Nabiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A nabiza, tamén chamada rabiza, é a folla tenra do nabo (Brassica rapa L.) planta da familia das crucíferas ou brasicáceas.

As nabizas son as primeiras follas do nabo, antes de que esta planta entre en floración, xa que daquela denomínanse grelos, que teñen características organolépticas diferentes.

En Galicia é a verdura típica do outono para facer o caldo galego, e tamén se utiliza como ingrediente dos primeiros cocidos, e mesmo do Lacón con grelos.

A dicir de Eladio Rodríguez, as nabizas son as

hojas tiernas del nabo, cuando éste empieza a crecer. Son comunes y muy estimadas en Galicia, donde tienen mucha aceptación para el caldo y las ensaladas.

E segundo Emilia Pardo Bazán, falando do caldo galego, di

(...) Y la inmensa mayoría de los que han nacido en Galicia, y muchos que en ella no nacieron, encuentran muy gustoso el plato. Hoy se venden en Madrid, y muy solicitados, grelos y nabizas (...).
Condesa de Pardo Bazán. La cocina española antigua.

As nabizas na cultura popular[editar | editar a fonte]

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • As nabizas piden unto; e os grelos, lacón ao punto.
  • As nabizas queren unto, aceite e allos, todo xunto.
  • Nabo, nabiza e grelo, a trindade do galego.

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

1.

Eu de onde estou ben vexo
as rabizas en Teaio,
tamén vexo os meus amores
na arrechán de Araño.[1]

2.

Non chas quero, non chas quero,
nabizas do teu nabal;
non chas quero, non chas quero,
que me poden facer mal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teaio é un lugar da parroquia de San Xoán de Laíño (Dodro), estremeira da do Santa Baia do Araño (Rianxo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]