RAI: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 21: Liña 21:
* [[Rai Sender Bozen]]: en alemán, só emite na provincia de [[Bolzano]]
* [[Rai Sender Bozen]]: en alemán, só emite na provincia de [[Bolzano]]
* [[Radio Trst A]]: en esloveno, só en [[Friúl-Venecia Xulia]]
* [[Radio Trst A]]: en esloveno, só en [[Friúl-Venecia Xulia]]
* [[Notturno Italiano]]: emisión de ámbito europeo
* [[Rai Satelradio]]: internacional
=== Televisión ===
=== Televisión ===
Émisión analóxica (ata o [[2013]]), dixital e satélite:
Émisión analóxica (ata o [[2013]]), dixital e satélite:
Liña 35: Liña 33:
* [[Rai Storia]] [1]: educación e cultura
* [[Rai Storia]] [1]: educación e cultura
* [[Rai 4]]: entretemento
* [[Rai 4]]: entretemento
* [[Rai Test HD]]: cadea de alta definición
[1]: tamén dispoñible vía satélite
[1]: tamén dispoñible vía satélite



Revisión como estaba o 18 de abril de 2017 ás 18:34

RAI logo

RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane,[1] é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.

Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.

Orixes

A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.

No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobrevivíu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.

Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiríu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiríu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira parrila de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.

Servizos

Radio

Televisión

Émisión analóxica (ata o 2013), dixital e satélite:

Emisión en dixital:

[1]: tamén dispoñible vía satélite

Emisión vía satélite:

  • Rai Nettuno Sat 1
  • Rai Scuola
  • Rai Storia
  • Rai Med
  • Camera dei Deputati and Senato Italiano

Internacional

  • Raitalia: emisión dos mellores programas da RAI

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas