Saga Sturlunga
Aparencia
A Saga Sturlunga (Sturlunga saga) é unha recompilación de sagas realizada por volta de 1300, recolle sagas realizadas por varios autores no século XII e XIII. As sagas, recollidas por orde cronolóxica, están relacionadas coa familia dos Sturlunga que tivo un papel central na historia islandesa ata o punto de coñecerse como a Era dos Sturlunga (Sturlungaöld) a ese período da historia islandesa e a Saga Sturlunga constitúe o principal referente da historia de Islandia entre os séculos XII e XIII.
A recompilación comeza en 1117 con Þorgils saga ok Hafliða, outras inclúen Sturlu saga, Prestsaga Guðmundar Arasonar e Íslendinga saga, esta última cobre a metade da recompilación e cobre o período 1183–1264.