José Manuel Baltar Blanco: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes mediante HotCat |
m engado a Categoría:Nados en 1967 mediante HotCat |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
[[Categoría:Nados en Ourense]] |
[[Categoría:Nados en Ourense]] |
||
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
||
[[Categoría:Nados en 1967]] |
Revisión como estaba o 27 de maio de 2013 ás 22:04
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego militante do PPdeG.
Traxectoria
Formación
Fillo de Xosé Luís Baltar. Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990. É funcionario do corpo superior da administración xeral de Galiza e xefe do servizo xurídico da Xunta de Galicia en Ourense. Posúe varios másters en dereito contencioso-administrativo, dereito ambiental ou dirección de recursos humanos e ten tamén o diploma de directivo da Xunta de Galicia.
Actividade política
É o coordinador provincial do Partido Popular de Ourense, onde foi tamén secretario executivo de acción política. Pertence ó comité de dirección do partido e o comité executivo e ás Xuntas Directivas provincial e autonómica. Foi delegado provincial en Ourense da Consellería de Agricultura e vocal de Expourense e da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, onde presidiu a Comisión de Promoción Agroalimentaria.
Na VI Lexislatura accedeu ó Parlamento de Galicia onde presidiu a Comisión de Industria, sendo Voceiro de Emprego do Grupo Popular e membro do seu comité de dirección.
Na VII Lexislatura foi elixido Vicesecretario da Mesa do Parlamento e é poñente da reforma do Estatuto de Autonomía e tamén da reforma do Regulamento do Parlamento. Tamén é Secretario da Deputación Permanente. É concelleiro en Esgos, onde foi tenente alcalde na pasada lexislatura. Tamén figura como suplente de deputado provincial. Foi o coordinador de campaña do PP de Ourense para as eleccións xerais de 2008.
O 6 de febreiro de 2012 foi elixido presidente da Deputación de Ourense, logo da dimisión de Xosé Luís Baltar[1].
Predecesor: Xosé Luís Baltar |
Presidente da deputación de Ourense 2012 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Outros datos
Foi Presidente do Club Ourense Baloncesto na Liga ACB. No persoal, está casado con María José Caldelas e ten unha filla (Elena).