Luís López Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m completo modelo infpolítico
corrixo redacción
Liña 44: Liña 44:
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de [[Dodro]], señores do [[pazo de Tarrío]]. Estudou leis na [[Universidade de Santiago de Compostela]].
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de [[Dodro]], señores do [[pazo de Tarrío]]. Estudou leis na [[Universidade de Santiago de Compostela]].


Durante a ocupación francesa de España proclamou a [[Guerra da Independencia española en Galicia|independencia]] da comarca de Vilagarcía, o 8 de maio de 1808 do [[Primeiro Imperio Francés|Imperio Napoleónico]], primeiro levantamento en Galicia<ref name="proclama">[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-24-05-2009/abc/Galicia/villagarcia-rinde-homenaje-a-los-primeros-en-alzarse-en-armas-contra-la-invasion-francesa-en-1808_921162830555.html# "Villagarcia rinde homenaje a los primeros en alzarse en armas contra la invasion francesa en 1808"], ''ABC'' (24-5-2009), en castelán.</ref>. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da [[Xunta Suprema do Reino de Galicia]] e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a [[Guerra da Independencia española|guerra da independencia]] exerce coma comisario de guerra.
Durante a ocupación francesa de España o 8 de maio de 1808 proclamou a [[Guerra da Independencia española en Galicia|independencia]] da comarca de Vilagarcía, do [[Primeiro Imperio Francés|Imperio Napoleónico]]; foi o primeiro levantamento en Galicia<ref name="proclama">[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-24-05-2009/abc/Galicia/villagarcia-rinde-homenaje-a-los-primeros-en-alzarse-en-armas-contra-la-invasion-francesa-en-1808_921162830555.html# "Villagarcia rinde homenaje a los primeros en alzarse en armas contra la invasion francesa en 1808"], ''ABC'' (24-5-2009), en castelán.</ref>. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da [[Xunta Suprema do Reino de Galicia]] e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a [[Guerra da Independencia española|guerra da independencia]] exerce coma comisario de guerra.


== Restauración absolutista ==
== Restauración absolutista ==

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2018 ás 17:09

Infotaula de personaLuis López Ballesteros Varela
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1782 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa
Morte13 de outubro de 1853 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Cargos
Ministro de Facenda
Período24 de xaneiro de 1822 - 30 de xaneiro de 1822
AntecesorLuis Sorela Carcaño
SucesorLuis Sorela Carcaño
Ministro de Facenda
Período2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
AntecesorJuan Bautista Erro y Azpiroz
SucesorVictoriano de Encima y Piedra
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMilitar e político
Partido políticoLiberais moderados
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra da Independencia española Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDiego
Premios

Luis López Ballesteros Varela, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xuño de 1782 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1853, foi un militar e político galego, Señor do pazo da Golpilleira.

Primeiros anos e guerra da independencia

Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrío. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a ocupación francesa de España o 8 de maio de 1808 proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía, do Imperio Napoleónico; foi o primeiro levantamento en Galicia[1]. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a guerra da independencia exerce coma comisario de guerra.

Restauración absolutista

En 1814, marcha a Madrid e ingresa coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII noméao Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicita a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou do cargo ós 6 días.

Unha vez concluído o Trienio Liberal, durante a Década Ominosa con Fernando VII, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823, e aguantou no cargo durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda.

Tamén crea as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Junta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo isto considérase o fundador da facenda moderna en España.

Últimos anos e descendencia

En 1832 é nomeado Conselleiro de Estado pero unha vez morto Fernando VII retirase da política.

Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña en 1844. É nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo noméao presidente do Consello de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición.

Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.

Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais de Ministro de Ultramar.


Predecesor:
Luis Sorela Carcaño
Juan Bautista Erro y Azpiroz
 Ministro de Facenda 
24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822
2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
Sucesor:
Luis Sorela Carcaño
Victoriano de Encima y Piedra
Predecesor:
-
 
Real Academia da Historia: Medalla 30
 
1841 - 1853
Sucesor:
Juan Manuel Montalbán y Hernanz

Notas

Véxase tamén

Bibliografía