Melvin Calvin: Diferenzas entre revisións
m Alma mater -> Alma máter |
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
||
Liña 53: | Liña 53: | ||
{{ORDENAR:Calvin}} |
{{ORDENAR:Calvin}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América]] |
[[Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América]] |
Revisión como estaba o 18 de novembro de 2015 ás 20:05
Melvin Calvin, nado o 8 de abril de 1911 en Saint Paul (Estados Unidos) e finado o 8 de xaneiro de 1997 en Berkeley (USA), foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1961.
Traxectoria
Melvin naceu no seo dunha familia de inmigrantes rusos en Saint Paul, Minnesota. Criouse en Detroit.
Cursou estudos de química na Escola de Minería e Tecnoloxía de Míchigan (hoxe Universidade Tecnolóxica de Míchigan), onde se licenciou en 1931. Posteriormente amplío os seus estudos na Universidade de Minnesota, onde se doctorou en 1935 e ao ano seguinte conseguiu realizar unha bolsa postdoctoral na Universidade de Mánchester en Inglaterra.
Incorporouse ao departamento de química da Universidade de California, en Berkeley, en 1937 e en 1947 conseguiu ser nomeado profesor de química. Nesa mesma universidade foi director do Laboratorio Lawrence de Radiacións do Departamento de Química Biolóxica.
Investigacións científicas
A súa carreira iniciouse tras un accidente ocorrido en 1936 na fábrica de tinguiduras que Imperial Chemical Industries (ICI) tiña en Manchester. Elaborábase un composto incoloro chamado ftalonitrilo, pero unha partida saíu dunha bela cor azul, ao parecer por unha greta no forro de vidro do recipiente. Identificouse como ftalocianina, membro dunha nova, e estruturalmente interesante, familia de compostos.
Calvin, que chegaba á Universidade de Manchester para realizar estudos posdoctorales, traballaba co profesor Michael Polanyi e viu que o composto da ICI tiña un parecido estrutural coa hemomolécula e coa clorofila: as dúas moléculas catalíticas máis importantes nos seres vivos e, bioquímicamente, as máis difíciles de comprender e de imitar. Seguiu a suxestión de Polanyi de empregar o composto da ICI como modelo para investigar a conexión entre a estrutura e a estabilidade nesas moléculas tan fundamentais.
Durante a década de 1940, na súa estancia en Berkeley, comezou os seus experimentos sobre a fotosíntese sobre cultivos da alga verde unicelular Chlorella pyrenoidosa, separando os compostos obtidos por cromatografía bidimensional e identificándoos grazas ao carbono-14 e esclarecendo o proceso de asimilación fotoquímica do dióxido de carbono polas partes verdes das plantas, hoxe frecuentemente denominado ciclo de Calvin.
Foi galardoado co Premio Nobel de Química en 1961 polos seus traballos sobre a asimilación do dióxido de carbono polas plantas.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1961 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1961 (en inglés)
Predecesor: Willard Frank Libby |
Premio Nobel de Química 1961 |
Sucesor: John Cowdery Kendrew e Max Ferdinand Perutz |