Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. das wikis en castelán, italiano e portugués.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2016 ás 22:52

Modelo:Ficha de nobre

Enrique VI de Suabia, ou Enrique VI Hohenstaufen, nado o 1 de novembro de 1165 en Nimega (que daquela formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 28 de setembro de 1197 en Mesina (daquela no Reino de Sicilia), foi un nobre alemán que foi rei de Alemaña de 1190 a 1197, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1191 a 1197 e rei de Sicilia de 1194 a 1197.

Traxectoria

Era fillo de Federico I Barbarroxa, emperador] do Sacro Imperio Romano Xermánico, e da súa esposa Beatriz, condesa de Borgoña.

O 29 de outubro de 1184, en Augsburgo, concertouse o compromiso de Henrique coa princesa normanda Constanza de Sicilia (Constanza de Hauteville). No verán de 1185 Constanza deixou Palermo para ir a Milán, onde ía celebrarse a voda, acompañado dun fastuoso cortexo de príncipes e baróns. Henrique acompañou a Constana a Salerno, onde tivo que deixala para viaxar a Alemaña para asistir ao enterro da súa nai.[1] O 23 de agosto de 1185, polo valor simbólico e político que tiña a aprobación por parte da Igrexa deste enlace, en Rietti, a primeira cidade fóra do Reino de Sicilia, tivo lugar unha primeira celebración do matrimonio, por poderes, en presenza dunha delegación imperial en representación de Henrique.[2] A voda repitiuse despois en Milán, o 27 de xaneiro de 1186.

Henrique foi elixido en Bamberg en xuño de 1169 Rei de Romanos,[3] , e coroado como emperador do Sacro Imperio en 1191 en Roma, xunto á súa esposa, polo papa Celestino III.

En 1190 e 1193 logrou impoñerse sobre os nobres alemáns que se lle opoñían, encabezados por Henrique o León, duque de Saxonia e de Baviera, e que contaban coa axuda do papado e do rei de Inglaterra Ricardo Corazón de León, ao que chegou a apresar tras o seu segundo éxito. A pesar da vitoria mencionada non puido alcanzar o seu obxectivo de converter en hereditario o trono de Alemaña (causa do enfrontamento coa nobreza alemá, o papado e Inglaterra) pero, en 1194, tras un primeiro intento fallido en 1191, logrou, practicamente polas armas, a coroa do Reino de Sicilia, que reclamara como herdanza da súa esposa.

En 1197, o poder tiránico do rei estranxeiro no sur de Italia deu orixe a revoltas, especialmente no sue de Sicilia, que os soldados alemáns reprimiron cruelmente. No mesmo ano, Henrique preparou unha Cruzada,[4] pero o 28 de setembro de 1197 morreu de malaria na cidade de Mesina, aínda que algúns pensan que foi envelenado.[5]


Predecesor:
Federico I
Rei de Romanos
1169 - 1191
Sucesor:
Filipe de Suabia
contra Otón IV
Predecesor:
Federico I
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

1191 - 1197
Sucesor:
Otón IV
Predecesor:
Guillerme III de Sicilia
Rei de Sicilia
Xunto con Constanza I

1194 - 1197
Sucesor:
Federico II

Notas

  1. "Costanza d'Altavilla, imperatrice e regina di Sicilia". Dizionario Biografico degli Italiani - Volume 30 (1984). Consultado o 30 de setembro de 2016.  En Trecanni (en italiano).
  2. "Il matrimonio per legatos di Costanza d'Altavilla (1185)" (en italiano). Consultada o 30 de setembro de 2016.
  3. Rei de Romanos (Rex Romanorum) era o título usado no Sacro Imperio Romano Xermánico por un emperador futuríbel, é dicir, que non fora aínda coroado polo papa, e que polo tanto non podía intitularse Emperador.
  4. En 1197, aínda que "a ben preparada Cruzada do emperador Henrique era para conquistar a Terra Santa, tamén pretendeu alcanzar uu antigo desexo dos normandos no leste: a conquista do imeprio Bizantino". En: Hilgemann, Werner & Hermann Kinder (1974): The Anchor Atlas of World History, Volume I: From the Stone Age to the Eve of the French Revolution. New York: Anchor Books, Doubleday, p. 153.
  5. "Enrique VI morreu en Messina, envelenado, polo que se cre, polo seu propio contorno debido á súa política italiana". En: Kenneth Varty, ed, (2000): Reynard The Fox: Social Engagement and Cultural Metamorphoses In the Beast Epic from the Middle Ages to the Present. Berghahn Books. ISBN 1-57181-737-9, p. 41.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
  • Quatriglio, Giuseppe (2002): Mille anni in Sicilia - Dagli Arabi ai Borboni. Marsilio. ISBN 88-317-6405-5.

Outros artigos