Embrión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
engadín categoría
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 60 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q33196
Liña 25: Liña 25:
[[Categoría:Reprodución]]
[[Categoría:Reprodución]]


[[ar:جنين]]
[[arc:ܥܘܠܐ]]
[[be:Эмбрыён]]
[[be-x-old:Эмбрыён]]
[[bg:Ембрион]]
[[bs:Zametak]]
[[ca:Embrió]]
[[cs:Embryo]]
[[da:Embryon]]
[[de:Embryo]]
[[el:Έμβρυο]]
[[en:Embryo]]
[[eo:Embrio]]
[[es:Embrión]]
[[et:Embrüo]]
[[eu:Enbrioi]]
[[fa:رویان]]
[[fi:Alkio]]
[[fr:Embryon]]
[[ga:Suth]]
[[he:עובר#התפתחות עובר האדם]]
[[he:עובר#התפתחות עובר האדם]]
[[hi:भ्रूण]]
[[hr:Zametak]]
[[ht:Abriyon]]
[[id:Embrio]]
[[io:Embriono]]
[[it:Embrione]]
[[ja:胚]]
[[jv:Embrio]]
[[kk:Эмбрион]]
[[ko:배 (생물학)]]
[[ky:Түйүлдүк]]
[[la:Embryo]]
[[lb:Embryo]]
[[lt:Gemalas]]
[[lv:Embrijs]]
[[mr:भ्रूण]]
[[ms:Embrio]]
[[nl:Embryo]]
[[no:Embryo]]
[[oc:Embrion]]
[[pl:Zarodek]]
[[pt:Embrião]]
[[ro:Embrion]]
[[ru:Эмбрион]]
[[sh:Zametak]]
[[simple:Embryo]]
[[sk:Embryo]]
[[sl:Zarodek]]
[[sr:Ембрион]]
[[sv:Embryo]]
[[ta:முளையம்]]
[[th:เอ็มบริโอ]]
[[tl:Embryo]]
[[tr:Embriyo]]
[[uk:Ембріон]]
[[ur:جنین]]
[[vi:Phôi]]
[[zh:胚胎]]
[[zh-min-nan:Phoe-thai]]
[[zh-yue:胚胎]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 15:10

Para o embrión nas plantas, véxase Embrión (botánica).

Nos animais, embrión (do grego ἔμβρυον émbryon, "acabado de nacer", "feto") é un organismo pluricelular que se atopa nas súas primeiras etapas de desenvolvemento. Nos organismos con reprodución sexual, a fusión do espermatozoide e do óvulo no proceso chamado fecundación, determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.

Xusto despois da súa formación, o cigoto comeza un proceso de división, o cal produce un incremento do número de células, chamadas blastómeros. Logo diso iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final.

Perante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese.

Ao rematar o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu crecemento até o momento do parto.

Desenvolvemento embrionario na especie humana

Embrión humano ás 5 semanas de xestación (10 mm).

O embarazo comeza cando un espermatozoide fecunda a un óvulo e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviduto da muller (trompa de Falopio). Trinta horas despois da concepción, o cigoto sofre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partir dese momento, segue a se dividir en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, a medida que percorre a trompa de Falopio. Ao cuarto día chega á fase de mórula, unha esfera de células nunha masa embrionaria discoidal. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no útero, entre 4 e 7 días despois da fecundación.

Na segunda semana comeza a formarse a placenta, que nutre ao embrión, formado xa por tres tipos de tecido primordial: endoderma, ectoderma e mesoderma. No curso da terceira semana fórmase o tubo neural, precursor do sistema nervioso. Na cara dorsal do embrión comenzan a formarse masas de tecido muscular chamadas sómitas ou sómites, das que xurdirán os principais órganos e glándulas. Os vasos sanguíneos e os primordios da cavidade dixestiva xorden cara ao final de esta semana. Cando remata o primeiro mes, xa comezaron a desenvolverse todos os órganos importantes. Os ollos son perceptibles, os brazos e as pernas comezan a aparecer e late por primeira vez un corazón de catro cavidades.

Perante ese proceso comeza a segmentarse no útero e alcanza o estadio de blástula. Certos trocos no blastocito determinan a diferenciación e a formación de dous macizos celulares: un interno, o embrioblasto, que orixina as estruturas propias do embrión, e outro externo, o trofoblasto que forma a placenta e os demais anexos embrionarios. O endometrio nútrese e pode recibir o blastocito e, unha vez alí, este entra en contacto cos vasos sanguíneos maternos. Do mesmo xeito, fórmase o cordón umbilical, que une o embrión á placenta.

Véxase tamén

Ligazóns externas