Dudu Aouate: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: InfFut2; cambios estética |
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
||
Liña 90: | Liña 90: | ||
{{ORDENAR:Aouate, Dudu}} |
{{ORDENAR:Aouate, Dudu}} |
||
[[Categoría:Nados en 1977]] |
[[Categoría:Nados en 1977]] |
||
[[Categoría:Futbolistas de Israel]] |
[[Categoría:Futbolistas de Israel]] |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2017 ás 21:30
Dudu Aouate דודו אוואט | |||
---|---|---|---|
Aouate xogando co Mallorca en 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | David Aouate | ||
Nacemento | 17 de outubro de 1977 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Nazaré Illit | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Maccabi Haifa | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–1997 | Maccabi Haifa | 0 | (0) |
1995–1996 | → H. Nazareth Illit (cedido) | 3 | (0) |
1997–1998 | Maccabi Tel Aviv | 1 | (0) |
1998–2001 | Hapoel Haifa | 104 | (0) |
2001–2003 | Maccabi Haifa | 60 | (0) |
2003–2006 | Racing de Santander | 78 | (0) |
2006–2009 | Deportivo da Coruña | 66 | (0) |
2009–2014 | Mallorca | 167 | (0) |
Selección nacional | |||
1998–1999 | Israel sub-21 | 12 | (0) |
1999–2013 | Israel | 78 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
David "Dudu" Aouate (en hebreo, דודו אוואט), nado en Nazareth Illit o 17 de outubro de 1977, é un ex futbolista israelí. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección israelí.
Traxectoria
Comenzou a súa carreira futbolística profesional co Hapoel Nazareth Illit, pero axiña cambiou para o Maccabi Haifa como porteiro suplente de Nir Davidovich e pasou polo Maccabi Tel Aviv FC onde tampouco xogou, no seu seguinte club, o Hapoel Haifa, a pesar de asegurarselle que sería o titular tampouco xogou ata que Avi Peretz, o porteiro titular tivo que coller unha baixa na temporada 1998-1999. Hapoel gañou o campionato e Dudu foi recoñecido polas súas actuacións e chamado para xogar na selección nacional de fútbol de Israel. No 2002 volveu ó Maccabi Haifa e gañou o campionato e pola súa actuación coa selección nacional foi recoñecido por moitos como o mellor porteiro do país.
O 17 de xullo de 2003 fichou polo Racing de Santander, onde permaneceu tres anos, e en agosto de 2006 asinou un contrato por catro anos co Deportivo da Coruña. Durante a tempada 2008–09 foi afastado do equipo polo adestrador, Miguel Ángel Lotina, tras un enfrontamento que tivo co outro porteiro, Gustavo Munúa, que tamén foi relegado da disciplina branquiazul. Días máis tarde, debido á inexperiencia do porteiro do filial, Fabri, foron novamente chamados.
A finais de decembro de 2008, como debía adestrar separado de Munúa e non entraba nos plans de Miguel Ángel Lotina, Aouate fichou polo RCD Mallorca por aproximadamente 1 millón de euros, até xuño de 2011.[1] Debutou co equipo balear o 8 de xaneiro de 2009 nun partido de Copa do Rei fronte ao UD Almería que rematou con victoria (3–1). Catro días máis tarde, co porteiro titular Miguel Ángel Moyà lesionado, Aouate debutou en Liga na derrota fronte ao Real Madrid (3–0).
Controversia co Yom Kippur
Nunha entrevista ao Diario As, Aouate foi preguntado sobre o significado do Yom Kippur e algunhas preguntas xerais sobre as prohibicións desa festividade. Aouate engadiu que entendía que xogar ao fútbol nesa festividade non estaba permitido, pero que si se lle obrigaba a xogar contra a Real Sociedad, nun partido en setembro de 2006, faríao. Os seus comentarios provocaron unha gran controversia en Israel, onde un membro do partido Shas pediu que Aouate fose eliminado da selección nacional.[2]
En setembro de 2010, Aouate decidiu non xogar fronte a CA Osasuna, xa que o partido debía comezar 18 minutos antes de finalizar o día do xaxún xudeu, e o Mallorca aceptou a súa petición.[3][4]
Antisemitismo
En decembro de 2009, durante un partido entre Osasuna e Mallorca, Aouate foi sometido a cánticos antisemitas provinientes dos seguidores navarros. Ademais, ondearon bandeiras palestinas e chamárono "asasino". A Real Federación Española de Fútbol realizou unha investigación sobre o incidente, sendo xa a segunda vez que o xogador se enfrontou a este tipo de abuso (a vez anterior foi tamén xogando contra Osasuna en 2006, mientras Aouate era xogador do Deportivo).[5][6]
Vida persoal
Aouate está casado con Hagit Aouate, con quen ten dúas fillas e un fillo.
Notas
- ↑ "El Mallorca cierra con el Depor la compra de Aouate"
- ↑ "Awat sparks storm with decision to play on Yom Kippur"
- ↑ "Athletic Bilbao vs Mallorca Live Online: Basques Look To Return To Home Dominance"
- ↑ "Israeli Goalkeeper says no to playing on Yom Kippur"
- ↑ "La lección de Dudú"
- ↑ "Spanish soccer fans chant anti-Semitic slogans at Israeli goalkeeper"