Blastómero

Os blastómeros son un tipo de células embrionarias animais indiferenciadas resultantes da segmentación do cigoto despois da fecundación. Estas células posúen totipotencia, é dicir, que poden dar orixe a células de calquera tecido.
No ser humano, os blastómeros orixínanse despois da fecundación e divídense por mitose. Dous días despois da fecundación hai 4 blastómeros, e uns 8 ao terceiro día.
Mórula[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Mórula.
Os blastómeros divídense rápida e repetidamente durante os primeiros días da xestación aínda que o tamaño do embrión permanece constante (aumenta o número de células mais non o seu tamaño). Pasados catro días, o ovo fecundado ten máis de 32 blastómeros, recibindo a partir dese momento o nome de mórula.[1] Posteriormente prodúcese a blastulación, que representa o inicio da diferenciación celular de tal maneira que un grupo de blastómeros se sitúan formando unha envoltura externa denominada trofoblasto, que posteriormente dará orixe á placenta, mentres que outros se agrupan constituíndo a masa celular interna ou embrioblasto que dará orixe ao embrión.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Instituto Químico Biológico. "Desarrollo embrionario precoz. Implantación y placentación". Ginecología y Obstericia (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2007.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Blastómero ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Blastomere." Stedman's Medical Dictionary, 27th ed. (2000). ISBN 0-683-40007-X
- Moore, Keith L. e T.V.N. Persaud. The Developing Human: Clinically Oriented Embryology, 7th ed. (2003). ISBN 0-7216-9412-8
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Blastocitos - Microscopía electrónica (en inglés) Advanced Fertility Center of Chicago.
- Diagrama universitario: weber.edu (en inglés) The Germinal Period of Development.
- Foto de National Geographic Blástula sobre o ollo dunha agulla (en inglés).
- Fotos microscopio de luz Estadios do desenvolvemento ata o blastocito (en inglés).
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |