus devanceiros eran da terra de Breogán. --Chabi 18:57, 11 setembro 2007 (UTC)

delfínidos e golfiño: cousas distintas

Vexo que creaches delfínidos, en plural, redirixido a golfiño. Tamén golfiños coa mesma redireccíón. Non entendo eses plurais, que rompen as normas de títulos que utilizabamos -a non ser que cambiaran- e que, aínda por riba van da-lo traballo engadido de comproba-lo resto dos artigos a ver se os seus enlaces internos ían dirixidos ó singular (ou arriscarse a rompe-los enlaces).

Outro tema maior é que non é o mesmo delfínido que golfiño. Aquel é nome colectivo de cetáceos con dentes (golfiño, arroaz, candorca, caldeirón, toniña, etc.) e este é nome dun grupo particular de pequenos cetáceos con dentes, entre os que ninguén incluiría, por exemplo a candorca ou o caldeirón. É máis: a entrada golfiño terá que desaparecer (ou reconverterse naquel delfínido colectivo) cando se creen artigos coma golfiño común, golfiño riscado, golfiño de flancos brancos, e moitas especies máis, que esixirán entrada propia.

Pedro --Lameiro 16:24, 12 setembro 2007 (UTC)

  • Catarata e fervenza non son sinónimos, todas as cataratas son fervenzas pero non todas as fervenzas son cataratas, e para o caso de Niáraga é máis específico catarata, que é un salto grande de auga.--Rocastelo(fálame aquí) 17:02, 14 setembro 2007 (UTC)
  • Por favor non cambies catarata por fervenza, en xeografía está perfectamente delimitado o que é unha fervenza e unha catarata, e unha enciclopedia ten que ser rigorosa.--Rocastelo(fálame aquí) 17:10, 14 setembro 2007 (UTC)