Diferenzas entre revisións de «Pexegueiro (árbore)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
(corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita")
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
|binomial_authority = ([[Carl von Linné|L.]]) [[August Batsch|Batsch]]
|}}
O '''pexegueiro''', ('''''Prunus persica'''''), é unha [[árbore]] [[Caducifolio|decidua]] nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o [[pexego]]. O nome da especie, 'persica' refírese a que foi amplamente cultivado en [[Persia]], de onde foi introducido en Europa. Pertence ao xénero ''[[Prunus]]'' que inclúea [[cerdeira]], ou a [[ameixeira]], da familia das [[Rosaceae|rosáceas]]. O pexegueiro clasifícase xunto á [[amendoeira]] no subxénero ''Amygdalus'', que se distingue dos outros por ter a carabuña (onde fica nas sementes) brugosa.
 
Pexegos e nectarinas están estreitamente relacionados, malia que comercialmente se vendan coma froitos diferentes. As nectarinas son de feito a mesma especie ca os pexegos, mais estes teñen a tona aveludada. Estudos xenéticos demostran que as nectarinas prodúcense por un alelo [[recesivo]], mentres que os pexegos prodúcense polo alelo [[dominancia (xenética)|dominante]] que dá a tona aveludada.<ref name=osu/>
En Galicia véñense cultivando dende antigo como amosa a toponimia: [[Pexegueiro]], aínda que pode que en menor medida ca outras froiteiras como [[maceira]]s ou [[cerdeira]]s.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Illustration Prunus persica0.jpg|thumb|left|Flores, sementes, e follas do pexegueiro ilustradas por Otto Wilhelm Thomé (1885).]]
''Prunus persica'' medra de 4 a 10 m de alto. As [[folla]]s son lanceoladas, de 7 a 16 cm de longo e 2 a 3 cm de largo, pinnadas e con veas. As [[flor]]es agroman a comezos da primavera, solitarias ou en parellas, rosas, con cinco pétalos. O [[froito]] ten a carne branca ou amarela, un delicado aroma e a tona aveludada nos pexegos ou lisa e sen pelo nas nectarinas e dependendo do cultivar. A polpa é moi delicada e pode esmagarse con facilidade, mais é bastante firme nalgunhas variedades comerciais, especialmente cando están verdes. A carabuña é única, grande, pardo avermellada, de forma oval duns 1,3 a 2 cm de longo e arrodeada por unha casca amadeirada. Os pexegos, xunto coas [[cereixa]]s, [[Ameixa (froito)|ameixas]] e [[albaricoque]]s son froitas [[drupa]]s.
 
== Etimoloxía ==
O nome científico ''persica'', ao igual que o nome galego '''pexego''' (''pêssego'' en portugués) e os seus cognatos en moitas linguas europeas (''pêche'' en francés, ''peach'' en inglés, ''préssec'' en catalán, ''pesca'' en italiano), deriva da antiga crenza europea, de que o pexego viña de Persia. Os antigos romanos chamábalenlle ''malum persicum'' "mazá persa".<ref>[Lyle Campbell, ''Historical Linguistics: An Introduction'', 2nd ed. (Cambridge, Mass: MIT Press, 2004): 274.]</ref>
 
Os pexegueiros cultivados divídense dependendo se a carabuña pode ou non desprenderse da polpa con facilidade. Os pexegos de carne branca acostuman ser moi doces e lixeiramente acedos, mentres que os de carne amarela, adoitan combinar o sabor acedo coa dozura; malia que isto pode variar enormemente. A polpa de ambas cores acostuma ter tamén certas partes encarnadas. Os pexegos de carne branca pouco acedos son os máis populares na China, no Xapón e demais países asiáticos, mentres que europeos e norteamericanos prefiren, historicamente, osa marelos algo acedos.
 
== Historia ==
Aínda que o nome botánico ''Prunus persica'' se refire a Persia (actual Irán) de onde veu a Europa, estudos xenéticos suxestionan que procede da China,<ref>[{{cite book|last=Thacker|first=Christopher|title=The history of gardens|year=1985|publisher=University of California Press|location=Berkeley|isbn=978-0-520-05629-9|page=57|url=http://books.google.com/books?id=1gn8hIgwg-gC&pg}}]</ref> onde foi cultivada dende a antigüidade, arredo rdo 2000 AC.<ref>{{cite book| first=Akath |last=Singh |first2=R.K. | last2=Patel |first3=K.D. |last3=Babu |first4=L.C. |last4=De | title=Underutilized and underexploited horticultural crops | year=2007 | publisher=New India Publishing | location=New Delhi | isbn=978-81-89422-69-1 | page=90 | chapter=Low chiling peaches}}</ref><ref name=vau09-82/> Os pexegueiros foron citados en escritos chineses xa no século X antes de Cristo, considerándose un dos froitos preferidos de reis e emperadores. Nos últimos tempos, a historia do cultivo do pexego foi revisada polo miúdo citando numerosos manuscritos orixinais que se remontan ao 1100 antes de Cristo.<ref name="Layne">{{cite book|url= http://books.google.com/?id=xLW3mKQbcUUC&printsec=frontcover&dq=The+Peach:+Botany,+Production+and+Uses#v=onepage&q&f=false|title= The Peach: Botany, Production and Uses|first1=Desmond R.|last1= Layne|first2=Daniele|last2= Bassi| publisher= CAB International|year= 2008|isbn= 978-1-84593-386-9}}</ref>
 
O pexego chegou á India e ao oeste asiático xa na antigüidade.<ref name="Ensminger">{{cite book|url=http://books.google.com/?id=XMA9gYIj-C4C&pg=PA1040&dq=%22Prunus+persica%22#v=onepage&q=%22Prunus%20persica%22&f=false|title=Foods & nutrition encyclopedia|first= Audrey H.|last= Ensminger |publisher= CRC Press|year= 1994 |isbn= 0-8493-8980-1}}</ref> O cultivo do pexego tamén paso uda china a Persia e chegou a Grecia arredor do 300 antes de Cristo.<ref name=vau09-82>{{cite book| first=John |last=Geissler | firt=Catherine | title=The New Oxford Book of Food Plants | year=2009 | publisher=Oxford University Press | location=Oxford | isbn=978-0-19-160949-7 | page=82}}</ref> [[Alexandre o Grande]] introduciu o froito en Europa despois da conquista dos persas.<ref name="Ensminger"/> Os pexegos xa eran ben coñecidos polos romanos no primerio século despois de Cristo <ref name=vau09-82/> , de feito era moi cultivado na [[Emilia Romaña]]. Os pexegueiros aparecen en frescos das domus das vilas destruídas pola erupción do Vesuvio no ano 79 da nosa era, xunto coas máis vellas representacións atopadas polo de agora en dos fragmentos de frescos que se remontan ao primeiro século, en [[Herculaneum]], agora preservados no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles.<ref>{{cite journal|title=The introduction and diffusion of peach in ancient Italy|author=Laura Sadori et al.|publisher=Edipuglia|year=2009|url=http://www.plants-culture.unimo.it/book/05%20Sadori%20et%20alii.pdf}}</ref> Roma levou o pexego a Iberia e de aí foi introducido na [[Gallaecia]] xa na antigüidade, aínda que non fose o clima máis axeitado para o cultivo deste ''[[Prunus]]'' en todo o país.
 
Castela levou o pexego ás Américas no século XVI, e eventualmente ingleses e franceses no século XVII, cando era considerado un luxo prezado. O horticultor George Minifie levou supostamente os primeiros pexegueiros de Inglaterra ás colonias americanas a comezos do século XVII, plantándoos no estado de Virxinia.<ref>[http://genforum.genealogy.com/menefee/messages/274.html George Minifie]</ref> Aínda que Thomas Jefferson tiña pexegueiros en Monticello, os agricultores estadounidenses non comezaron a comercialización até o século XIX principalmente en Maryland, Delaware, Xeorxia e finalmente en Virxinia
 
En 2010, un grupo de investigadores da Universidade de Clemson, en Carolina do Sur, anunciaron que decodificaran a secuencia do xenoma do pexegueiro (haploide duplo Lovell). <ref>[http://www.upi.com/Science_News/2010/04/02/Peach-genome-completed/UPI-46151270228201/ Peach genome completed] United Press International, April 2, 2010, Retrieved August 30, 2010</ref><ref>Sosinski, Byron et al (2010) [http://www.rosaceae.org/peach/genome Peach Genome] Genome Database for Rosacea, Retrieved August 30, 2010</ref>
 
== Cultivo ==
[[Ficheiro:Bee pollinating peach flower.jpg|thumb|Unha flor de pexegueiro a ser polinizada por unha abella.]]
Os pexegos medran ben nun rango bastante limitado de lugares, xa que teñen uns requirimentos de frío que non toda sas zonas do planeta pode dar. Así en climas tropicais e ecuatoriais como no [[Ecuador]], en [[Colombia]], en [[Etiopía]], na [[India]] e no [[Nepal]], medran en zonas altas para ter esas horas de frío .<ref name=fao2010a/><ref>[http://www.fao.org/docrep/004/ab985e/ab985e07.htm Deciduous Fruit Production - India (see Peach section), FAO United Nations]</ref>Os pexegueiros resisten temperaturas de -26 a -30 º&nbsp;°C, malia que ás veces a esas temperaturas poden matar os gomos florais se perduran até a primavera, perdendo toda a produción do ano. A morte dos gomos comeza a partir dos 15º baixo cero dependendo do [[cultivar]] (algúns toleran mellor o frío) e do período de xeadas.<ref>Szalay, L., Papp, J., and Szaóbo, Z. (2000). Evaluation of frost tolerance of peach varieties in artificial freezing tests. In: Geibel, M., Fischer, M., and Fischer, C. (eds.). Eucarpia symposium on Fruit Breeding and Genetics. ''Acta Horticulturae'' 538. [http://www.actahort.org/books/538/538_71.htm Abstract.]</ref>
 
Os típicos cultivares de pexegueiro comezan a dar froito a partir do terceiro ano, dando froita de calidade durante 12 anos aproximadamente. Moitos cultivares requiren entre 600 e 1000 horas de frío, cultivares con requerimentos de frío de 250 horas (10 días) ou menos foron desenvolvidas para permitir o cultivo do pexego en zonas máis cálidas. Durante os períodos fríos ocorren na planta reaccións químicas básicas antes de que o vexetal torne a regromar. Cando remata o período de frío, a planta entra no chamado período de quiescencia, o segundo tipo de dormencia. Durante a quiescencia, os rebentos comezan a se abrir e agoman cando teñen calor de abondo. A quiescencia é a fase de dormencia entre a satisfacción de frío e o comezo do crecemento.<ref>{{cite web|title=Peach tree physiology|publisher=University of Georgia|year=2007|url=http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/pdf/physiology.pdf}}</ref>
Certos cultivares son máis febles, e outros, porén, aturan mellor o frío. Ademais de todo isto, para a maduración do pexego cómpre ter unha intensa calor no verán, entre 20 e 30 graos mínimas no mes de máis calor. Outro problema é que moitos pexegos medran en lugares con xeadas primaverais. O pexegueiero tende a florecer cedo, polo que as floriñas poden danarse ou incluso morrer por mor das xeadas serodias; especialmente cando as temperaturas baixan dos 4 graos baixo cero a maior parte da flores han morrer. Porén se as flores non abriron completamente poden aturar aínda un par de graos menos.
 
=== Cultivares ===
Hai centos de cultivares de pexegueiro e nectarina. Clasifícanse segundo a facilidade que ten a carne de se separar da carabuña. Por exemplo nas '''pavía''', froito da '''pavieira''' (''Prunus persiva var. vulgaris''<ref>''Os cultivos agrícolas'' en ''Vocabulario do medio agrícola'', Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. ''Gran dicionario Xerais da lingua galega''. Vigo, Xerais, 2009. ''Vocabulario ortográfico da lingua galega''. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref>), a polpa está moi pegada á carabuña (o que en inglés se coñece coma ''clingstones''). Os que se separan facilmente da carabuña se denominan ''freestones''
 
O cultivo do pexego favoreceu algúns cultivares con máis firmeza, unha cor máis avermellada, e veludo máis curto; características importantes comercialmente. Pola contra estas características non implican que o froito teña máis sabor. Ademais cómpre salientar que o pexego non é un froito que teña unha longa vida post colleita, polo que forn seleccionados cultivares para poder exportar garantindo a firmeza.<ref>{{cite web|title=Varieties - Peaches|author=W.R. Okie|publisher=United States Department of Agriculture|year=2005|url=http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/preplant/varieties.pdf}}</ref> Os diferentes países teñen cultivares diferentes.
 
=== Plantación ===
[[Ficheiro:Nectarine Fruit Development.jpg|thumb|300px|Secuencia de desenvolvemento dunha nectarina, dende a formación dos rebentos a comezos do inverno até a maduración a mediados do verán.]]
A meirande parte dos pexegueiros de alcouve que venden os viveiros son cultivares enxertados nun porta-enxerto seleccionado, o que fai que mellore a calidade da froita considerabelmente.
Os pexegos frescos machúcanse facilmente se non se almacenan de xeito correcto. Son máis saborosos cando se apañan directamente maduros da árbore e se consomen no mesmo día.<ref name=peachorchard/>
 
==== Doenzas ====
O pexegueiro tende a ter a doenza fúnxica coa que as follas se tornan engurradas ([[folla engurrada]]), que non afecta directamente ao froito, mais reduce a colleita por mor da defoliación. O froito é moi susceptíbel a algúns [[Fungo (bioloxía)|fungofungos]]s, coma a [[podremia]] parda ''[[Monilinia fructicola]]'' ou ás manchas avermelladas escuras.
 
=== Almacenamento ===
Pexegos e nectarinas deben almacenarse a 0º&nbsp;°C e alta humidade.<ref name=uri2000/> Son altamente perecedoiros, e normalmente son consumidos ou enlatadas nunha ou dúas semanas após a colleita.
Os pexegos son [[Froito climatérico|froitos climatéricos]]<ref>http://jxb.oxfordjournals.org/content/58/12/3299</ref><ref>http://www.springerlink.com/content/m4301j1756468666/</ref><ref>http://www.geochembio.com/biology/organisms/peach/</ref> e continúan a madurar despois de seren collidos da árbore.<ref>[http://chge.med.harvard.edu/programs/food/nutrition.html]</ref>
 
==== Nectarinas ====
[[Ficheiro:White nectarine and cross section02 edit.jpg|thumb|upright|Nectarinas brancas, enteira e partida]]
A variedade ''P. persica'' var. ''nucipersica'' (ou var. ''nectarina''), comunmente chamada nectarina, ten unha pela lisa sen o veludo do pexego, polo que ás veces tense chamado pexego careca, peladillo, etc. Como nectarinas e pexegos vense comercialmente coma froitos diferentes, moitas veces tense crido que a nectarina é froito do cruzamento entre pexegos e ameixas, mais son en realidade a mesma especie. Moitos estudos xenéticos conclúen que as nectarinas se producen por mor dun alelo recesivo, mentres que o veludo do pexego correspondería a un alelo dominante.<ref name=osu>Oregon State University: [http://web.archive.org/web/20080714065820/http://food.oregonstate.edu/faq/uffva/nectarine2.html peaches and nectarines]</ref>
O mesmo ca os pexegos, as nectarinas poden ser brancas ou amarelas, coa carabuña pegada ou solta da polpa. Normalmente a nectarina é un chisco máis miúda e un pouco máis doce ca o pexego.<ref name=osu/> A falla de veludo fai que as nectarinas semellen máis encarnadas ca os pexegos, pero á vez, por este motivo machúcanse máis facilmente.
 
A historia da nectarina é incerta, a primeira mención dáse en Inglaterra en 1616<ref>''[[Oxford English Dictionary]]''</ref>porén de seguro foran cultivadas moito antes na zona nativa de centro e leste de Asia. Unha edición da "New York Gazette" do 28 de marzo de 1768 por exemplo, menciona unha granxa en Long Island (Nova York), onde se cultivan nectarinas.
 
==== Paraguaios e ''platerinas'' ====
Os paraguaios ''Prunus persica'' var. ''platycarpa'' e as ''platerinas'' son variedades achatadas. Os paraguaios posúen a pela aveludada, mentres que as ''platerinas'' non posúen pelo. As platerinas, desenvolvidas por ''Viveros Provedo'',<ref>[http://www.provedo.com/platerina-110/ Platerina ® 110] (Viveros Provedo)</ref> entraron no mercado en 2007.<ref>[http://elpais.com/elpais/2010/08/25/actualidad/1282727522_850215.html Ni paraguaya ni nectarina... platerina] (EL PAÍS, 29 de agosto de 2010)</ref>
 
=== Produción ===
{| class="wikitable" style="float:right; width:290px;"
|-
|colspan=3 style="font-size:90%" |''Fonte: FAO (Food & Agriculture Organization)''<ref name=fao2010a>{{cite web|url=http://faostat.fao.org/site/567/DesktopDefault.aspx?PageID=567#ancor |title=Major Food And Agricultural Commodities And Producers - Countries By Commodity |publisher=Fao.org |date= 2011|accessdate=2012-08-18}}</ref>
|}
Produtores de pexego historicamente importantes son a [[China]], [[Irán]], Francia e os países do Mediterráneo, coma [[Italia]], [[España]] e [[Grecia]]. En España son [[Cataluña]], [[Aragón]] e [[Murcia]] as rexións de produción máis importantes, ocupando un lugar destacábel [[Estremadura]] e [[Andalucía]].<ref>http://www.vidarural.es/articulos-produccion-comercializacion-y-consumo-melocoton-espana/1/1558.html</ref> Recentemente os Estados Unidos ([[California]], [[Carolina do Sur]]<ref>Fort Valley State University College of Agriculture: [http://web.archive.org/web/20080530124208/http://www.ag.fvsu.edu/publicat/commoditysheets/fvsu001.htm Peaches]</ref> e [[Georgia|Xeorxia]]<ref>Georgia Peach: [http://www.american.edu/TED/georgiapeach.htm Georgia Peach Study]</ref>), Xeorxia é tamén coñecida como o "Peach State" (estado do pexego), pola súa abondosa produción deste froito.<ref>http://www.webmd.com/food-recipes/features/peach-10-healthy-facts</ref> O Canadá (British Columbia), e Australia (Riverland) tamén son hoxe importantes.<ref>[http://www.betterfarming.com/online-news/growers-left-lurch-cangro-plant-closures-go-ahead-390 Growers left in lurch as CanGro plant closures go ahead]</ref> As zonas de [[clima oceánico]], como o oeste de Europa, non son xeralmente satisfactorias para o cultivo do pexego por mor da falla de calor no verán, polo que ás veces cultívanse á beira dun muro, coma no caso dos cítricos, para apañar a calor acumulada na parede. Deste xeito, e sempre cunha orientación ao sur, as árbores poden florecer e ter unha boa produción. Isto ocorre en zonas coma o sur de Inglaterra ou Galicia, que non son zonas productoras, xa que, por mor destas condicións, a comercialización non é rendíbel.
 
Téñense tamén desenvolvido variedade ananas que non pasan dos 2 ou 3 metros de altura. O tamaño da froita, porén, non se ve afectado.
 
== Significado cultural ==
[[Ficheiro:Momohatozu Huizong.JPG|thumb|left|Nesta pintura chinesa da dinastía Song aparece un paxaro e un pexego en flor, do emperador Huizong de Song, século XI, o paxaro semella unha pomba.]].
[[Ficheiro:ShiTao Riverbank of Peach Blossoms.jpg|thumb|''Ribeira dos Pexegos Florecidos'' por [[Shitao]], 1642-1707, [[Metropolitan Museum of Art]].]]
 
[[Ficheiro:Caravaggio - Fanciullo con canestro di frutta.jpg|thumb|''Neno cun Cesto de Froita'' de Caravaggio (1592).]]
No Vietnam tamén é unha árbore venerada. En Europa moitos artistas sonados pintaron naturezas mortas con pexegos. Caravaggio, Vicenzo Campi, Pierre Auguste Renoir, Claude Monet, Edouard Manet, Henri Jean Fantin-Latour, George Forster, James Peale, Severin Roesen, Peter Paul Rubens, Van Gogh están entre estes artistas que pintaron pexegos e pexegueiros. <ref>{{cite journal|title=Still Life With Peaches|author=Janet M. Torpy|journal=JAMA|year= 2010|volume=303|number=3|pages=203-203}}</ref><ref name=janick>[http://www.hort.purdue.edu/newcrop%20/Hort_306/reading/Reading%2040-1.pdf Caravaggio’s Fruit: A Mirror on Baroque Horticulture - Jules Janick]</ref><ref>{{cite web|title=Caravaggio - Still Life with Fruit on a Stone Ledge (Book: Papers of the Muscarelle Museum of Art, Volume 1)|author=Aaron H. de Groftyear=2006|url=http://www.johntspike.com/uploads/CaravaggioFinalText12-23.pdf}}</ref> Na [[Renacemento|Renacenza]], usouse o pexego de xeito simbólico para representar o corazón, e a folla que o acompaña coma a lingua, o que simbolizaba dicir a verdade de corazón
 
== Nutrición ==
A [[alerxia]] ou [[intolerancia]] ao pexego é común, por mor da hipersensibilidade ás proteínas que conteñen os pexegos e froitas afíns como as [[améndoa]]s.<ref>[http://www.food-allergens.de/symposium-2-4/peach/peach-allergens.htm Article on Peach allergy, M. Besler et al.]</ref> Normalmente a froita enlatada e pelada tolérase ben.
 
== Galería ==
<gallery>
Ficheiro:Peachblossoms3800ppx.JPG|Pexegueiro a florecer.
</gallery>
 
== Referencias ==
* Huxley, A., ed. (1992). ''New RHS Dictionary of Gardening''. Macmillan ISBN 0-333-47494-5.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{wikispecies|Prunus persica}}
* [http://www.uga.edu/nchfp/how/freeze/peach.html National Center for Home Food Preservation—Pexegos conxelado]
* [http://www.cas.vanderbilt.edu/bioimages/species/frame/prpe3.htm Bioimages.vanderbilt.edu – Imaxes de ''Prunus persica'']
* [http://www.clemson.edu/peach Clemson.edu: Todo sobre pexegos]
{{Wiktionary}}
 
[[Categoría:Prunus]]
[[Categoría:Froiteiras]]
 
{{Wiktionary}}
 
[[cs:Broskev]]
393.002

edicións

Menú de navegación