Cabanas, A Baña: Diferenzas entre revisións
Arranxos |
|||
Liña 16: | Liña 16: | ||
== Historia == |
== Historia == |
||
Había un asentamento castrexo en O Fondón, ao sur do lugar de Cabanas, moi mal conservado hoxe en día debido a actividade agrícola levada a cabo na superficie do castro coma a construción dunha granxa. Tan só é visible un parapeto de forma semicircular na parte leste do xacemento. |
|||
=== Igrexa parroquial === |
=== Igrexa parroquial === |
Revisión como estaba o 1 de xuño de 2016 ás 22:15
Cabanas | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Cabanas. | |
Concello | A Baña |
Coordenadas | 42°59′02″N 8°42′39″O / 42.9839, -8.7108Coordenadas: 42°59′02″N 8°42′39″O / 42.9839, -8.7108 |
Área | 5,94 km² |
Poboación | 181 hab. (2014) |
Densidade | 30,47 hab./km² |
Entidades de poboación | 4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Cabanas é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 181 habitantes (102 mulleres e 79 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.
Cabanas é o lugar de nacemento do escritor Manuel Iglesias Turnes. Os seus libros As rapazas de Xan e Que non te aten teñen esta parroquia como epicentro das súas historias, aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.
Historia
Había un asentamento castrexo en O Fondón, ao sur do lugar de Cabanas, moi mal conservado hoxe en día debido a actividade agrícola levada a cabo na superficie do castro coma a construción dunha granxa. Tan só é visible un parapeto de forma semicircular na parte leste do xacemento.
Igrexa parroquial
A parroquia de San Miguel aparece como parroquia matriz co anexo de O Barro dende finais do século XIX. Orixinalmente a igrexa albergaba mostras de arte maior con imaxes da Nosa Señora, San Bartolomé, San Roque, San Miguel, San Pedro e San Pablo, pero as obras de construción dun novo templo realizadas no 1943 provocaron a desaparición destas imaxes e doutros elementos que non encaixaban nas dimensións do novo templo. A igrexa actual foi inaugurada no 1950, engadíndolle a torre algún tempo despois. Paralelamente construíuse a casa reitoral e o centro sociocultural da parroquia.
Arquitectura popular
Muíños
Están todos no arroio de Cabanas, moían dous meses no ano por falta de auga.
Existen tres muíños de canle:
- o de Paco, que é de Mateo de Pazo e consortes.
- o de Lage, de Juán de Insua e consortes.
- o dos Barreiros, de Antonio Turnes e consortes.
e un muíño de cubo:
- o do Cubo, de Felipe Díaz e consortes.
Festas
- Sábado entre o 16 e o 22 de xullo: Santa Isabel.
- Domingo entre o 16 e o 22 de xullo: O Carme.
- Última fin de semana de setembro: San Miguel.
- 2ª fin de semana de outubro: O Rosario.
Lugares e parroquias
Lugares de Cabanas
Lugares da parroquia de Cabanas no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|