Saltar ao contido

Cigoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cigoto humano
Cigoto humano no 1º día de desenvolvemento cos pronúcleos masculino e feminino visibles e os corpos polares.

O cigoto[1] ou zigoto[2] é a célula diploide resultante da unión dos núcleos haploides (cariogamia) de dúas células mutuamente compatibles. É o produto inicial da reprodución sexual.

Cigoto animal

[editar | editar a fonte]

Nos animais, o cigoto chámase ovo e resulta da unión de dous gametos: óvulo e espermatozoide. É unha célula totipotente, ou sexa, é capaz de gardar as características xenéticas dos proxenitores, podendo xerar todas as liñaxes celulares do organismo adulto.

A través de varias divisións mitóticas dá orixe a un novo individuo (embrión). A cantidade e a distribución do vitelo varían de acordo co organismo considerado e dependen, inclusive, do tipo de desenvolvemento do embrión.

Cigoto vexetal

[editar | editar a fonte]

Nas plantas verdes, o cigoto vai dar orixe ao esporófito, a fase diploide que produce esporas; a xerminación desas esporas dá orixe ao gametófito, capaz de producir os gametos haploides. Nas espermatófitas, o cigoto primeiro transfórmase nun embrión que se atopa dentro da semente, pteridófitas, o cigoto desenvólvese directamente na planta adulta[3].

Nos fungos, o cigoto é a célula resultante da fusión dos núcleos de dúas hifas sexualmente compatibles e dá orixe a unha cigóspora, que produce unha nova hifa cuxos núcleos irán xerar esporas capaces de se desenvolver en novos individuos haploides[4].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cigoto.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zigoto.
  3. Biologia - Aula 02 - Os vexetais en scribd.com (en portugués) A 31 de maio de 2009
  4. Reprodución dos fungos en PortalSãoFrancisco.com.br (en portugués)[Ligazón morta] A 31 de maio de 2009