Shitao
Shitao | |
---|---|
![]() Shitao, Master Shi Planting Pines, c. 1674 | |
Alcume | Jüan-ťi, Kchu-kua che-šang, Čchao-ťi e Š-tchao |
Nacemento | 1642 e 1630 |
Lugar de nacemento | Guilin |
Falecemento | 1707 |
Lugar de falecemento | Yangzhou |
Nacionalidade | Dinastía Ming e Dinastía Qing |
Relixión | Budismo |
Ocupación | pintor e poeta |
Pai | Zhu Hengjia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Shitao Yuanji Shih T'ao (en chinés simplificado: 石涛; en pinyin: Shí Tāo), nado en Quanzhou, Guangxi en 1642 e finado en 1707, cuxo nome real é Ruoji Zhu, foi un pintor e calígrafo chinés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Shitao tiña sangue real, xa que a súa familia descendía do irmán maior de Zhu Yuanzhang, fundador da dinastía Ming da China. Shitao tivo que fuxir ao instaurarse a dinastía Qing cando tan só era un neno, salvou a súa vida coa axuda duns serventes da familia. Desde entón creceu no anonimato. Para sobrevivir, foi refuxiado nuns mosteiros.
Shitao seguiu os ensinos do zen pero tamén se afeccionou aos pensamentos de Lao-tse e de Zhuang Zi. Sobre todo na súa idade avanzada tivo ocasión de ser un fiel do Taoísmo.
Polo seu talento como pintor e investigador da teoría da arte, Shitao ocupa un lugar moi importante na historia artística da China. Un dos principios básicos do pensamento de Shitao é o trazo único de pincel. O estilo de Shitao revolucionou a pintura chinesa, rompendo cos estilos tradicionais e o estilo da época.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Pine Pavilion Near a Spring, 1675, colección do Museo de Shanghai.
Reminiscencias de Qin-Huai por Shih T'ao, Museo de Arte de Cleveland.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Hay, Jonathan (2001). Shitao: Painting and Modernity in Early Qing China. New York: Cambridge University Press. ISBN 9780521393423.
- Coleman, Earle (1978). Philosophy of Painting by Shih-T'Ao: A Translation and Exposition of His Hua-P'u (Treatise on the Philosophy of Painting) (Studies in Philosophy). The Hague (Noordeinde 41): de Gruyter Mouton. ISBN 978-9027977564.