Rai Due

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rai due (en galego, Rai dous) é a segunda canle televisiva da RAI, a empresa estatal concesionaria en exclusiva do servizo público radiotelevisivo en Italia. Rai Due proponse como canle xeralista dirixida a un target novo. Iniciou as súas propias transmisións de radio o 29 de marzo de 1928 e as de televisión o 4 de novembro de 1961.

Nada como Secondo programa orixinariamente, foi logo rebautizada Rete 2 como consecuencia da reforma da RAI de 1975 para asumir a súa denominación definitiva e o seu logo actual en 1982. Ligada inicialmente ó PSI Rai Due atopou lentamente a súa vocación como rede informativa.

Historia[editar | editar a fonte]

A Rai Due iniciou a súa transmisión coa serie Portobello en 1961. Coa chegada da televisión privada nos 80, a canle tórnase nun estilo máis comercial que Rai Uno.

Co proceso da lottizzazione de outorgar canles públicas segundo correntes políticas para garantir a súa pluralidade, Rai Due pasou a ter unha influencia socialdemócrata. Nos anos 90 diversificáronse as canles da Rai, e Rai Due pasa a ser unha canle enfocada a un público máis novo que o da Rai Uno, e máis comercial que o da Rai Tre. A mediados dos 90, a canle comeza a introducir unha mestura de programas informativos, teleseries, algúns programas satíricos e de lecer.

Actualmente Rai Due emite a maioría de series estadounidenses que posúe a Rai, e reality shows, ademais de series de éxito na ficción italiana como Incantesimo. Tamén é a que emite a maioría de programación infantil.

No proceso do apagón analóxico, na conseguinte transmisión dixital (TDT), Rai Due será a primeira das tres canles da Rai en levar a cabo a acción.

Programación[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Programas[editar | editar a fonte]

  • Factor X
  • L'Isola dei famosi
  • Piazza grande

Programación infantil[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]