Gándaras de Budiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Paleolítico]]
[[Categoría:Paleolítico]]
[[Categoría:Patrimonio arqueolóxico de Galicia]]
[[Categoría:Patrimonio arqueolóxico de Galicia]]
[[Categoría:Lugares de importancia comunitaria en Galicia]]
[[Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia|Gándaras de Budiño]]
[[Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra]]
[[Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra]]
[[Categoría:Camiño Portugués]]
[[Categoría:Camiño Portugués]]

Revisión como estaba o 27 de outubro de 2017 ás 16:30

As Gándaras de Budiño son un ecosistema natural consistente nun conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro preto da localidade do Porriño e do parque natural do Monte Aloia. Constitúen a maior extensión de lagoas de Galiza e o ecosistema acuático de augas continentais máis variado.

Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude.

Arqueoloxía

Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. O descubridor foi o francés Henri Noon, que realizaba unhas investigacións xeomorfolóxicas. Emiliano Aguirre investigouna en 1963 e Henri Noon publicou os seus resultados en 1966, co que este foi o primeiro asentamento paleolítico de Galiza con referencias estratigráficas. Tamén investigaron Xosé María Álvarez Blázquez, e D. Collins na década de 1960, Mª D. Echaide na de 1970, Vidal Encinas na de 1980 e Mª L. Pérez Rodríguez e D. Cerqueiro Landín na década de 1990.

Existen cinco niveis arqueolóxicos, sendo no quinto no que se atoparon útiles, clasificados como achelenses ou camposanquienses, e correspondentes a un depósito do Plistoceno medio. O carbono 14 indica unha datación entre hai 182000 e 28700 anos, e a estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.

Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles son o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto.

Véxase tamén

Ligazóns externas