Dnipro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dnipropetrovsk")
Vista da cidade.
Catedral de Dnipro.

Dnipro (en ucraíno: Дніпро) é unha cidade de Ucraína situada ás beiras do río Dniéper, capital do óblast de Dnipro.

Pola súa extensión, trátase da terceira cidade do país, e é un importante centro comercial, industrial e económico de Ucraína. Posúe un gran desenvolvemento tecnolóxico no sector da metalurxia, do armamento e da construción de maquinaria.

Tamén é coñecida como o principal centro aeronáutico do país.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A vila de Dnipro (en ucraíno: Дніпро) ten recibido varios nomes ao longo da historia. Foi fundada oficialmente en 1776 como capital da gobernación de Azov do Imperio Ruso co nome de Ekaterinoslav (en ruso: Екатеринослав), e en 1797 foi renomeada como Novorossiisk (en ruso: Новороссийск), nome que mantivo até 1802 cando mudou o seu nome polo de Ekaterinoslav novamente, que mantivo até 1918.

En 1918 foi brevemente nomeada Sicheslav (en ucraíno: Січеслав), aínda que no mesmo ano mudou novamente a Katerinoslav / Ekaterinoslav (en ucraíno: Катеринослав, en ruso: Екатеринослав). En 1926 foi renomeada como Dnipropetrovsk / Dnepropetrovsk (en ucraíno: Дніпропетровськ, en ruso: Днепропетровск), sendo as formas rusa e ucraína oficiais. Co gallo da independencia de Ucraína, pasou a ser oficial unicamente a forma ucraína.

En 2016 o parlamento ucraíno aprobou renomear a cidade á forma Dnipro.

Historia[editar | editar a fonte]

Centro de Dnipro.

A nova Dnipro foi fundada en 1776 polo príncipe ruso Grigori Potiomkin por orde de Catarina II de Rusia e foi chamada entre ese ano e 1926 Еkаtеrinoslav.

As fortificacións militares que existen actualmente na cidade existen desde mediados do século XVI.

No estilo arquitectónico das rúas e prazas do centro da cidade consérvanse aínda as pegadas do clasicismo ruso dos séculos XVIII e XIX. Tamén se observan restos de modernismo de inicios do século XX e da monumental arquitectura que caracterizou os anos do Goberno de Stalin, entre 1930 e 1950.

Deportes[editar | editar a fonte]

O FC Dnipro Dnipro, o equipo de fútbol da cidade, milita actualmente na Premier Liha, que é a primeira división do fútbol dese país.

Transportes[editar | editar a fonte]

A cidade de Dnipro ten un sistema de transporte formado por tranvías, unha rede de liñas de autobuses, trolebuses eléctricos e marshrutkas (minibuses privados). Ademais, a cidade conta cun sistema de metro, o Metro de Dnipro, que foi aberto ao público en 1995 e dispón de seis estacións repartidas nunha única liña de metro.

Por outra parte, a 15 km ao sueste da cidade se encóntrase o Aeroporto Internacional de Dnipro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dnipro

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.