Salome (Strauss): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ro:Salomeea
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: lv:Salome (opera)
Liña 130: Liña 130:
[[ja:サロメ (オペラ)]]
[[ja:サロメ (オペラ)]]
[[ko:살로메 (오페라)]]
[[ko:살로메 (오페라)]]
[[lv:Salome (opera)]]
[[nl:Salomé (opera)]]
[[nl:Salomé (opera)]]
[[pl:Salome (opera)]]
[[pl:Salome (opera)]]

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2013 ás 01:10


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Salome
Salomé
Salomé, óleo de Franz von Stuck (1863-1928). Städtische Galerie im Lenbachhaus de München.
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Strauss
Fontes literariasa obra teatral Salomé de O. Wilde
Estrea9 de decembro de 1905
Teatro da estreaSemperoper
Lugar da estreaDresden
Duración90 minutos
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes

Salomé (soprano dramática ou lírico-spinto)
Jokanaán (barítono baixo)
Herodes Antipas (tenor lírico ou lixeiro)
Herodías (mezzosoprano)
Narraboth (tenor lírico-spinto)
Paxe de Herodías (contralto)
Cinco xudeos (catro tenores e un baixo)
Un capadocio (baixo)
Dous nazarenos (tenor e baixo)
Dous soldados (baixos)[1]

Salome é unha ópera nun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. Foi estreada o 9 de decembro de 1905 no Königliches Opernhaus de Dresden, logo de ser prohibida en Viena, con Ernst von Schuch como director e Marie Wittich no papel de Salomé. Está baseada na tradución alemana de Hedwig Lachmann da obra en francés Salomé de Oscar Wilde. Strauss adicoulle a ópera ao seu amigo Sir Edgar Speyer.[2]

A ópera é famosa (en tempos da súa estrea, foi considerada infame) pola súa "Danza dos Sete Velos", considerada na escandalosa na época. Actualmente é máis coñecida pola sorprendente escena final (de cotío peza de concerto para sopranos dramáticas), onde Salomé declara o seu amor á cabeza cortada de Xoán o Bautista.

Salomé é a primeira ópera que abre novos camiños ao xénero tralo impacto wagneriano e sintonizou coas novas correntes que o mundo de Berlín incorporara ao teatro, no que coexisten simbolismo e decadentismo cun expresionismo incipiente. Acollida con entusiasme —a pesar do escándalo que logo suscitaría en Berlín, Londres ou Nova York—, converteuse nunha das óperas do século XX máis admiradas e representadas.[3]

Personaxes

Personaxes Tesitura Reparto na estrea, 9 de decembro de 1905
Director: Ernst von Schuch
Herodes, Tetrarca de Xudea e Perea tenor Karel Burian
Herodías, súa dona (e cuñada) mezzosoprano Irene von Chavanne
Salomé, súa fillastra (e sobriña) soprano Marie Wittich
Jochanaan (Xoán o Bautista) barítono Karl Perron
Narraboth, Capitán da garda tenor Rudolf Ferdinand Jäger
O paxe de Herodías contralto Riza Eibenschütz
Primeiro xudeo tenor Hans Rüdiger
Segundo xudeo tenor Hans Saville
Terceiro xudeo tenor Grosch
Cuarto xudeo tenor Anton Erl
Quinto xudeo baixo Léon Rains
Primeiro nazareno baixo Theodor Kruis
Segundo nazareno tenor Friedrich Plaschke
Primeiro soldado baixo Franz Nebuschka
Segundo soldado baixo Erwin
Un capadocio baixo Ernst Wachter
Un escravo soprano/tenor Maria Keldorfer
Invitados reais (exipcios e romanos), e o seu séquito, sirvientes, soldados (todos mudos)

Notas

  1. El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). ISBN 84-206-0284-1.  Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |ubicación= ignorado (suxírese |lugar=) (Axuda); Parámetro descoñecido |páginas= ignorado (suxírese |páxinas=) (Axuda); Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  2. Salome de Boosey & Hawkes
  3. [1]