Glande do pene: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha referencia a "Outros artigos".
m Arranxos varios
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Glans Penis.jpg|miniatura|Vistas anterior, posterior e lateral da glande dun pene.]]
[[Ficheiro:Glans Penis.jpg|miniatura|Vistas anterior, posterior e lateral da glande dun pene.]]
A '''glande''' ou o '''bálano''' é a porción terminal do [[pene]] cuberta polo [[prepucio]] e formada pola ampliación do [[corpo esponxoso]], no extremo anterior da cal desemboca a [[uretra]]<ref>Entrada "glande" no ''[http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/medico.pdf Dicionario Galego de Termos Médicos]''. [[Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia]]. Santiago de Compostela, 2002. [ISBN: 84-453-3371-2]</ref><ref>Entrada ''[http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=glande glande]'' no dicionario en liña da ''[[Real Academia Galega]]''.</ref>. Adoita ser de cor avermellada ou rosada.
A '''glande''' ou o '''bálano''' é a porción terminal do [[pene]] cuberta polo [[prepucio]] e formada pola ampliación do [[corpo esponxoso]], no extremo anterior da cal desemboca a [[uretra]]<ref>Entrada "glande" no ''[http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/medico.pdf Dicionario Galego de Termos Médicos]''. [[Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia]]. Santiago de Compostela, 2002. [ISBN 84-453-3371-2]</ref><ref>Entrada ''[http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=glande glande]'' no dicionario en liña da ''[[Real Academia Galega]]''.</ref>. Adoita ser de cor avermellada ou rosada.


== Anatomía ==
== Anatomía ==
Liña 9: Liña 9:
A glande é atravesada pola [[uretra]] e contén a desembocadura ou apertura externa desta, o [[meato urinario]], o orificio por onde se expulsan os [[Urina|ouriños]], ou o [[seme]] na [[exaculación]].
A glande é atravesada pola [[uretra]] e contén a desembocadura ou apertura externa desta, o [[meato urinario]], o orificio por onde se expulsan os [[Urina|ouriños]], ou o [[seme]] na [[exaculación]].
[[Ficheiro:Gray1158.png|miniatura|390x390px|Rega sanguínea dun pene e a súa glande.]]
[[Ficheiro:Gray1158.png|miniatura|390x390px|Rega sanguínea dun pene e a súa glande.]]
A coroa da glande é o relevo ou rebordo, en forma de chapeu, situado na súa base, e normalmente ten unha cor máis intensa que o resto da glande.<ref>Latarjet, Michel; Ruiz Liard, Alfredo. «123». ''Anatomía Humana'' '''2''' (4a edición). Bos Aires. Médica Panamericana, 2008. Páxinas 1.590 a 1.591. [<small><nowiki>ISBN 978-950-06-1369-9</nowiki>]</small></ref> A presenza de pequenas protuberancias na coroa da glande, denominadas [[Pápula perlada|pápulas perladas]], considérase completamente normal. O tamaño e a cantidade das pápulas son variables; en moitos casos son case imperceptibles, mentres que noutros poden ser significativamente notorias e numerosas, causando molestia estética. As pápulas perladas poden ser confundidas coas [[Espulla|espullas]] producidas polo [[virus do papiloma humano]], polo que se recomenda consultar un [[médico]] para recibir un diagnóstico apropiado, se se sospeita dunha [[infección]].<ref>Wein, Alan; et al. «13». ''Campbell-Walsh Urología'' '''1''' (9ª edición). Bos Aires. Médica Panamericana, 2008. Páxinas 431 a 432. <small>[<nowiki>ISBN 978-950-06-8267-1</nowiki>]</small></ref>
A coroa da glande é o relevo ou rebordo, en forma de chapeu, situado na súa base, e normalmente ten unha cor máis intensa que o resto da glande.<ref>Latarjet, Michel; Ruiz Liard, Alfredo. «123». ''Anatomía Humana'' '''2''' (4a edición). Bos Aires. Médica Panamericana, 2008. Páxinas 1.590 a 1.591. [<nowiki>ISBN 978-950-06-1369-9</nowiki>]</ref> A presenza de pequenas protuberancias na coroa da glande, denominadas [[Pápula perlada|pápulas perladas]], considérase completamente normal. O tamaño e a cantidade das pápulas son variables; en moitos casos son case imperceptibles, mentres que noutros poden ser significativamente notorias e numerosas, causando molestia estética. As pápulas perladas poden ser confundidas coas [[espulla]]s producidas polo [[virus do papiloma humano]], polo que se recomenda consultar un [[médico]] para recibir un diagnóstico apropiado, se se sospeita dunha [[infección]].<ref>Wein, Alan; et al. «13». ''Campbell-Walsh Urología'' '''1''' (9ª edición). Bos Aires. Médica Panamericana, 2008. Páxinas 431 a 432. [<nowiki>ISBN 978-950-06-8267-1</nowiki>]</ref>


== Hixiene ==
== Hixiene ==

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2016 ás 18:52

Vistas anterior, posterior e lateral da glande dun pene.

A glande ou o bálano é a porción terminal do pene cuberta polo prepucio e formada pola ampliación do corpo esponxoso, no extremo anterior da cal desemboca a uretra[1][2]. Adoita ser de cor avermellada ou rosada.

Anatomía

A glande é xeralmente un pouco máis grosa que o corpo do pene e ten unha textura lisa. A súa cor pode variar segundo a cor da pel do individuo. Nas persoas de pel branca, adoita ser rosada ou avermellada, mentres que nas persoas de pel escura é violácea. A superficie da glande está moi poboada de terminacións nerviosas. Debido a isto, a glande é extremadamente sensitiva ao tacto, nomeadamente arredor do seu bordo, e por tal razón é unha fonte importante de pracer sexual para o home.

Desde xa antes do nacemento, a glande está cuberta por un repregamento de pel móbil, chamado prepucio, que se retrae para a deixar descuberta cando o pene está erecto. O prepucio pode ser extirpado mediante a circuncisión por motivos médicos ou relixiosos. Na cara inferior do pene, a glande está unida ao prepucio por un pregamento de tecido denominado freo do prepucio.

A glande é atravesada pola uretra e contén a desembocadura ou apertura externa desta, o meato urinario, o orificio por onde se expulsan os ouriños, ou o seme na exaculación.

Rega sanguínea dun pene e a súa glande.

A coroa da glande é o relevo ou rebordo, en forma de chapeu, situado na súa base, e normalmente ten unha cor máis intensa que o resto da glande.[3] A presenza de pequenas protuberancias na coroa da glande, denominadas pápulas perladas, considérase completamente normal. O tamaño e a cantidade das pápulas son variables; en moitos casos son case imperceptibles, mentres que noutros poden ser significativamente notorias e numerosas, causando molestia estética. As pápulas perladas poden ser confundidas coas espullas producidas polo virus do papiloma humano, polo que se recomenda consultar un médico para recibir un diagnóstico apropiado, se se sospeita dunha infección.[4]

Hixiene

Débese retraer o prepucio con regularidade para limpar o esmegma que se forma sobre a glande e o suco balanoprepucial.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. Entrada "glande" no Dicionario Galego de Termos Médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Santiago de Compostela, 2002. [ISBN 84-453-3371-2]
  2. Entrada glande no dicionario en liña da Real Academia Galega.
  3. Latarjet, Michel; Ruiz Liard, Alfredo. «123». Anatomía Humana 2 (4a edición). Bos Aires. Médica Panamericana, 2008. Páxinas 1.590 a 1.591. [ISBN 978-950-06-1369-9]
  4. Wein, Alan; et al. «13». Campbell-Walsh Urología 1 (9ª edición). Bos Aires. Médica Panamericana, 2008. Páxinas 431 a 432. [ISBN 978-950-06-8267-1]