Grelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
varios arranxiños e actualización das referencias
Liña 6: Liña 6:
}}
}}


O '''grelo''' é un sinónimo de [[xermolo]] que se aplica en moitas partes de [[Galicia]] exclusivamente ao gromo do [[nabo]].
O '''grelo''' é un sinónimo de [[gomo|xermolo]] que se aplica en moitas partes de [[Galicia]] exclusivamente ao [[gomo|gromo]] do [[nabo]].


A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.
A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.
Liña 18: Liña 18:
Hai que denotar a diferenza do grelo e as [[nabiza]]s: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.
Hai que denotar a diferenza do grelo e as [[nabiza]]s: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.


No mes de xaneiro de [[2008]], a [[Real Academia Galega]] aceptou o termo '''''greleiro''''' como ''Persoa ou entidade que se adica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles'', despois de que o grupo [[Gadisa]] o propuxese.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/01/28/00031201512814097686518.htm?idioma=galego A RAG acepta o termo «greleiro»]</ref>
No mes de xaneiro de [[2008]], a [[Real Academia Galega]] aceptou o termo '''''greleiro''''' como ''Persoa ou entidade que se adica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles'', despois de que o grupo [[Gadisa]] o propuxese.<ref>[http://www.elcorreogallego.es/?idMenu=578&idEdicion=895&idNoticia=257856 A RAG acepta o termo "greleiro"] ''El Correo Gallego'', 28/01/2008 {{es}} Consultada 0 28/1/2012.</ref>
== Propiedades ==
== Propiedades ==
Liña 33: Liña 33:


===Produción en Galicia===
===Produción en Galicia===
Segundo os datos da [[Consellería de Medio Rural]], cada ano, apáñanse en [[Galicia]] arredor de 100.000 toneladas de grelos.<ref name= Grelo>[http://www.galiciae.com/nova/24656.html Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español]</ref> Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas adicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do [[gando]].<ref name= Grelo></ref>
Segundo os datos da [[Consellería de Medio Rural]], cada ano, apáñanse en [[Galicia]] arredor de 100.000 toneladas de grelos.<ref name= Grelo>[http://www.galiciae.com/nova/24656.html Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español] galiciaè {{gl}} Consultada o 28/1/2012.</ref> Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas adicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do [[gando]].<ref name= Grelo></ref>


No ano [[2004]], segundo as [[Contas Económicas da Agricultura]], o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións [[hortaliza|hortícolas]] de toda a comunidade.<ref name= Grelo></ref> Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.<ref name= Grelo></ref>
No ano [[2004]], segundo as [[Contas Económicas da Agricultura]], o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións [[hortaliza|hortícolas]] de toda a comunidade.<ref name= Grelo></ref> Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.<ref name= Grelo></ref>
Liña 41: Liña 41:


==Notas==
==Notas==
{{Listaref}}
{{Listaref|2}}

==Véxase tamén==
=== Ouros artigos===
* [[Nabiza]]
* [[Nabo]]


[[Categoría:Hortalizas]]
[[Categoría:Hortalizas]]

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2012 ás 17:15

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo.

A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.

Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.

Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se adica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.[1]

Propiedades

Ademais de posuír un alto contido en vitaminas, os grelos axudan a previr o cancro.[2] Esta propiedade foi descuberta pola Misión Biolóxica de Galicia, centro dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O causante desta son os glucosinolatos os mesmos causantes do sabor acedo característico da verdura.[2]

Entre as vitaminas destaca o seu alto contido en Calcio, facendo do grelo unha alternativa ao leite para os alérxicos á lactosa e recomendables para persoas que padezan de osteoporose.[2]

Cando se somete ao grelo ás altas temperaturas da cocción, parte dos nutrientes pérdense de xeito irremediable mentres que outra parte fican no alimento e na auga onde se cocen, polo que é recomendable comelos co seu caldo para aproveitar así os glucosinolatos preventores do cancro. Outros xeitos de conservar as súas propiedades son a súa cocción ao vapor ou pasalos na prancha.[2]

Grelos de Galicia

Artigo principal: Grelos de Galicia.
Grelos no mercado da Pobra do Caramiñal

O 8 de xaneiro de 2010 aprobouse o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia [3]. Recolle dúas variedades ou ecotipos, de Santiago e de Lugo.

Produción en Galicia

Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, cada ano, apáñanse en Galicia arredor de 100.000 toneladas de grelos.[2] Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas adicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do gando.[2]

No ano 2004, segundo as Contas Económicas da Agricultura, o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións hortícolas de toda a comunidade.[2] Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.[2]

Os grelos na cultura popular

  • Non chas quero, non chas quero,/ nabizas do teu nabal;/ non chas quero, non chas quero,/ que me poden facer mal.

Notas

  1. A RAG acepta o termo "greleiro" El Correo Gallego, 28/01/2008 (en castelán) Consultada 0 28/1/2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español galiciaè (en galego) Consultada o 28/1/2012.
  3. DOG nº 4, de 8.01.2010. O rexistro europeo xa fora establecido por Regulamento 1029/2009, de 29 de outubro (DOUE 283, de 30.10.2009).

Véxase tamén

Ouros artigos