Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
repaso
Liña 2: Liña 2:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Era fillo de [[Lino Velo Castiñeiras]], que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]] e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o [[24 de abril]] casa con Jovita Pérez González.
Era fillo de [[Lino Velo Castiñeiras]], que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]], das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O [[24 de abril]] casa con Jovita Pérez González.


Tralo [[Alzamento Nacional]] de 1936, a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saíu libre ao pouco tempo e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]], volveu ao remate da [[Guerra civil española]] e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.
Tralo [[Alzamento Nacional]] de 1936, a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volta a Celanova, marchando ao pouco tempo á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]]. Volveu ao remate da [[Guerra civil española]], e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, sae en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.


== Exilio ==
== Exilio ==
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]], ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no primeiro [[Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]]. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do [[Lar Gallego]] (1956) e participou no primeiro [[Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].


Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]] e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' entre o [[22 de xaneiro]] e o [[4 de febreiro]] de [[1961]], que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]], logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de [[São Paulo]].
Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]], e con outros galegos como [[José Fernando Fernández Vázquez]] (''Comandante Sotomayor''), o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' o [[22 de xaneiro]] de [[1961]], en ruta entre [[Curaçao]] e [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán de Porto Rico]], na coñecida como [[Operación Dulcinea]], co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]]. Fracasada a operación por diversos motivos, o [[4 de febreiro]] de [[1961]] acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío, na cidade de [[São Paulo]].


En 1962 estableceu en San Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón.
En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón.


{{ORDENAR:Velo, Xose}}
{{ORDENAR:Velo, Xose}}

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2016 ás 12:21

Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un político independentista galego, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.

Traxectoria

Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O 24 de abril casa con Jovita Pérez González.

Tralo Alzamento Nacional de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volta a Celanova, marchando ao pouco tempo á Guinea Española. Volveu ao remate da Guerra civil española, e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, sae en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.

Exilio

En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Bos Aires.

Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Sudamérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão, e con outros galegos como José Fernando Fernández Vázquez (Comandante Sotomayor), o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961, en ruta entre Curaçao e San Xoán de Porto Rico, na coñecida como Operación Dulcinea, co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica. Fracasada a operación por diversos motivos, o 4 de febreiro de 1961 acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío, na cidade de São Paulo.

En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.