Odessa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2013.) |
Coordenadas: 46°28′N 30°44′L / 46.467, -30.733
Odessa | |||
---|---|---|---|
Одеса | |||
Porto de Odessa, un dos máis importantes da Ucraína. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Óblast | ![]() | ||
Raión | Odessa | ||
Xeografía | |||
Altitude | 65 msnm | ||
Superficie | 236,9 km² km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 003 705 hab. (2011)[1] | ||
Densidade | 6,141 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 65000–65480 | ||
Alcalde | Alekséi Kóstusev | ||
Sitio web oficial |
Odessa[2] (en ucraíno: Одеса) é unha cidade costeira de Ucraína no Mar Negro. Ten o maior porto do país e é unha cidade de importancia rexional e cidade heroica dende o 1945. A cidade é a terceira do país en termos de poboación, despois de Kiev e Kharkiv (1.014.563 de habitantes o 1 de abril de 2013).
No centro da cidade ten un importante conxunto de edificios da época clásica, ademais conta co monumento ao Duque de Richelieu, as Escaleiras Potemkin e os palacios Vorontsov, Potocki, Bzhozovskoho e Naryshkin.
Odessa é unha das cidades máis antigas de Ucraína.
Símbolos[editar | editar a fonte]
Oficialmente os símbolos de Odessa aprobados son: un escudo, unha bandeira, un himno, o símbolo do alcalde, cuxa utilización é oficial para os carteis urbanos aprobados polo Concello. Ademais, a cidade ten un logotipo de turismo.
O escudo de armas é un escudo español vermello coa imaxe dunha áncora con catro patas brancas dentro. Este está enmarcado cun marco dourado decorativo e decorado arriba con tres torres. Baixo a torre está a estrela de ouro, que certifica o seu titulo de cidade heroica. O primeiro escudo foi aprobado o 22 de abril do ano 1798. A bandeira consiste nun pano rectangular dividido en tres franxas verticais, unha vermella, outra branca e a última amarela. No centro, na franxa branca está o escudo de armas. A última modificación da bandeira e do escudo de armas foi aprobada o 29 de abril do ano 2011.
O 5 de xuño de 2012, Artemy Lebedev publicou un libro chamado "Identidade de Odessa", no que, entre outras cousas, incluíu un logotipo de turismo , que finalmente foi adoptado como o "símbolo do turismo" da cidade de Odessa.[3]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Odessa está situada na costa noroeste do Mar Negro, no centro do Óblast de Odessa. Gran parte da cidade está situada nunha chaira, a 50 metros sobre o nivel do mar. A altura mínima é de 4,2 m por baixo do nivel do mar e a altura máxima é de 65 m (monte Zhevakhov). A área da cidade chega a 162,42 km², a densidade de poboación é de 6.246,54 hab/km².
Infraestruturas[editar | editar a fonte]
Transporte Urbano[editar | editar a fonte]
En Odesa, hai tranvía, trolebús, autobús urbano, servizo de taxi, funicular e barco e está planificado un light-rail .
Conexións de longa distancia[editar | editar a fonte]
Nos arredores da cidade antiga está situada unha estación ferroviaria que ten as seguintes liñas: Odessa-San Petersburgo, Odessa-Cheliabinsk, Odesa-Bakú e Odessa-Berlín.
Nas aforas, a 7 km, esta o aeroporto internacional de Odessa que está ligado ás principais cidades de Europa, Asia, e Oriente Medio.
Ademais, a cidade ten varias estacións de autobuses.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Демографічна ситуація, Чисельність населення на 1 квітня 2013 року та середня за січень–березень 2013 року Poboación de Odessa (en ucraíno).
- ↑ Así figuran en manuais e enclopedidas académicas como os da -polas súas siglas- UDC, UVigo, AXH, D21.
- ↑ Артемий Лебедев подарил Одессе новый туристический логотип (фото), logo de Odessa (en ruso).