José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 17: Liña 17:
{{ORDENAR:Reino Caamanno, Jose}}
{{ORDENAR:Reino Caamanno, Jose}}
[[Categoría:Xuíces de Galicia]]
[[Categoría:Xuíces de Galicia]]
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]
[[Categoría:Deputados nas Cortes da II República]]
[[Categoría:Deputados nas Cortes da II República]]
[[Categoría:Nados en Mazaricos]]
[[Categoría:Nados en Mazaricos]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2014 ás 23:14

José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882 en finado en Cores (A Baña) o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[1] e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial daDeputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal. Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933. Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo[2], chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo[3]. O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeado profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil en 1948. Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Notas

  1. Poemas de José Reino
  2. Foi o avogado defensor de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo González, procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936.
  3. La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas