Corpo esponxoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo dun pene no que se aprecian os corpos cavernosos e o corpo esponxoso.

O corpo esponxoso é a máis pequena das tres columnas de tecido eréctil que se atopan no interior do pene (as outras dúas son os corpos cavernosos). Está situado na parte inferior do pene[1].

Fisioloxía[editar | editar a fonte]

A súa función é evitar que, durante a erección, se comprima a uretra (o conduto polo que se expulsan tanto o seme como os ouriños). Cando o pene se atopa nese estado, contén soamente o 10 % do sangue, xa que os corpos cavernosos absorben o 90 % restante.

Existen estruturas e funcións correspondentes no clítoris das mulleres.

O glande é a derradeira porción e a parte máis ancha do corpo esponxoso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Welsch, Ulrich. Histología. Editora Médica Panamericana, 2006. 2ª edición. "Cuerpo esponjoso". Páxina 498.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada "corpo" no Dicionario Galego de Termos Médicos, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Santiago de Compostela, 2002.