Lois Bonaparte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 40: Liña 40:
== Rei de Holanda ==
== Rei de Holanda ==
{{VT|Reino de Holanda}}
{{VT|Reino de Holanda}}
Napoleón nomeouno [[Reino de Holanda|rei de Holanda]] o [[5 de xuño]] de [[1806]], cando transformou a [[República Bátava]], una [[República irmá]] da [[Primeira República Francesa]], en [[monarquía]]. Aínda que o seu irmán maior quixo facer del pouco máis que un simple gobernador francés, Luís tomouse as súas obrigas como rei moi seriamente, chamándose a si mesmo '''Reo Lodewijk I''' (adoptando a forma holandesa para o seu nome), intentando aprender o [[lingua neerlandesa|idioma holandés]] e esforzándose duramente para ser un gobernante de Holanda responsábel e independente. Supostamente, cando chegou por primeira vez a Holanda, díxolle ao pobo que era o ''Konijn van 'Olland'' ("coello de 'Olland"), en vez de ''Koning van Holland'' ("Rei de Holanda"), porque o seu holandés non era perfecto. Porén, isto mostrou que estaba intentando falar o idioma e gañou o respecto dos seus súbditos.
Napoleón nomeouno [[Reino de Holanda|rei de Holanda]] o [[5 de xuño]] de [[1806]], cando transformou a [[República Bátava]], unha [[República irmá]] da [[Primeira República Francesa]], en [[monarquía]]. Aínda que o seu irmán maior quixo facer del pouco máis que un simple gobernador francés, Luís tomouse as súas obrigas como rei moi seriamente, chamándose a si mesmo '''Reo Lodewijk I''' (adoptando a forma holandesa para o seu nome), intentando aprender o [[lingua neerlandesa|idioma holandés]] e esforzándose duramente para ser un gobernante de Holanda responsábel e independente. Supostamente, cando chegou por primeira vez a Holanda, díxolle ao pobo que era o ''Konijn van 'Olland'' ("coello de 'Olland"), en vez de ''Koning van Holland'' ("Rei de Holanda"), porque o seu holandés non era perfecto. Porén, isto mostrou que estaba intentando falar o idioma e gañou o respecto dos seus súbditos.


Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de [[Leiden]] en [[1807]], e unha importante inundación en [[1809]]. En ambos os casos, Luís, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de '''Luís o Bo'''.
Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de [[Leiden]] en [[1807]], e unha importante inundación en [[1809]]. En ambos os casos, Luís, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de '''Luís o Bo'''.


O seu reinado nos [[Países Baixos]] foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primero foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de inversores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de [[Rusia]], buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Luís, facendo fronte á petición de seu irmán, negose categoricamente. Napoleón entón acusou a Luís de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o [[30 de xuño]] de [[1810]].
O seu reinado nos [[Países Baixos]] foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primero foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de inversores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de [[Rusia]], buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Luís, facendo fronte á petición de seu irmán, negouse categoricamente. Napoleón entón acusou a Luís de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o [[30 de xuño]] de [[1810]].


En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, [[Napoleón]] incorporou os Países Baixos ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio Francés]] estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.
En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, [[Napoleón]] incorporou os Países Baixos ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio Francés]] estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.


Durante o reinado de [[Napoleón I]], Luís Bonaparte foi nomeado Conde de Saint-Leu. En [[1808]] fue nomeado tamén [[Condestábel]] de Francia, un título estritamente honorífico.<ref>Testu [http://www.napoleon-series.org/research/c_almanac.html ''Almanach Impérial pour l'année MDCCCX''] en napoleon-series.org {{fr}}, {{en}}.</ref>
Durante o reinado de [[Napoleón I]], Luís Bonaparte foi nomeado Conde de Saint-Leu. En [[1808]] fue nomeado tamén [[Condestábel]] de Francia, un título estritamente honorífico.<ref>Testu [http://www.napoleon-series.org/research/c_almanac.html ''Almanach Impérial pour l'année MDCCCX''] en napoleon-series.org {{fr}}, {{en}}.</ref>


== Anos finais ==
== Anos finais ==

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2016 ás 11:53

Modelo:Ficha de nobre

Luís Bonaparte, Reo de Holanda, por Charles Howard Hodges.
En Leiden, días despois da explosión dun barco que transportaba pólvora, o rei Luís inspecciona os danos, por Carel Lodewijk Hansen.

Luís Napoleón Bonaparte (en francés: Louis Napoléon Bonaparte) nado o 2 de setembro de 1778 en Ajaccio, Córsega, Francia, o 25 de xullo de 1846 e finado en Livorno, Gran Ducado de Toscana, foi un príncipe francés, irmán do emperador Napoleón Bonaparte.

A partir de 1806, e grazas á influencia do seu irmán, converteuse en Rei de Holanda co nome de Luís I de Holanda (en neerlandés: Lodewijk I).

Despois da derrota de Napoleón usou o título de Conde de Saint-Leu.

Primeiros anos de vida

Luís naceu como Luigi Buonaparte en Ajaccio, Córsega, o 2 de setembro de 1778, froito do matrimonio entre Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino.[1] Foi o irmán menor de Xosé Bonaparte, Napoleón I de Francia, Luciano Bonaparte e Elisa Bonaparte, e o irmán maior de Paulina Bonaparte, Carolina Bonaparte e Xerónimo Bonaparte.

Ao principio da súa carreira pasou polo exército e serviu a Napoleón en Exipto. Grazas a Napoleón, foi xeneral de brigada á idade de 25 anos, A plena satisfacción do emperador Luís loitou con notábel enerxía e coraxe na primeira liña de varias batallas.[2] Porén, loitaba polo sentido do deber, pero carecía de entusiasmo e sentía unha profunda repugnancia ante a violencia dos campos de batalla, os saqueos e a devastación.[3]

Rei de Holanda

Véxase tamén: Reino de Holanda.

Napoleón nomeouno rei de Holanda o 5 de xuño de 1806, cando transformou a República Bátava, unha República irmá da Primeira República Francesa, en monarquía. Aínda que o seu irmán maior quixo facer del pouco máis que un simple gobernador francés, Luís tomouse as súas obrigas como rei moi seriamente, chamándose a si mesmo Reo Lodewijk I (adoptando a forma holandesa para o seu nome), intentando aprender o idioma holandés e esforzándose duramente para ser un gobernante de Holanda responsábel e independente. Supostamente, cando chegou por primeira vez a Holanda, díxolle ao pobo que era o Konijn van 'Olland ("coello de 'Olland"), en vez de Koning van Holland ("Rei de Holanda"), porque o seu holandés non era perfecto. Porén, isto mostrou que estaba intentando falar o idioma e gañou o respecto dos seus súbditos.

Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de Leiden en 1807, e unha importante inundación en 1809. En ambos os casos, Luís, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de Luís o Bo.

O seu reinado nos Países Baixos foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primero foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de inversores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de Rusia, buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Luís, facendo fronte á petición de seu irmán, negouse categoricamente. Napoleón entón acusou a Luís de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o 30 de xuño de 1810.

En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, Napoleón incorporou os Países Baixos ao Imperio Francés estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.

Durante o reinado de Napoleón I, Luís Bonaparte foi nomeado Conde de Saint-Leu. En 1808 fue nomeado tamén Condestábel de Francia, un título estritamente honorífico.[4]

Anos finais

Despois da morte da seu irmán maior Xosé, en 1844, Luís foi visto polos bonapartistas como o lexítimo Emperador dos franceses, a pesar de que el tomou poucas medidas para avanzar na pretensión. (O seu fillo e herdeiro, o futuro Napoleón III, por outro lado, foi neses tempos encarcerado en Francia por intentar maquinar un golpe de Estado bonapartista).

Luís morreu o 25 de xullo de 1846 en Livorno, Gran Ducado de Toscana,[1] e foi enterrado en Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France.

Matrimonio e fillos

Luís casou o 4 de xaneiro de 1802 con Hortensia de Beauharnais, filla do difunto xeneral Alexandre, vizconde de Beauharnais e da súa esposa Xosefina Tascher de la Pagerie.[5] Xosefina foi a primeira esposa do seu irmán Napoleón.[6] Por iso Hortensia foi tamén a sobriña política de Luís.

O matrimonio foi forzado e completamente sen amor. Por regra xeral, os Bonaparte, coa excepción de Napoleón, aborrecían aos Beauharnais. Luís incluso dubidou sa lexitimidade dos seus fillos con Hortensia.

Luís Napoleón Bonaparte e Hortensia de Beauharnais tiveron tres fillos:[1]

Luís foi tamén pai dun fillo ilexítimo, François de Castelvecchio (26 de abril de 1826 - 29 de maio de 1869). Naceu en Roma e morreu en Rennes.[1]

Distincións honoríficas

  • Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orde da Unión (Reino de Holanda, 24/08/1806).
  • Cabaleoro Grande Aguia da Orde da Lexión de Honor (Primeiro Imperio Francés).
  • Soberano Gran Mestre da Real Orde das Dúas Sicilias (Reino de Nápoles).
  • Cabaleoro Gran Dignatario da Orde da Coroa de Ferro (Primeiro Imperio Francés).
  • Cabaleiro da Insigne Orde do Vélaro de Ouro (Rama Española).[1]

Antepasados


Predecesor:
Ningún

(Creación do Reino)


Rei de Holanda

1806-1810
Sucesor:
Luís II
Predecesor:
Xosé I

Emperador titular dos franceses

1844-1846
Sucesor:
Napoleón III

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Louis I Bonaparte, roi d' Holande en Geneall (en francés).
  2. Jourdan, Annie (2010), p. 144.
  3. Jourdan, Annie (2010), p. 146.
  4. Testu Almanach Impérial pour l'année MDCCCX en napoleon-series.org (en francés), (en inglés).
  5. Hortense de Beauharnais en Geneall (en francés).
  6. Joséphine Tascher la Pagerie (Joséphine de Beauharnais) en Geneall (en francés).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
  • Jourdan, Annie, dir. (2010): Louis Bonaparte, Roi de Hollande. Paris: Nouveau Monde éditions/Fondation Napoléon. ISBN 978-2-84736-492-7.
  • Schama, S. (1977): Patriots and Liberators. Revolution in the Netherlands 1780-1813. New York: Vintage books. ISBN 0-679-72949-6.
  • Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 0-7618-1221-0.

Outros artigos

Ligazóns externas