Saltar ao contido

Luís López Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís López Ballesteros

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis López Ballesteros Varela Editar o valor en Wikidata
21 de xuño de 1782 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 1853 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoGuerra da Independencia española Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosDiego López Ballesteros Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1004294 BUSC: lopez-ballesteros-luis-1782-1853

Luis López Ballesteros Varela, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xuño de 1782[1] e finado en Madrid o 13 de outubro de 1853, foi un militar e político galego, señor do pazo da Golpilleira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e guerra da independencia

[editar | editar a fonte]

Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrío. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Durante a ocupación francesa de España o 8 de maio de 1808 proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía do Imperio Napoleónico; foi o primeiro levantamento en Galicia.[2] As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a Guerra da Independencia española exerceu coma comisario de guerra.

Restauración absolutista

[editar | editar a fonte]

En 1814, marchou a Madrid e ingresou coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII nomeouno Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicitou a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou no cargo ós 6 días.

Unha vez concluído o Trienio liberal, durante a Década Ominosa con Fernando VII, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823, e aguantou no cargo durante 9 anos, que representou un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda pública.

Tamén creou as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Xunta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquida-la débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creou tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo isto considérase o fundador da facenda moderna en España.

Últimos anos e descendencia

[editar | editar a fonte]

En 1832 foi nomeado Conselleiro de Estado pero unha vez morto Fernando VII retirouse da política.

Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña en 1844. Foi nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo nomeouno presidente do Consello de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofreceulle, de novo a carteira de Facenda mais declinou a proposición.

Morreu o 13 de outubro de 1853 a causa dunha pneumonía.[1]

Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais de Ministro de Ultramar.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Bustos Pretel (2021), p. 114
  2. Redacción (2009-05-24). "Villagarcía rinde homenaje a los primeros en alzarse en armas contra la invasión francesa en 1808". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2025-02-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Luis Sorela Carcaño
Juan Bautista Erro y Azpiroz
 Ministro de Facenda 
24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822
2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
Sucesor:
Luis Sorela Carcaño
Victoriano de Encima y Piedra
Predecesor:
-
 
Real Academia da Historia: Medalla 30
 
1841 - 1853
Sucesor:
Juan Manuel Montalbán y Hernanz