Río Dniéper: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Ríos europeos do Mar Negro mediante HotCat |
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
* [[Čerkasi]], Ucraína |
* [[Čerkasi]], Ucraína |
||
* [[Kremenchuk]], Ucraína |
* [[Kremenchuk]], Ucraína |
||
* [[ |
* [[Dniprodzerzhynsk]], Ucraína |
||
* [[ |
* [[Dnipropetrovsk]], Ucraína |
||
* [[Zaporizhzhia]], Ucraína |
* [[Zaporizhzhia]], Ucraína |
||
* [[Marhanets |
* [[Marhanets]], Ucraína |
||
* [[Nikopol |
* [[Nikopol]], Ucraína |
||
* [[Nova Kakhovka]], Ucraína |
* [[Nova Kakhovka]], Ucraína |
||
* [[Kherson]], Ucraína |
* [[Kherson]], Ucraína |
Revisión como estaba o 27 de maio de 2015 ás 19:37
Dniepr | |
---|---|
e O Dniepr en Kiev | |
País | Rusia, Bielorrusia, Ucraína |
Nacemento | Altiplano de Valdai |
Lonxitude | 2.290 km |
Conca | 516.000 km2 |
Caudal medio | 1.670 m3/s |
Desembocadura | Mar Negro |
O Dniepr ou Dniéper (en ruso: Днепр/Dnepr; en bielorruso: Дняпро/Dnyapro, en ucraíno: Дніпро/Dnipro) é un río con 2.290 km de percurso (o cuarto en Europa logo do Volga, o Danubio e o Ural).
Percorrido
O Dniepr nace no altiplano de Valdai (Rusia occidental), para entrar despois en Bielorrusia; foi logo, durante 115 km, de fronteira natural entre Bielorrusia e Ucraína, para por fin facer o resto do seu curso a través da Ucraina, na cal baña a capital, Kiev. Ao longo dos tres países mantén esencialmente o mesmo nome, aínda que con pequenas variantes gráficas e de pronunciación.
O Dniepr desauga no Mar Negro cun longo estuario, non lonxe da cidade de Odessa, a occidente da península de Crimea. O seu caudal medio na foz é de 1.670 m³/s.
A conca hidrográfica do Dniepr abranxe unha área de 516.000 km², unha superficie maior que a de España, o que a torna na terceira en Europa, despois das do Volga e do Danubio.
Explotación económica
Nos últimos 800 km do río está regulado por unha serie de grandes encoros. Estes encoros son: o de Kiev (Kyivs'ke) (922 km²), o de Kaniv (582 km²), o de Kremenchuk (2252 km²), o encoro de Dniprodzerzhin (567 km²), o de Zaporiz (410 km²) e o de Kakhov (2155 km²). As presas destes encoros son utilizados para producir enerxía hidroeléctrica, que representa sobre do 10% electricidade xerada en Ucraína.
Nome e historia
O río Dniepr é mencionado polo grego Herodoto no Século V a.C. como Borysthenes. Os historiadores romanos denominárono Danaper. O vello nome usado na época medieval, cando do Rus' de Kiev, era Slavutich.
O Dniepr foi de sempre a principal vía de comunicación nesta zona, facilitando as comunicacións entre o Mar Negro e o mar Báltico. A través desta ruta fluvial, viquingos e polacos, se moveron cara o sur.
O Dniepr foi, durante a última guerra mundial, o eixo da "liña Stalin", escenario de duros combates entre os exércitos alemáns e soviéticos.
Cidades ás beiras do Dniepr
Desde o seu nacemento até a desembocadura temos entre as cidades principais erguidas as súas orelas:
- Dorogobuzh, Rusia
- Smolensk, Rusia
- Orša, Bielorrusia
- Sklou, Bielorrusia
- Mahilëu, Bielorrusia
- Byhau, Bielorrusia
- Rahacou, Bielorusia
- Zlobin, Bielorrusia
- Rècyca, Bielorrusia
- Kiev, Ucraína
- Kaniv, Ucraína
- Čerkasi, Ucraína
- Kremenchuk, Ucraína
- Dniprodzerzhynsk, Ucraína
- Dnipropetrovsk, Ucraína
- Zaporizhzhia, Ucraína
- Marhanets, Ucraína
- Nikopol, Ucraína
- Nova Kakhovka, Ucraína
- Kherson, Ucraína
Afluentes do Dniepr
Destacan entre os tributarios máis importantes do Dniepr en orde desde a fonte:
- Drut (D)
- Sozh (E)
- Berezina (D)
- Pripyat (D)
- Irpen (D)
- Sula (E)
- Vorskla (E)
- Samara (E)
- Ros (D)
- Bazavluk (D)
- Ingulec (D)
- Konka(D)
- Desna (E)
Recoñecementos
Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en italiano.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Dniéper |