Teodorico II, rei franco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.5) (Bot: Engado: ka:თოიდერიხ II
Liña 25: Liña 25:
[[hu:II. Theuderich frank király]]
[[hu:II. Theuderich frank király]]
[[it:Teodorico II (Merovingi)]]
[[it:Teodorico II (Merovingi)]]
[[ka:თოიდერიხ II]]
[[la:Theudericus II (rex Burgundiae)]]
[[la:Theudericus II (rex Burgundiae)]]
[[lb:Thierry II. vu Burgund]]
[[lb:Thierry II. vu Burgund]]

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2013 ás 16:39


Teodorico II (Thierry II en francés, tamén Teoderico) (587-613). Rei de Austrasia e Borgoña. O seu pai Khildeberto II cando morreu dividiu o reino entre os seus dous fillos. Teodorico herdou o reino de Borgoña cando só tiña oito anos de idade. A súa avoa Brunequilda, exercía a rexencia desde a corte do seu irmán Teodeberto II en Austrasia. Pero cando Teodeberto casa, a súa nai non está de acordo, polo que foi expulsada da corte de Austrasia para dirixirse a Borgoña.

Teodorico casa con Ermenberta, filla do rei visigodo Recaredo. Brunequilda volve protestar por esta voda e consegue que se divorcie.

Os fillos de Khilderico loitan xuntos contra Clotario II que intentara invadir Austrasia e Borgoña. No ano 612, Brunequilda incita a Teodorico a atacar a Teodeberto e vénceo na batalla de Toul. Teodeberto foi encarcerado e morto co seu fillo. Así, Teodorico convértese en rei de Austrasia e Borgoña.

O ano seguinte Teodorico morre e Brunequilda intenta desesperadamente manter o poder instalando no trono a Sixeberto, fillo de Teodorico, pero os nobres de Austrasia, que a expulsaron uns anos antes, entregárona a Clotario II, que, segundo a lenda, atou á anciá á cola dun cabalo salvaxe e deixouna que morrese arrastrada. Tamén mandou asasinar aos fillos de Teodorico e no 614 foi recoñecido rei de todos os francos.